Betanzos denuncia a AP-9 na UE por seguir sen pagar o IBI grazas a un beneficio do franquismo
O Concello abre en Bruxelas a vía para que os máis de 30 municipios galegos polos que transcorre a autoestrada reclamen os varios millóns de euros que Audasa deixa de pagarlles pola exencion do 95% do imposto instaurada polo réxime ditatorial
"O xeito no que se fixo a Transición ten moito que ver na situación do Pazo de Meirás"
ENTREVISTA | Carlos Babío e Manuel Pérez presentaron este martes Meirás: un pazo, un caudillo, un espolio, a maior investigación sobre o proceso que levou á incautación forzosa do Pazo, símbolo da represión franquista e dos privilexios da familia do ditador
A Xustiza condena a Xunta por ocultar información das concesións mineiras en Corcoesto
O TSXG dá a razón a un veciño que solicitara datos dos dereitos sobre as parcelas mineiras e ordena ao Goberno que llos facilite agora, cinco anos despois da súa solicitude. A xuíza acusa o Executivo de usar "subterfuxios" para evitar responder e cualifica os seus argumentos de "inaceptables"
A Xunta incorporará case 400 orientadores laborais tras prescindir de centos deles nos últimos anos
Feijóo anuncia que 386 técnicos pasarán a formar parte en Galicia deste servizo, 130 deles nas oficinas públicas de emprego, onde se recortara o persoal en centos de persoas durante os peores momentos da crise
'As Neves Zona 0', a crueza dos incendios nun documental
VÍDEO | Adrián González, natural do municipio máis afectado pola vaga de incendios da tráxica fin de semana de outubro, resume nun vídeo a dureza do vivido e das consecuencias a través de imaxes das lapas e dos testemuños da veciñanza. "Aínda estamos en 'shock', foi demasiado forte", di
"Non nos poden acusar de alarmistas, o alarmante é o proxecto mineiro de Touro"
ENTREVISTA | Falamos con Rubén Souto, un dos portavoces da plataforma veciñal Mina Touro-O Pino Non, que agrupa a contestación social contra un megaproxecto que acumula críticas e advertencias sobre a súa perigosidade e afectación para o medio ambiente, a saúde e a economía
"Os valores de Nunca Máis son xa os da sociedade galega, filtráronse no pobo"
ENTREVISTA | O 21 de novembro de 2002 nacía a plataforma que canalizou a resposta e a indignación ante a xestión da catástrofe do Prestige. Nada volveu ser igual en Galicia desde aquel berro unánime. Falamos co seu voceiro, Xaquín Rubido, quince anos despois
"A conclusión da querela arxentina contra o franquismo é que España ampara criminais"
Máximo Castex, un dos avogados do proceso aberto na xustiza do país latinoamericano contra os crimes do réxime fascista, participou nas xornadas Memoria e Democracia da pasada semana na Coruña e conversou con Praza sobre os atrancos que o Estado español pon á investigación
O dispositivo contra o lume queda en mínimos un mes despois da vaga pola precariedade e a dispersión
A Xunta prescindiu a pasada semana de 436 traballadores do servizo público antiincendios e outros 626 cesarán en quince días. A Administración contrata persoal de Tragsa ou Seaga para labores de recuperación entre as críticas dos brigadistas, que advirten de que "hai moito que facer" no monte
A Xustiza cifra en 1.573 millóns a indemnización ao Estado polos danos do Prestige
A Audiencia da Coruña inclúe na cuantificación para reclamar os cartos á aseguradora do Reino Unido unha compensación de máis de 300 millóns por "dano moral". Á Xunta correspóndenlle 1,8 millóns polos gastos na reciclaxe do fuel na planta de Sogarisa.
A Fiscalía leva a Xunta ao xulgado por irregularidades e desleixo na mina de San Fins
Traslada ao xulgado as importantes eivas das instalacións mineiras do grupo Sacyr en Lousame, dá conta da contaminación durante anos e advirte dun posible delito contra o medio ambiente e os recursos. O fiscal censura que se obviase o estudo ambiental e non se sancionasen as verteduras.
Oposición e grupos feministas esixen a retirada da "frívola" campaña da Xunta polo 25-N
En Marea e BNG reclaman ao Goberno galego que a retire por "non cumprir coa súa función" e tratar con "paternalismo" e "cousificar" as mulleres. O PSdeG cre que é "unha torpeza que se debería corrixir", pero o Executivo evita mudar o cartel e pídelle á oposición que sexa ela a que "rectifique"