O fracaso da negociación da Xunta co persoal da Xustiza abócao á folga indefinida
A nova xuntanza entre o comité de folga e a Administración remata sen avances. Os traballadores acusan o Goberno de presentar unha proposta "empeorada" con respecto á última oferta. Pecháronse na sede da Dirección Xeral ata ser desaloxados pola policía a media tarde.
O Estado certifica a suba no recibo da luz en Galicia para compensar as eléctricas polo pago de impostos
O Ministerio de Enerxía anuncia que se repercutirán nos recibos dos consumidores galegos os tributos autonómicos que as compañías pagaron en 2013: o canon eólico, o de saneamento, a ecotaxa e o que afecta os encoros, que supuxeron un mínimo de 40 millóns de euros.
O primeiro experto na comisión de incendios desdeña a teoría das tramas: "Non resiste a análise"
Juan Picos, director da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra, inaugura as comparecencias e desbota "que haxa ninguén que se poña de acordo, aquí en en Portugal, para xerar un problema de tal magnitude" como a vaga de lume do pasado outubro
"Se o público non funciona, a Xunta pode xustificar a privatización; esa é a súa política, tamén na Xustiza"
ENTREVISTA | Pablo Valeiras, portavoz da plataforma de unidade sindical que lidera as protestas do persoal da Administración de Xustiza, é pesimista respecto dos avances este mércores na negociación coa Xunta nun conflito que vai camiño da folga indefinida desde o 7 de febreiro
O persoal de Citroën en Vigo rexeita beneficiarse dos recortes de PSA en Aragón e chama á "solidariedade" obreira
O grupo ameazou con levar a produción do Corsa a outra planta e puxo como exemplo de produtividade a de Balaídos, algo que a maioría dos sindicatos ven como unha "chantaxe" que reproduce a súa negociación en 2014. Néganse a entrar na poxa por "inviable" e por apoio aos compañeiros
A maioría da veciñanza de Ourense e da Coruña naceu fóra do municipio
Son as únicas cidades galegas onde máis da metade da poboación chegou doutras localidades, principalmente doutros municipios galegos. Ferrol e Vigo son as que teñen maior porcentaxe de residentes nados na propia urbe.
O alcalde de Valga ameaza a Villares cunha querela tras acusalo de corrupción no Concello
Bello Maneiro nega as acusacións de En Marea, que di que a administración local contratou "de maneira irregular" o secretario e o interventor municipal para "agochar" polémicas actuacións nunha administración sinalada xa por ser investigada por presuntas dietas irregulares
Novas acusacións de corrupción aumentan o foco sobre o Concello de Valga, investigado por dietas irregulares
En Marea advirte da existencia dunha trama de corrupción no municipio investigado pola xustiza por presuntos pagos á marxe da lei a edís do goberno local durante décadas. A formación acusa o alcalde, o secretario e o interventor e denunciará o caso na Fiscalía e no Consello de Contas
"O cadro de Castelao volverá á Arxentina; a Galicia universal é moito máis que a territorial"
ENTREVISTA | José María Vila é presidente do Centro Galicia, entidade da emigración que custodia A derradeira leición do mestre, histórico óleo que estará medio ano en Galicia para unha exposición no Gaiás. "Onde haxa arte e cultura galega, haberá unha Galicia vivente", lembra
A ruptura da negociación para a venda do Centro Gallego de Bos Aires pon en risco o seu patrimonio cultural
Ribera Salud rexeita as condicións dos emigrantes para vender o emblemático edificio e a súa xestión sanitaria e advirte ao interventor da súa marcha atrás "para non demorar as decisións que teña que tomar". A sombra da liquidación sobrevoa a histórica entidade e ameaza o seu legado
'A derradeira leición do mestre' estará medio ano en Galicia se Arxentina autoriza a súa saída
O Centro Galicia de Bos Aires, sede da emblemática obra de Castelao, aclara que "está a desenvolver as xestións necesarias" para un "préstamo" por seis meses" e que a chegada da obra que anunciou a Xunta "depende da autorización das autoridades arxentinas para a súa saída transitoria do país"
"O problema da sanidade pública galega non é de funcionamento senón de desmantelamento"
ENTREVISTA | Falamos con Xosé María Dios, portavoz da plataforma SOS Sanidade Pública, que convoca concentracións o vindeiro mércores 24 en varias localidades e unha gran manifestación en Compostela o 4 de febreiro contra a nova Lei de Saúde.