Un informe encargado pola Xunta alertou de "risco extremo" de desprendemento na zona das Catedrais onde morreu a turista
O documento marca entre as de maior perigo a área onde faleceu a moza e advirte de que a elevada afluencia de visitantes "incrementa a probabilidade" de accidentes, máis factibles "despois de fortes chuvias". Un dos autores recomendou o uso de casco no interior das covas.
A Fiscalía desbota a teoría das tramas e do terrorismo incendiario que alentou a Xunta
"As dilixencias de investigación conclúen que non se pode acreditar unha planificación criminal organizada", advirte o informe presentado polo fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, que insiste en que as conclusións sobre as causas do lume son semellantes ás de hai unha década.
Galícia de Bahia: o equipo dos galegos no Brasil cumpre 85 anos
O club brasileiro, fundado por emigrantes galegos en Salvador, celebra a efeméride procurando difundir a súa historia no país que lle dá nome. "Muitos galegos não sabem que aqui têm a sua equipa", di o seu presidente, Manolo Muíños, que vén de buscar apoios na terra de seus pais.
A resistencia do persoal da Xustiza en folga descoloca a Xunta tras 50 días de mobilización
O paro que comezou o pasado 7 de febreiro provocou xa a suspensión duns 20.000 xuízos e 50.000 trámites nun conflito sen precedentes no sector público en Galicia. O Goberno di non moverse da súa sétima oferta de incremento salarial, afastada uns 60 euros da reclamación do funcionariado.
"O paciente está desamparado ante os problemas na sanidade pública; obrígano a ir aos tribunais"
ENTREVISTA | Falamos con Fernando Abraldes, presidente da Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS, logo de que a Fiscalía denunciase a Xunta polo falecemento dunha muller nos corredores de Urxencias do Hospital Clínico.
A folga na Xustiza continúa tras fracasar unha nova negociación
O paro indefinido segue camiño dos 50 días logo de que os representantes do Goberno levantasen da mesa ao non aceptar a rebaixa de dez euros mensuais que os sindicatos propuxeron na súa demanda de incremento retributivo, de 190 a 180 euros mensuais.
A Fiscalía denuncia a Xunta pola morte dunha muller nos corredores de Urxencias do CHUS
O sindicato CESM-Omega anuncia que o Ministerio Fiscal presentou unha demanda contra a Administración ao ver "indicios de delito" no falecemento dunha doente que agardaba a ser atendida no hospital en Santiago
Os novos incendios que afronta Galicia: capaces de saltar encoros e avanzar 6 km nunha hora
DOCUMENTO | O informe de expertos en Portugal advirte da tipoloxía de lume que asola o norte luso e o país pola mudanza no clima: incontrolable e capaz de crear focos secundarios a dous quilómetros de distancia, propagarse a 6 km/h ou provocar faíscas que son xa a principal causa de ignición
A Xunta asume que o cambio climático obriga a mudar a estratexia contra o lume, como advertiu Portugal
O director xeral de Política Forestal, Fernández-Couto, admite que as condicións climáticas extremas da vaga de outubro esixen "unha reflexión" sobre a loita contra os incendios en Galicia e a estratexia a seguir nunha "nova situación", tal e como alertara xa a comisión de expertos lusa
O persoal de Xustiza autoriza ao comité de folga a negociar unha suba inferior aos 190 euros mensuais
O funcionariado, en paro indefinido desde o pasado 7 de febreiro, decide en votación permitir aos seus representantes rebaixar as súas pretensións económicas nas futuras conversas coa Xunta.
Os incendios de outubro en Portugal xeraron unha nube que evitou unha catástrofe maior en Galicia
Os importantes focos do centro do país veciño crearon un enorme nimbo que serviu de "paraugas" e evitou espallar máis focos e máis intensos en territorio galego nas horas críticas, nas que a columna de fume mesmo fixo rolar os ventos, segundo o informe da comisión independente portuguesa
O persoal de Xustiza vota este mércores se rebaixa ou non a súa reclamación salarial
Os traballadores deciden en varias asembleas someter a votación se os sindicatos manteñen ou non a petición dun incremento de 190 euros ao mes tras unha xornada de protesta que incluíu peches en sedes xudiciais. A Xunta pide ao funcionariado en folga "sentido común" e que "reflexione".