A Xunta alenta a saída do estudantado galego de Catalunya pola "inestabilidade política"
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, anuncia que o Goberno galego "facilitará os trámites de traslado de expediente" ao alumnado galego "que queira retornar a Galicia". Aos non universitarios garántelles "unha praza" en centros públicos e aos universitarios, "todo o apoio" burocrático
"Non se lles pode negar aos galegos un dereito recoñecido nos outros territorios do Estado"
A ILP da Mesa para o dereito ao uso do galego no ámbito económico rexístrase con 28.000 apoios e dá inicio ao proceso que pretende rematar nun ano cunha nova lei que garanta "a información e atención" na lingua propia. Falamos con Marcos Maceira, presidente da entidade.
Villoslada deslexitima o acordo entre Leiceaga e Caballero, que o ve como candidato "das baronías"
Repróchalle ao seu rival nas primarias socialistas un "pacto contranatura e non transparente" durante o debate organizado polo propio partido de cara á cita do vindeiro domingo. O economista vigués prioriza a "renovación" do proxecto socialista fronte á "unidade" que o deputado ve fundamental.
O megaproxecto mineiro de Touro apaña centos de alegacións e mobilización veciñal
Veciñanza do concello máis afectado entrega 500 alegacións á iniciativa da empresa Cobre San Rafael á espera de máis recursos sobre a megamina prevista a poucos quilómetros de Compostela. Advirten do enorme "impacto" que terían as "drenaxes ácidas", ademais doutras consecuencias
A fin do verán destrúe máis de 6.500 empregos malia á mellora interanual do paro
O desemprego rexistrado aumenta en case 3.000 persoas no mes de setembro, principalmente no sector servizos co remate da temporada estival. O 92% dos case 100.000 contratos asinados foron temporais
Catro visións galegas e unha conclusión desde Catalunya: "A solución é un referendo"
Cidadáns galegos residentes en territorio catalán reflexionan sobre o 'procés' e o 1-O tres anos despois de analizar a situación a pouco do 9-N. Insisten, como daquela, que unha consulta sempre é a mellor opción pero cren que agora, co conflito enquistado, xa é a única posible.
Indignación no rural polas sancións á veciñanza que axuda na vendima ou a apañar patacas
Facenda leva a cabo controis e inspectores de Traballo abren expedientes pola axuda de persoas en labores agrícolas. UUAA denuncia a situación e levará o caso ao Congreso e a Consellería do Medio Rural pide que se "respecten as tradicións galegas"
Descobren cámaras ocultas na cafetaría doutro hospital, desta vez no Barbanza
A CIG denuncia o desmantelamento de cámaras de vídeovixilancia noutro local do centro sanitario xestionado pola mesma empresa que recoñeceu gravacións aos traballadores no Clínico de Santiago, caso polo que Sanidade ten aberta unha investigación.
Espiral nace para "rachar co modelo clásico" das organizacións políticas xuvenís
Xunta mozos e mozas de Anticapitalistas, as mareas, Anova ou Anega, entre outros, pero o colectivo defínese "totalmente autónomo". "En anteriores experiencias, a xente nova é correa de transmisión dos maiores e non ten análise nin experiencias propias", di Iván Rodríguez, portavoz nacional
As mareas galegas reivindican o dereito a votar o 1-O nun acto cercado por ultras
Villares, Díaz e os alcaldes da Coruña, Santiago e Ferrol defenden o dereito a decidir e que a cidadanía catalá poida expresarse na consulta prevista. Colau e Iglesias apelan ao PSOE para que non faga "fronte común" co PP nun cónclave rodeado por 300 ultradereitistas
Miles de mariñeiros galegos da frota conxeladora ven atrasada a súa xubilación
O Goberno central difunde unha circular que impide aplicar o máximo coeficiente redutor a traballadores de palangreiros e arrastreiros. "É o maior recorte de dereitos sociais da historia da pesca de Galicia", advirte a CIG, mentres que Lídia Senra acusa o Estado de "mentir"
O proxecto megamineiro en Touro avanza entre alegacións ao estudo ambiental
A empresa creada para reiniciar a mina de cobre na contorna de Compostela amplía capital tras o seu acordo co xigante Atalaya Mining, que anuncia 200 millóns de investimento. Salvemos Cabana advirte de "consecuencias moi negativas para o medio ambiente e a saúde da poboación"