O Apego polo galego na infancia chega xa a milleiros de familias en 23 concellos que serán máis
Doce municipios máis comezan este outono o traballo "efectivo" da rede que busca facilitar a transmisión da ligua galega á infancia e a súa socialización nela. Máis municipios teñen previsto unirse a un proxecto sobre o que os seus impulsores se declaran "satisfeitos e sorprendidos".
Galicia inicia o outono con 650 persoas en risco de despedimento por ERE
Os plans de Extel e o Banco Popular prevén prescindir de 205 e 450 traballadores respectivamente en Galicia antes de final de ano. Os expedientes de regulación de emprego, a nivel estatal, cébanse especialmente co país.
O glifosato acumula vetos en Galicia tras a prórroga que a UE lle deu no verán
Mos aprobou en pleno prohibir o herbicida na súa actividade pública e únese a outros municipios que xa o prohibiron. A UE prorrogou até 2018 o seu uso, pero prevese que sexa vetado en ano e medio. Varios informes advirten do seu potencial canceríxeno, pero con matices.
A Fiscalía reactiva o caso polos abortos terapéuticos sen asistencia no Sergas
O fiscal provincial da Coruña recibe a Plataforma polo Dereito ao Aborto, que achega testemuños de mulleres que sufriron eivas na interrupción do embarazo a partir das 14 semanas, e requirirá a declaración das afectadas para determinar se hai responsabilidades penais por parte da Xunta.
O 25S alarga o espazo electoral á esquerda do PSdeG
A suma dos votos de Bloque e En Marea o 25S é case idéntica á das xerais de xuño, aínda que con diferente repartición: a confluencia perdeu 73.000 votos e o BNG recuperou 74.000. As dúas formacións acadan o 27,4% dos sufraxios, a maior porcentaxe á esquerda dos socialistas nas autonómicas.
PSdeG: un golpe que se vía vir
CRÓNICA Os socialistas lamben as feridas do seu peor resultado nunhas autonómicas asumindo o lastre que supuxeron as batallas internas, a soidade de Leiceaga e a crise do partido a nivel estatal.
O BNG resiste e mantén o seu grupo parlamentario
O Bloque recupérase respecto das xerais, perde tan só un escano no Parlamento e supera as expectativas que lle daban as enquisas.
O PSdeG cede 50.000 votos e o liderado da oposición
Os socialistas sofren o 'sorpasso' de En Marea e acadan o seu peor resultado nunhas eleccións autonómicas. "Non podemos estar satisfeitos. Temos que corrixir os erros e facer unha autocrítica necesaria", di Leiceaga.
A Xunta Electoral abre expediente a Feijóo, Baltar e oito cargos do PP por actos prohibidos
Todos foron expedientados por incumprir a lei electoral en varias intervencións públicas tras as denuncias do PSdeG de Ribadavia. O secretario xeral, Miguel Tellado, ou o presidente do Parlamento, Miguel Santalices, son outros dos que poderían afrontar unha sanción.
A esquerda acolle con indignación e sen sorpresa o "mercadeo" de Baltar a pouco das eleccións
O BNG ve na oferta laboral da Deputación en plena campaña o "medo" do PP e En Marea considérao "premeditado e electoralista". Feijóo comparte mitin co presidente provincial, que carga contra "sociolistas e mareantes" e presume de ser o celeiro de votos do seu partido.
A Deputación de Ourense oferta máis de cen postos de traballo a catro días do 25S
O DOG publica este mércores a convocatoria dun concurso ordinario para 128 prazas. O PSdeG censura a "descarada utilización política" e lembra a “lamentable historia de nepotismo, compra de vontades e ata presunto acoso sexual que agocha a xestión de persoal do ente por parte dos Baltar”.
O Popular prevé despedir un de cada catro traballadores en Galicia
O grupo que integra o Pastor propón un ERE que suporía o despedimento de 3.000 empregados no conxunto do Estado, 450 deles no país, e o peche de oficinas. Os representantes sindicais censuran o "desproporcionado e brutal" recorte e a súa "inmediatez".