O pulo do sector servizos baixa o paro e crea 23.600 empregos no verán
O desemprego descende en 19.800 persoas en Galicia no terceiro trimestre, no que aumenta a ocupación, principalmente pola contratación temporal na hostalería. No último ano, a poboación activa reduciuse en 10.400 persoas no país.
O Congreso reclama a devolución das estatuas do Pórtico mentres o Concello ultima a demanda
A Cámara Baixa aproba por unanimidade a proposición de En Marea para que a familia do ditador devolva as figuras "ao seu lexítimo propietario", o municipio santiagués, que presentará nos vindeiros días a demanda xudicial tras acabar o prazo dado aos Franco para a entrega das tallas
"Só defendín unha consulta pactada en Catalunya, pero se non segues o guión es un proscrito"
ENTREVISTA | Antón Arias, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) sofre as manobras de empresarios e antecesores no seu cargo, que piden a súa renuncia por defender un referendo, criticar a reforma laboral ou apostar pola suba de salarios.
Axentes forestais: "A Xunta dixo que non mantiña o dispositivo por razóns orzamentarias"
Brigadistas que participaron nos traballos contra a vaga de incendios da fin de semana insisten na "descoordinación", atomización e temporalidade do sistema contraincendios en Galicia e denuncian as motivacións económicas de Medio Rural á hora de negar máis efectivos
Un bombeiro na 'zona cero' de Nigrán: "En 2006 nós íamos ao lume, aquí o lume viña a nós"
REPORTAXE Miguel Uclés combateu durante as catro horas máis críticas o incendio que en Chandebrito acabou coa vida de dúas persoas e obrigou a desaloxar ducias en serio perigo. Aquí relata unha situación "excepcionalmente dramática" que lle lembrou outra: "Foi moi parecido ao de Pedrógão Grande"
"En anos de investigación, nunca atopamos esa famosa trama incendiaria"
ENTREVISTA | Álvaro García Ortiz, fiscal delegado de Medio Ambiente, advirte da "complexidade" do problema dos incendios, reclama prudencia á hora de determinar as causas e pide falar "sobre certezas e sobre o que sexamos capaces de probar"
A Xunta dispuxo a pasada semana reincorporar este luns 500 brigadistas despedidos
O persoal contraincendios da empresa pública Seaga cesaron o pasado 12 de outubro e foron requiridos por Medio Rural para reincorporarse este luns, despois da vaga de incendios da fin de semana. Outros 436 operarios do sistema público reincorporáronse o día 11 tras rematar en setembro
A batalla contra o lume concéntrase en Ourense e Lugo cunha vintena de incendios activos
No amencer deste martes continuaban a arder 82 incendios, 7 deles con perigo para zonas habitadas. Contra media mañá a cifra descendeu a 53, ningún deles xa en situación 2.
- Os incendios arrasan catro vidas e milleiros de hectáreas en toda Galicia
- GALERÍA | Milleiros de persoas nas rúas contra o lume e a política forestal da Xunta
- DATOS | Os incendios no que vai de outubro duplican os habituais e volven a cifras de hai vinte anos
- A Xunta insire como publicidade en xornais impresos a declaración de Feijóo sobre os incendios
O informe técnico sobre Pedrógão pide mudar a política antiincendios polo cambio climático
"Os sistemas atuais de combate a incêndios não estão preparados para enfrentar um novo problema com raiz nas alterações climáticas", di un extenso relatorio de expertos que debullan a traxedia e advirten dos numerosos fallos na resposta ao lume pero tamén na xestión do monte ou na prevención
A hora da eólica mariña: "Non podemos perder este tren"
Un estudo de dous profesores da USC advirte das enormes posibilidades dos eólicos offshore en España e en Galicia, nomeadamente no sector industrial de Vigo e Ferrol. De aquí a 2030, a produción de 500 megavatios crearía uns 3.000 empregos de calidade e a longo prazo no Estado
O PP apóiase nun grupo que estivo ligado ás mareas para outra moción de censura en Fene
Os populares pretenden derrocar o rexedor do BNG co apoio de Somos Fene, grupo desacreditado por En Marea, que aclara que "non pertence" ao seu espazo político. O Bloque "empraza" a Villares a unha "actuación contundente" para evitar o "asalto" á alcaldía da localidade ferrolterrá
Os traballadores das auxiliares deciden seguir coa folga que paralizou Navantia
O paro convocado pola CIG detivo a actividade nos estaleiros de Ferrol durante varios días malia a división sindical e as presións da firma pública e da patronal. Os operarios votaron maioritariamente a favor de continuar coa folga malia a oferta dun preacordo para iniciar unha negociación.