O xornalista galego Aníbal Malvar, denunciado por inxurias á xuíza que condenou a fotomontaxe de Cristo
A Fiscalía demanda o escritor por un artigo no que critica a maxistrada que impuxo unha multa de 480 euros a un rapaz por superpoñer a súa cara sobre a imaxe do Cristo da Confraría da Amargura
Un mes de folga na Xustiza: 14.000 xuízos suspendidos e 1,5 millóns de euros perdidos polo persoal
Xunta e sindicatos volven á mesa de negociación logo de catro semanas de paro, con milleiros de procedementos suspendidos e unha importante rebaixa salarial para os traballadores que secundan a protesta.
As artimañas dos Franco para quedar co Pazo de Meirás
O informe histórico xurídico encargado pola Deputación da Coruña relata como o ditador, apoiado polas elites franquistas, simulou un acordo cos herdeiros de Pardo Bazán cando estes xa non eran propiearios del tras vender o inmoble á Junta Pro-Pazo dous anos antes.
"A loita polas pensións debe ser unitaria; é importante dabondo e o obxectivo é común"
ENTREVISTA | Manuela Fraguela é voceira da Plataforma de Pensionistas de Compostela, un dos colectivos que impulsa mobilizacións de xubilados e xubiladas en Galicia, onde ata catro convocatorias de diferentes agrupacións e sindicatos tiveron lugar nas últimas tres semanas.
"As precursoras no deporte, as de clase baixa, eran superviventes, mulleres máis empoderadas"
ENTREVISTA | Falamos con Cristina López Villar, que presenta Pioneiras do deporte en Galicia, obra que rescata do esquecemento as mulleres que abriron camiño en diferentes modalidades deportivas no país e nun ámbito tan restritivo e machista.
O paro baixa en febreiro en case 1.700 persoas e o emprego crece en máis de 5.000
Tan só o 10% dos case 70.000 contratos asinados no pasado mes foron indefinidos e prodúcense case 14 contratacións por cada traballo creado
O informe sobre Meirás "cambia o escenario": a Deputación instará a Patrimonio Nacional a recuperar o Pazo
A entidade provincial confía no "consenso" de partidos e institucións galegas para pedir a este organismo estatal que reclame a recuperación do inmoble para o ben público en base ao documento que certifica a nulidade da transmisión aos Franco
A carta na que Rueda se ofrece a negociar co persoal da Xustiza "se suspende a folga"
DOCUMENTO | O vicepresidente da Xunta enviou a súa oferta por carta aos sindicatos horas despois de anunciala ante os medios, na que esixiu que "se suspendan os paros mentres se produce a negociación". Os representantes dos traballadores din que "non existe motivo ningún que xustifique" suspender a protesta
Galicia acelera na batalla legal por recuperar a riqueza espoliada polos Franco
A comisión de expertos da Xunta e a da Deputación avalan a nulidade da transmisión de Meirás á familia do ditador e apostan pola vía xudicial que xa tomou o Concello de Santiago para recuperar as figuras do Mestre Mateo, mentres A Coruña medita como devolver a Casa Cornide ao público
Un informe xurídico avala a nulidade da transmisión do Pazo de Meirás aos Franco
A compravenda fíxose a través dun contrato simulado en 1941 cando o ditador xa levaba anos utilizando o inmoble e para evitar que pasase a ser ben público, segundo destaca o documento de expertos encargado pola Deputación da Coruña e que sería base dunha acción xudicial "necesaria"
A folga na Xustiza segue enquistada entre reproches mutuos: "Demos pasos atrás"
Alfonso Rueda insiste en que non aceptará "vetos" dos sindicatos, que piden de novo a marcha do director xeral de Función Pública das conversas e a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. Os "escasos avances" na negociación quedaron en nada tras racharse o diálogo.
Centos de artistas e colectivos defenden o pregón do Entroido santiagués contra "un novo ataque cavernario"
Actores e actrices, políticos e diversas asociacións lanzan un manifesto "a prol da liberdade e artística amparada pola liberdade de expresión que defende a lexislación vixente". O arcebispo de València, Antonio Cañizares, di que a actuación "tamén é corrupción, a peor de todas".