A Eurocámara frea a pesca con descargas eléctricas na UE
O Parlamento Europeo votou esta semana a favor de prohibir totalmente este método tras a presión de mariñeiros, expertos e grupos ecoloxistas, aínda que os Estados terán a última palabra
A chegada d'A derradeira leición do mestre' pon o foco no valor do patrimonio da emigración
A emblemática obra de Castelao viaxará a Galicia para unha exposición sobre o autor rianxeiro tras o acordo ao que chegou a Xunta co Centro Galicia de Bos Aires, en cuxa sede se garda unha obra símbolo da galeguidade, a democracia e o sufrimento do país ante a represión fascista
O Consello da Cultura lembra á Xunta que protexer o legado do Centro Gallego é "obriga legal"
Lembra que a protección do patrimonio cultural da entidade da emigración en Bos Aires debe ser "análoga á que tería de estar en Galicia" e que salvagardalo "non é mero 'desideratum" senón mandato legal e cumprir con "quen fixo de Galicia unha realidade que transcende as súas fronteiras"
A Eurocámara abre a porta á pesca con descargas eléctricas fronte a protestas en toda a UE
O pleno decidirá a vindeira semana se permite esta técnica con electricidade entre duras críticas de expertos, ecoloxistas e mariñeiros, que advirten dun método "destrutivo" e "inmoral" que dana os ecosistemas mariños e prexudica o sector artesanal
A Xunta gábase da suba do prezo do leite malia ser o máis baixo do Estado e pechar 50 granxas ao mes
Medio Rural destaca que Galicia é a comunidade "na que máis medrou o importe" nos dous últimos anos, período no que pecharon 1.100 explotacións. Os sindicatos agrarios censuran a "propaganda", "publicidade" e "fachenda" do Goberno galego ante a importante crise do sector
A UE, disposta a prohibir os insecticidas que levan máis de 20 anos matando as abellas
Reino Unido, Irlanda e sobre todo Francia lideran a iniciativa para que a Comisión vete totalmente os neonicotinoides, principal ameaza dos polinizadores en Galicia xunto á avespa asiática. A Asociación Galega de Apicultura leva máis de dúas décadas comprobando os seus prexuízos
Galicia rexistrou case medio cento de contratos por cada emprego creado en 2017
O ano remata cun novo récord de contratacións no país ao superarse o millón, un 8% máis que en 2016, un forte incremento que non se corresponde co da creación de emprego, que aumenta en termos interanuais pero cae en decembro. O paro rexistrado baixa grazas exclusivamente aos servizos.
O asasino confeso de Diana Quer era o "principal sospeitoso" dende hai máis dun ano
Os investigadores da Garda Civil definen a José Enrique Abuín como un "profesional do delito" e aclaran que, malia as numerosas sospeitas, non era posible atopar as probas que permitisen antes a súa detención. O ADN confirma que o cadáver de Rianxo é o da moza madrileña desaparecida.
Catro das sete cidades rematan o ano co orzamento de 2018 aprobado ou a piques de facelo
A Coruña aproba as contas e é a terceira urbe en darlles luz verde tras Vigo e Pontevedra, á espera de Santiago, que prevé telas en semanas. Lugo está pendente da cuestión de confianza, fórmula que medita o goberno ferrolán. Ourense, que ten o presuposto prorrogado desde 2014, presentará axiña un borrador
O PP evita que Feijóo compareza na comisión sobre incendios do Parlamento
Os populares negan a presenza do presidente da Xunta, así como de Alfonso Rueda ou Beatriz Mato, nunhas intervencións nas que si estará a titular de Medio Rural, Ángeles Vázquez. A oposición cre que o órgano que estudará a vaga de lume de outubro nace "coxo"
O Apalpador percorre Galicia ata fin de ano
A personaxe do Nadal galego recuperada na última década inclúese xa como unha tradición máis en moreas de concellos. Obras teatrais, libros, cancións e actividades escolares impulsan esta figura do carboeiro que baixa das montañas o día 24 ou 31 para darlles castañas aos máis pequenos.
A suba do salario mínimo: nin tanta, nin tan xeral
Rajoy asina con sindicatos e a patronal o aumento dun 4% do SMI para 2018, 736 euros ao mes, e pacta que chegue en 2020 aos 850 euros, mínimo recomendado pola Carta Social Europea. O estancamento do IPREM prexudica á hora de recibir axudas sociais e a parcialidade impide que se xeneralicen as melloras