A folga na Xustiza aumentou un 14% os asuntos en trámite e baixou un 41% os resoltos
A taxa de litixiosidade en Galicia situouse no primeiro trimestre do ano nos 22,1 asuntos por 1.000 habitantes, a máis baixa do Estado por mor do paro que durou 114 días.
O profesorado que fala galego "impulsa" que o estudantado tamén o use ata nun 75%
O informe sobre o galego na Universidade de Vigo advirte de que o fomento do idioma polos ensinantes multiplica o uso no alumnado. A mellora nas competencias non se traducen no uso cotiá dunha lingua que sofre aínda prexuízos: o 22% dos docentes cren que non é axeitada para a investigación.
Francisco García: "A clave do éxito do 'modelo Allariz' é poñer en valor os recursos propios"
ENTREVISTA | Francisco García (BNG) abandona a alcaldía tras case trinta anos na vida municipal, 18 deles como rexedor cun concello eloxiado polos seus múltiples avances nas últimas décadas. "O mellor de todos estes anos é comprobar que a política paga a pena", di.
A UE ultima unha reforma electoral que ameaza a presenza de forzas non estatais na Eurocámara
O Consello Europeo propón elevar o limiar de voto preciso para obter escano do 2% ao 5% por circunscrición, o que faría case imposible que obtivesen representación partidos soberanistas como o BNG, que xa traballan para evitar que o Parlamento Europeo dea o visto e prace á mudanza.
A folga na Xustiza provocou a maior caída de desafiuzamentos en Galicia dende que hai rexistros
O número de lanzamentos practicados no país no primeiro trimestre deste ano descende en máis dun 55% ao situarse en 303, moi lonxe dos 684 do mesmo período de 2017. O TSXG advirte de que esta baixada "débese, polo menos en parte, á folga de funcionarios".
Os Franco piden 13 anos de cadea ás persoas que ocuparon Meirás nunha protesta simbólica
A Fundación Francisco Franco, que xestiona as visitas ao inmoble, Carmen Franco e Cristóbal Martínez-Bordiu reclaman elevadas penas de prisión para as 19 persoas que participaron na protesta o pasado mes de agosto. "Foi unha acción pacífica e simbólica, sen ningún tipo de incidente", din.
A lei Montoro deixa de ser "escusa" para non impulsar a normalización do galego nos concellos
Un informe da Xunta aclara que a función normalizadora non é exclusiva da autonomía e impide, como fixeron algúns gobernos locais, escudarse nesa exclusividade para non destinar fondos á lingua. A CTNL espera que o ditame supoña un "impulso" á promoción do galego.
O 'non' á planta de reciclaxe en Teo e a crítica á Xunta por facilitala une todos os partidos, tamén o PP
Todos os grupos do pleno rexeitan a instalación do proxecto na Casalonga e critican a "progresiva liberalizacion e desregularización das actividades e usos do solo rústico" impulsada polo Goberno galego. Brión e Ames fan facer fronte común contra o proxecto xunto ao municipio teense
A Xunta certifica que todos os ríos na contorna da mina de Touro están xa contaminados
Augas de Galicia achega datos a Adega nos que asume que todos os cursos de auga que arrodean a antiga explotación mineira teñen contaminación por metais pesados e alta acidez. A certificación destas afectacións supón un atranco máis para o polémico megaproxecto previsto na mesma zona. A empresa promotora nega que a contaminación fique ratificada
Galicia crea case 9.000 empregos en maio entre subas da temporalidade e dos contratos
O paro rexistrado descendeu en 5.595 persoas, ao tempo que medrou tamén o número de afiliados á Seguridade Social en 8.675 nun mes no que se asinaron máis de 96.000 contratos, once por cada novo traballo.
A folga na Xustiza chega á súa fin tras 114 días de conflito
Os tres sindicatos que aínda quedaban no comité de folga desconvocan o paro tras a publicación no DOG do acordo entre Xunta e outras tres centrais e logo de case catro meses. CUT, STAJ e CIG meditan "impugnar" o pacto coa Xunta pero do xeito "menos lesivo para os traballadores".
Tres anos de reválidas da Lomce, tres anos de boicot masivo en Galicia
Sindicatos e anpas sitúan entre o 80% e o 96% a insubmisión ás probas desta semana, nas que a Xunta recoñece un absentismo do 40%, como nas últimas avaliacións. O país lidera a protesta contra estas avaliacións no Estado desde que foran impulsadas pola polémica Lei Wert.