Máis de 30 operacións suspendidas no hospital Álvaro Cunqueiro por fallos na esterilización
A aparición dunhas partículas brancas nos colectores que transportan o material obrigou a suspender e reprogramar varias intervencións, algo que non é a primeira vez que sucede no centro vigués.
Catro claves para entender por que o Centro Gallego de Bos Aires elixe entre venda e desaparición
A asemblea de socios decide este xoves o futuro da histórica institución da emigración galega, a quen o Goberno arxentino vén de devolver a dirección da obra social que impulsara o goberno bipartito para salvar a entidade.
O risco de incendios en Galicia polo cambio climático aumentará ata niveis críticos neste século
As proxeccións indican que este risco "estará preto ou por riba do valor considerado crítico" a finais desta centuria, segundo o informe elaborado por Meteogalicia a petición da comisión parlamentaria que estuda a política forestal e contra o lume
O Centro Gallego de Bos Aires volve votar a súa venda como única vía para evitar a total desaparición
Unha asemblea extraordinaria decide este xoves se a entidade acepta a venda da súa histórica sede e da xestión sanitaria ao grupo Ribera Salud ante a ameaza da liquidación, que suporía a perda de todo o seu patrimonio histórico e cultural e da asistencia médica para uns 5.000 socios.
Xuíces e fiscais apelan á "responsabilidade da Xunta" para "rematar co conflito da Xustiza e non dilatalo"
Colectivos progresistas da xudicatura e da Fiscalía manteñen o apoio ao persoal da Administración xudicial en folga. A Unión Progresista de Fiscais insta o Goberno galego a "sentar a negociar" e non "dilatar" o problema e Xuíces e Xuízas para a Democracia advirte de peticións "xustas".
"Cóntanse moitas cousas falsas de Venezuela, parece que fósemos a sede de todo o malo que pasa"
ENTREVISTA | Mauricio Rodríguez, cónsul de Venezuela en Madrid e principal representante diplomático tras a expulsión do embaixador, visitou Galicia nunha xira co obxectivo de "mostrar a realidade" e denunciar "o bloqueo financeiro e comercial impulsado polos EUA" que di que sofre o país.
O persoal de Xustiza recrúa a súa folga mentres xuíces e fiscais ultiman mobilizacións de seu
Maxistrados e fiscais reclaman maior independencia, a modernización efectiva dos órganos xudiciais e a recuperación da perda salarial polos recortes e ameazan cunha folga desde finais de maio. As súas reivindicacións únense ás dun funcionariado a piques de cumprir dous meses de paro.
Medio Rural centra nos "incendiarios" a problemática do lume, insiste no "terrorismo" e exculpa o eucalipto
A conselleira Ángeles Vázquez pon o ramo á comisión parlamentaria de incendios pedindo "non demonizar ningunha especie" e condenas máis duras para as persoas que prenden lume, en contra do criterio da Fiscalía
Só ENCE e o Goberno de Rajoy se negaron a acudir á comisión de incendios do Parlamento galego
Á negativa do delegado do Executivo central en Galicia e da UME uniuse á da celulosa. A oposición e o PP manifestan o seu "malestar" polo "desprezo ao Parlamento" e a conselleira do Medio Rural sente "lástima" porque "non se pode fallar á encomenda que fai a sociedade".
A "actividade incendiaria homicida" en torno a Vigo que denunciou Feijóo non existiu alén de "rumores"
O informe da Fiscalía sobre os incendios de outubro debulla a situación vivida na área viguesa e conclúe que os múltiples focos tiveron orixe na propagación de restos incandescentes desde dúas únicas frontes. A investigación desmonta teorías e "boatos" que crearon "alarma social e pánico".
A Semana Santa deixa en Galicia 1.000 empregos e 1.600 contratos máis que en 2017
O paro descende en 3.104 persoas e o número de afiliacións á Seguridade Social sobe en 6.395 no mes de marzo, no que se creou un emprego por cada ducia de contratos asinados.
Un informe encargado pola Xunta alertou de "risco extremo" de desprendemento na zona das Catedrais onde morreu a turista
O documento marca entre as de maior perigo a área onde faleceu a moza e advirte de que a elevada afluencia de visitantes "incrementa a probabilidade" de accidentes, máis factibles "despois de fortes chuvias". Un dos autores recomendou o uso de casco no interior das covas.