A Xunta rexeita as alegacións e acelera a megaplanta de biomasa en Curtis
A Consellería de Medio Ambiente desbota as peticións de entidades ecoloxistas para unha avaliación ordinaria e a fondo do impacto ambiental e da sustentabilidade do proxecto, que segue adiante tras unha análise simplificada
O PP teima en mudar a lei e rexistrará a proposta para que goberne a lista máis votada
Inclúea entre as iniciativas para a reforma da Loreg, cuxo debate comeza en setembro no Congreso. A medida fora defendida polos populares nas últimas campañas das xerais, seguindo o ronsel de Feijóo, que a lanzou moito antes e presume de ser o pai da idea para vetar gobernos de coalición
'Memorajoj de kampara knabo': 'Memorias dun neno labrego', tamén en esperanto
O filólogo e profesor vigués Suso Moinhos publica nesta lingua internacional a obra de Neira Vilas e cumpre así coa promesa que lle fixera ao autor antes do seu falecemento.
"Falta vontade política; cunha maioría no Congreso podemos recuperar o Pazo de Meirás"
ENTREVISTA | Benito Portela, alcalde de Sada, vén de facer un chamado para que o pleno extraordinario convocado este sábado sexa "un acto cidadá para rematar coa vergoña". "Os que non apoiaron recuperar o BIC igual se decatan agora do que é ter os Franco de donos", di nesta conversa
O presidente luso dá luz verde á reforma forestal que impulsa a Navigator a expandirse en Galicia
Rebelo de Sousa avala con "reparos" a mudanza lexislativa que conxela a produción de eucalipto en Portugal e que leva a maior industria papeleira do país a instalarse en territorio galego. A antiga Portucel non desmente os plans pero aclara que agardará a que a nova lei sexa aprobada de vez.
Ofensiva institucional e social para que os Franco devolvan o Pazo de Meirás
A Deputación da Coruña, o Concello de Sada, outros municipios e entidades pactan "iniciar o proceso para recuperar o BIC para o patrimonio público" e conforman unha Xunta pro Devolución. O alcalde sadense convoca un pleno extraordinario o sábado para reclamar a xestión das visitas
A maior pasteira lusa prevé expandirse en Galicia tras o veto ao eucalipto en Portugal
Navigator responde á nova lei que conxela a produción desta especie co freo á actividade no seu país e a aposta polos montes galegos para producir madeira. A antiga Portucel xa pensa en establecer “uma base forte no norte de Espanha, na Galiza”
Meirás: a punta do iceberg do macroespolio do que se lucran os Franco
O Pazo é a propiedade máis destacada das moitas coas que o ditador se fixo durante a ditadura na área da Coruña. A súa familia vendeu e sacou importantes beneficios de boa parte dun patrimonio que inclúe terreos, inmobles e numerosas obras de arte usurpadas á poboación
A oposición ve a porta aberta a máis recortes na redución de áreas sanitarias que prepara a Xunta
En Marea, PSdeG e BNG critican o anteproxecto que reduce de once a sete as áreas sanitarias. Censuran que se presente en pleno agosto "pola porta de atrás" e cren que "prioriza o criterio económico" e que supón a "perda de xestión directa da atención primaria"
A Xustiza anula a licenza municipal da canteira de Cosmos na Cova de Eirós
O xulgado atende o recurso da asociación O Iribio contra o Concello e anula o permiso municipal para a explotación do terreo achegado ao principal expoñente da Historia Paleolítica de Galicia
A Xunta, impotente para expulsar a Fundación Franco do Pazo de Meirás
O Goberno galego non pode impedir que o BIC o xestione a entidade franquista, para quen a CRMH pide a "ilegalización", mentres a familia do ditador siga a controlalo. O PP rexeitou hai só uns meses unha iniciativa de toda a oposición para reverter o inmoble ao público.
O verán acelera a caída do paro en Galicia sen paliar a precariedade dos contratos
O país lidera a caída do paro no Estado a base de contratación temporal no sector servizos pola época estival, con 7.794 desempregados menos e 16.721 novas altas á Seguridade Social. Por cada emprego creado asináronse máis de seis contratos no mes de xullo, só o 6,2% deles fixos.