Centro Gallego: a gran 'casa' da emigración na Arxentina deixa de ser galega cen anos despois
Milleiros de galegos mercaron en 1917 mediante subscrición popular a gran sede da diáspora en Bos Aires. Un século máis tarde, comezan as negociacións para a súa venda ao grupo Ribera Salud mentres os descendentes daqueles fundadores loitan por preservar o legado histórico e cultural
- ENTREVISTA | "Non ten futuro como mutualidade; hai que pelexar polo patrimonio cultural"
- Feijóo di que Ribera Salud pretende manter o patrimonio cultural en mans dos emigrantes
O independentismo suma maioría absoluta en Catalunya con C's como primeira forza
Con case o 100% escrutado o partido laranxa é o máis votado pero as formacións independentistas poderían gobernar ao sumar 70 escanos. A lista de Puigdemont dá a sorpresa e supera a ERC. O PSC non cumpre expectativas, os 'comuns' perden apoios e a CUP tamén cae. O PP fracasa con estrépito.
"O Centro Gallego non ten futuro como mutualidade; hai que pelexar polo patrimonio cultural"
ENTREVISTA | Evaristo Oroña foi delegado da Fundación Galicia Saúde, entidade que participou no mantemento económico da institución dos emigrantes durante varios anos. Leva seis décadas en Bos Aires e pide á Xunta que "preserve" o legado histórico da centenaria entidade
O Centro Gallego de Bos Aires activa a venda da súa sede e da xestión sanitaria
A asemblea extraordinaria autoriza o inicio das conversas para vender o histórico edificio ao grupo Ribera Salud, pero esíxelle que pague todas as débedas, asuma todo o persoal e deixe para sempre en mans dos emigrantes o importante patrimonio histórico, artístico e cultural da institución
A Xunta demora datos sobre a mina de Touro tras ser condenada a mostrar os de Corcoesto
A Federación Ecoloxista Galega (FEG) denuncia que a Consellería de Economía se nega a achegar información sobre os dereitos mineiros, como fixo no caso de Corcoesto e polo que a condenou a Xustiza. O proxecto segue apañando rexeitamento e informes desfavorables.
O Centro Gallego de Bos Aires, abocado á venda da súa histórica sede ao grupo Ribera Salud
Os xestores da histórica institución, intervida polo Goberno arxentino desde hai cinco anos, convocan unha asemblea extraordinaria que debaterá a solicitude de quebra no caso de non aprobarse a cesión da xestión e a adquisición do edificio por parte da empresa sanitaria
A AP-9 afronta demandas que suman máis de 100 millóns por non pagar o IBI aos concellos
Cinco municipios galegos denunciaron xa Audasa ante a Comisión Europea por non abonarlles o imposto grazas a un beneficio do franquismo que consideran unha "axuda ilegal de Estado". Moitos outros uniranse a unha reclamación millonaria que atinxe máis de 30 localidades
"A esencia é poñer a sanidade privada ao nivel da pública; a Lei de Saúde é o golpe definitivo"
ENTREVISTA | Falamos con Víctor Vila, portavoz da Plataforma na Defensa da Sanidade Publica da Mariña, unha das catro comarcas que quedará sen área sanitaria propia coa aprobación da nova lexislación, contra a que a cidadanía mariñana leva manifestándose durante semanas
Dunha ducia a máis de 200 viños etiquetados en galego nunha década
Foro Peinador e Xunta presentan unha nova campaña polo Nadal para animar a cidadanía a consumir produtos do país e aos empresarios a etiquetar na lingua propia. Nos últimos 14 anos, desde a primeira, ducias de adegas decidiron apostar polo idioma galego nas súas botellas
O Estado sabía hai sete meses que a UE suprimirá o centro de bivalvos ao que aspiraba a Xunta
Feijóo lanzou a candidatura galega a acoller ese laboratorio de referencia comunitario en Vilagarcía seis meses despois de que o Goberno central soubese que non sería posible e tres semanas máis tarde de que llo advertise ao PSOE nunha resposta no Congreso
O éxito da folga na Xustiza paraliza boa parte dos xulgados en Galicia
O paro convocado por todos os sindicatos denuncia a "discriminación" dos traballadores no país con respecto aos doutras comunidades e o "desmantelamento que a Xunta está a facer da Xustiza”. O seguimento é de máis do 80% e supera o 90% en Vigo, Pontevedra, A Coruña e Ourense
15 anos de Nunca Máis: a indignación rebordou as rúas
O 1 de decembro de 2002, máis de 200.000 persoas ateigan Compostela nunha histórica manifestación contra a xestión da catástrofe do Prestige. Un berro unánime que se convertería en universal supuxo o inicio dun movemento que foi, e aínda é, moito máis ca un lema.