Pablo Crespo ratifica ante o xuíz as débedas que o PPdeG mantiña coa Gürtel
Asume que a trama reclamou a Fraga 125.000 euros por actos electorais de 1999 e 2001 que nunca se cobraron. A rede corrupta pedira a mediación de Rajoy por outra cantidade en 2003 e o pago doutra débeda por parte do ex-secretario de Organización destapara a contabilidade en B do partido.
Agricultura e servizos impulsan o incremento do emprego en 19.000 persoas nun ano
Galicia sumou 18.900 ocupados máis nos últimos doce meses, a inmensa maioría concentrados nos sectores primario e terciario, segundo a EPA. O número de parados descende nunhas 16.000 persoas mentres a temporalidade segue a aumentar.
Caramelo quebra e pide a liquidación
A histórica empresa téxtil bota o peche e deixa na rúa 169 traballadores, 79 deles en Galicia. Fundada nos 60, cerra ao non superar as perdas e a crise dos últimos anos, nos que afrontou un concurso e prescindiu de centos de empregados con dous ERE tras recibir millóns en axudas da Xunta.
Os catro guerrilleiros de Paramos, achados 67 anos despois
A ARMH traballa esta semana na exhumación dos restos de tres homes e unha muller da resistencia antifranquista, localizados no adro dunha igrexa do Val do Dubra, onde foron asasinados en 1949. As dúbidas sobre a identidade dun dos falecidos é o gran misterio por resolver da investigación.
A Xunta anuncia novo protocolo para os abortos tras defender o actual hai só uns meses
Sanidade di traballar nun "plan integral" para a asistencia de quen precise interromper o embarazo logo da dura sentenza que condenou o Sergas por pór en risco a vida dunha muller ao enviala a Madrid. Anuncia unha nova normativa malia negarse Feijóo a cambiala non hai moito.
A concordia ábrese camiño nun derbi galego que rebaixa a tensión
O partido deste domingo volveu destacar pola ausencia de incidentes. Aínda minoría, cada vez máis afeccionados de Celta e Deportivo acoden xuntos a un encontro de rivalidade que gañou en respecto e normalidade nos últimos cinco anos.
"Galicia foi emblema e exemplo na loita contra a estafa das preferentes"
ENTREVISTA Andreu Missé presenta no país La gran estafa de las preferentes, investigación sobre o maior escándalo financeiro no Estado e con especial atención ao caso galego. "Os bancos gozan de impunidade e as institucións están en situación de inferioridade ante eles", di.
Unha ex-directiva do Sergas declara que avisou da "gravidade" de quen faleceron esperando tratamento
A ex-directora de Procesos Asitenciais do CHUS nega que exista outro mecanismo para conceder os fármacos "á marxe da subcomisión", tal e como aseguraron os dous investigados que a sinalaron como responsable. As dilixencias seguen malia que a Xunta aventurou que se pecharían axiña.
A xestora do PSOE retira ao PSdeG a competencia para convocar congreso e primarias
A dirección provisional que lidera Javier Fernández retira os poderes á dirección galega e afonda na batalla interna dos socialistas. Ferraz advírtelle que "non procede celebrar" o congreso en Galicia "ata a celebración do proceso congresual federal".
"O do Sergas cos abortos terapéuticos tamén é maltrato, violencia obstétrica e institucional"
A dura sentenza que condena o Sergas por arriscar a vida dunha paciente que mandou a abortar a Madrid certifica as eivas que colectivos e afectadas levan tempo denunciando. Falamos con Chus Díaz, psicóloga clínica do COF da Coruña, área sanitaria onde non se realizan abortos terapéuticos.
Un traballador doutra autonomía vén a Galicia por cada dous galegos que marchan fóra
As contratacións de cidadáns galegos noutros territorios do Estado superan en 22.500 ás dos que chegan doutras comunidades a Galicia. Madrid acolle un terzo dos traballadores que cambian o país por outra autonomía e case a metade de todos eles concéntranse na capital estatal e Catalunya.
'Bestiario do Vestiario': as historias nas marxes do deporte
Unha campaña de 'crowdfunding' busca financiamento para a edición desta obra de Martiño Suárez, que xunta 50 historias sobre personaxes vinculados a disciplinas deportivas pero "nas marxes do heroísmo habitual do xénero".