Centos de artistas e colectivos defenden o pregón do Entroido santiagués contra "un novo ataque cavernario"
Actores e actrices, políticos e diversas asociacións lanzan un manifesto "a prol da liberdade e artística amparada pola liberdade de expresión que defende a lexislación vixente". O arcebispo de València, Antonio Cañizares, di que a actuación "tamén é corrupción, a peor de todas".
O persoal da Xustiza xa perdeu preto de 1 millón de euros en soldos na folga, á que se unen os forenses
O persoal forense do Imelga secunda o paro polo que lles foron descontados arredor de 800 euros a cada traballador que o secundou desde o pasado 7 de febreiro.
A RAG alerta da creba da transmisión interxeracional do galego e pide á Xunta que actúe
A entidade publica un novo informe sobre a evolución do idioma e advirte da "alarma" ante os "usos minguantes entre a xente nova do galego", que xa non é a lingua inicial maioritaria entre os menores de 65 anos.
A folga na Xustiza recrúa: Rueda acusa os sindicatos de priorizar os cartos e non querer "avanzar"
O vicepresidente da Xunta reivindica a "liberdade" da Administración para escoller negociadores e considera "inadmisible" que o comité de folga levante da mesa para esixir que o director xeral de Función Pública non siga na negociación
'Fariña', o libro que narra a historia do narcotráfico galego, secuestrado por orde xudicial
A xuíza adopta a medida a petición do ex-alcalde do Grove Alfredo Bea, que denunciou o autor Nacho Carretero e a editorial por suposta vulneración do seu dereito ao honor.
A negociación entre Xunta e persoal de Xustiza racha tras dúas semanas de folga e 7.000 xuízos adiados
O conflito segue "estancado" e con "cero avances" logo doutra longuísima reunión este martes da que levantaron os sindicatos, que advirten de que non negociarán máis co director xeral de Función Pública, ao que acusan de "usurpador de Xustiza"
Feijóo propón asentar en Galicia descendentes da emigración para combater a crise demográfica
O presidente da Xunta anima os mozos de orixe galega a "facer a viaxe ao revés" e instalarse no país, e ve nesa Galicia exterior "unha fonte de posibilidades para sumar solucións ao problema demográfico"
O conflito na Xustiza segue encallado malia unha nova negociación de nove horas
A longa reunió deste luns entre Xunta e sindicatos mantén as diferenzas polo que continúa unha folga que suma o seu décimo día. Os representantes dos traballadores acusan o Goberno de actuar con "prepotencia" e "desafiándoos" pero ambas partes volveranse xuntar este martes.
'Futbolín', a historia de Alexandre de Fisterra: moito máis que un xogo
Un documentado cómic do debuxante italiano Alessio Spataro narra a misteriosa vida deste inventor, escritor e editor galego, militante antifascista, compañeiro de Sartre ou Camus en París e cuxo testamento aínda é segredo de Estado. Falamos co autor da obra no 11º cabodano do fisterrán.
A familia Franco pon á venda o Pazo de Meirás
Os herdeiros inician os trámites para vender o inmoble, aínda que nin o Concello de Sada nin a Xunta teñen información ningunha. A Deputación da Coruña advirte das intencións por "desprenderse dun ben conseugido de maneira ilícita" e a CRMH lembra que o inmoble "é do pobo galego".
A aposta do Sergas por estender as consultas vía internet pon en alerta ao persoal
O sindicato CESM denuncia que as primeiras consultas de endocrinoloxía nalgúns centros da Coruña son sen atención directa do especialista por orde de Sanidade, que aclara que a e-consulta non presencial está implantada en toda Galicia e que así se atenderon máis de 100.000 pacientes en 2017
Feijóo lanza a poboación parada e 'mileurista' contra o persoal de Xustiza en folga
Di que a Xunta está disposta a seguir negociando pero carga contra o comité de folga e advírtelle de que "os que están no paro ou teñen soldos semellantes ao salario mínimo" non cren 1.000 euros ano ano "unha proposta ridícula" e "asinarían" esa suba. O persoal en folga maniféstase nas cidades.