A carreira polo liderado do PSdeG: tres voces para unha nova etapa
Falamos cos tres aspirantes á secretaría xeral do PSdeG, que terá novo líder o vindeiro 8 de outubro
Caballero: "O PSOE volve estar onde lle corresponde e o PSdeG debe aproveitar este vento"
O militante vigués amósase orgulloso do seu incondicional apoio ao actual secretario xeral do PSOE e cre que, grazas á súa vitoria, o socialismo volve liderar a esquerda e os partidos "emerxentes" sofren xa de "estancamento"
Leiceaga: "Debemos traer ao noso territorio, o da socialdemocracia, a enerxía que hoxe está fóra del"
O último candidato do PSdeG á presidencia da Xunta e actual voceiro parlamentario insta a "unir o partido" e cre que a alternativa ao PP en Galicia pasa por que os socialistas sexan "o referente da esquerda"
Villoslada: "O PSdeG tivo dous grandes presidentes galegos e debemos reivindicalos sempre"
O aspirante a liderar os socialistas galegos cre que, dentro da "nova etapa a nivel federal", o PSdeG "debe marcar o seu camiño, deixar atrás cousas do pasado e pechar o círculo".
A crise do polbo en Galicia: moito menos e máis caro
As descargas do cefálopodo nas lonxas galegas descenderon un 40% neste verán, mentres aumenta a demanda dos turistas e soben os prezos. Entre o 70 e o 75% do produto consumido no país é de fóra, pero nin a importación compensa o elevado consumo
A Xunta asume a desfeita eólica e paga tres millóns por anular o concurso do bipartito
A Consellería de Economía solicita modificar os Orzamentos para pagar as indemnizacións a varias das empresas que quedaron sen megavatios aao anularse a poxa, acata todas as sentenzas e evita continuar coa loita xudicial no Tribunal Supremo
Baleira: a segunda gran cova con pinturas rupestres de Galicia?
As figuras foron achadas case por casualidade por uns excursionistas nunha gruta do municipio lucense. Á espera do ditame de Patrimonio, expertos e técnicos da Xunta cren que poderían ter entre 4.000 e 5.000 anos e serían da época calcolítica, sendo as únicas deste período atopadas no país
BNG e goberno de Santiago piden que os Franco devolvan as esculturas do Pórtico da Gloria
O Bloque considera unha "vergoña democrática" que as dúas figuras formen parte da colección particular dos herdeiros do ditador. O executivo de Composela xa está a "estudar vías xurídicas que permitan que as dúas tallas volvan formar parte do patrimonio público"
O Sergas, condenado por non pagar as gardas a un médico con permiso de paternidade
A Xustiza recoñece o dereito a percibir o rateo das gardas durante as primeiras semanas do pequeno en base a unha circular da propia Xunta, á que lle lembra que o obxectivo do permiso de paternidade é "conciliar vida familiar coa laboral e a atención ao neno sen sufrir prexuízo laboral"
As reivindicacións salariais mantéñense na nova folga de examinadores de tráfico
O persoal volve todos os luns, martes e mércores de setembro aos paros, que son secundados polo 80% do cadro de persoal en Galicia e polos que as autoescolas xa anuncian reclamacións polas perdas. O persoal insiste en reclamar os 250 euros máis ao mes que din que lles prometera a DGT.
Agosto en Galicia: 96.000 contratos asinados, 2.300 empregos creados
O paro descende en 746 persoas no país durante o pasado mes, cando por cada nova persoa afiliada á Seguridad Social firmáronse 42 contratos. Menos do 6% de todos eles foron indefinidos.
Proxecto Xangai: moito máis que unha banda
A formación serve como plataforma para un lote de músicos vinculados a Galicia e Catalunya e xorde dunha iniciativa máis ampla que homenaxea e reivindica o fluxo cultural que a emigración instaurou entre o Atlántico e o Mediterráneo