A carta de dimisión do xefe de Oftalmoloxía de Pontevedra retrata o desbordamento da lista de espera
Pedro Corsino Fernández abandona o seu cargo polo caos no servizo, o progresivo aumento na espera e a ausencia de solucións no Sergas malia as súas demandas. Vese "incapaz" dun proxecto "de imposible realización" e di non estar "disposto" a ter que "derivar os pacientes á privada"
A folga na Xustiza continúa tras a falta de acordo entre Xunta e persoal: "A oferta é ridícula"
Os traballadores ven o conflito "estancado" e a Administración asume posturas "moi distanciadas" ao cumprirse o cuarto día de paro indefinido. O Goberno ofrece unha suba de 15 euros máis ao mes con respecto á anterior proposta e non dá solución á discriminación nas baixas laborais
O informe da Fiscalía volverá desbotar a teoría das tramas incendiarias que defende a Xunta
O Ministerio Público está á espera duns datos da Xunta para publicar "canto antes" unha investigación que non atopa "evidencia ningunha" da suposta organización delitiva que sinalan Feijóo e Rajoy, tal e como xa advertiran expertos ou atestados policiais
Retratos da precariedade na sanidade pública: "Isto é vocacional, ten que gustarche moito para aturalo"
Testemuños de varios profesionais sanitarios relatan as penurias laborais no Sergas, con contratos temporais -por días e mesmo de horas- e falta de estabilidade: "O que se conta é tal cal ou mesmo peor"
A folga volve paralizar a Xustiza en Galicia e Feijóo centra o debate na suba salarial
Os sindicatos cifran o seguimento do paro no 90%, o que provocou que se suspendesen de novo centos de xuízos e milleiros de trámites. O presidente da Xunta rétaos a amosar datos que contradigan que o incremento ofrecido pola Administración non os situaría por riba da media nas autonomías
O masivo seguimento da folga na Xustiza obriga a suspender 700 xuízos
O 90% do funcionariado xudicial secunda o paro indefinido que continúa este xoves, segundo os sindicatos e a Xunta asume un 40% sen contar servizos mínimos e ausencias xustificadas. Feijóo ofrécese a "seguir falando" pero aclara que a suba salarial en 2018 "sería ilegal"
A folga do persoal da Xustiza paralizará os xulgados galegos dende este mércores
Uns 2.500 funcionarios están chamados á protesta que anulará centos de xuízos e procedementos, mesmo casamentos, en todo o país. O TSXG denega a suspensión reclamada polos sindicatos dos servizos mínimos, que a Xunta modificou para aumentar os efectivos mínimos durante o paro.
O xuíz pide xulgar a Sousa e a antiga cúpula de Pescanova por falsear as contas
O maxistrado da Audiencia Nacional ve indicios para sentar no banco dos acusados o ex-presidente da multinacional e outros 18 directivos por maquillar a situación financeira. Tamén abre peza separada para investigar familiares seus por ocultar supostamente 4 millóns de euros en Andorra.
Milleiros ateigan Compostela contra os recortes e pola paralización da reforma sanitaria
"Despois desta manifestación, o que ten un problema é o señor Feijóo", advirte a plataforma convocante, SOS Sanidade Pública, tras o éxito dunha marcha que clamou contra o "desmantelamento" das áreas sanitarias, o "colapso" e a "privatización" no Sergas e amosou a unidade da oposición.
Cariño: 30 anos da primeira segregación municipal en Galicia
O Concello cariñés conmemora o trixésimo aniversario da súa independencia de Ortigueira. "Nin segregar nin fusionar son, de por si, algo malo; hai que estudar cada caso", advirte José Luis Armada, primeiro alcalde da localidade e impulsor do proceso que rematou coa autonomía municipal
O conflito enquístase na Xustiza: o persoal recorre os servizos mínimos e opta por folga indefinida total
Unha esmagadora maioría dos funcionarios vota por un paro indefinido e total, durante toda a xornada, a partir do mércores. O comité de folga rexeita os servizos mínimos marcados pola Xunta e critica a actitude "prepotente, provocadora e irresponsable" de Alfonso Rueda
Galicia comeza 2018 con 9.000 contratos máis e 12.000 empregos menos
O paro sobe en case 5.000 persoas no mes de xaneiro pero baixa en máis de 22.000 con respecto a hai un ano. O número de afiliacións tamén aumenta en case 23.000 nos últimos doce meses pero cae na metade no comezo de 2018 malia que segue a aumentar a contratación.