Mineira de Corcoesto recrúa a vinganza contra a Xunta nun litixio que xa custou 600.000 euros públicos
Denuncia que un intermediario pediu 1,5 millóns de euros a repartir entre Feijóo e altos cargos para levar a cabo o proxecto e pon cifras e nomes á acusación de corrupción de hai dous anos. A Administración leva máis de medio millón de euros gastados na batalla legal contra a compañía.
Volven rachar as negociacións co persoal da Xustiza en folga entre acusacións de "chantaxe" á Xunta
O Goberno galego ofreceu ao funcionariado galego unha suba non lineal de entre 135 euros ao mes e 105, límite que marcara na última xuntanza. "Din que se non aceptamos a cantidade, non nos contan o resto do acordo, é unha chantaxe que non podemos aceptar", retrucan os sindicatos
Adiado o xuízo contra Emilio Cao pola ausencia dunha axente de polícia clave no caso
Suspendida a vista contra o mozo galego acusado de atentado á autoridade nunha mobilización das Marchas da Dignidade. O activista do Carballiño foi apoiado por ducias de persoas que pediron a súa absolución ante os xulgados en Madrid.
António Costa pide que a UE axude a reducir eucaliptos e estender árbores autóctonas fronte ao lume
O primeiro ministro luso responde á eurodeputada Ana Miranda, que reclamou unha política europea coordinada para pór fin aos graves incendios en Galicia e Portugal, e pide unha "nova política agrária que permita adecuar as florestas do sul da Europa às novas condições climáticas”.
O arrastre de cinzas dos incendios de outubro deixan Ribadavia sen auga potable
As correntadas cos restos que a vaga de lume deixou nos montes de Carballeda de Avia provocan un exceso de turbidez que impide inxerila. O alcalde advirte de que "era previsible" e lamenta que a Xunta "non estea a tomar as medidas oportunas" para evitar estes problemas
Feijóo repite táctica e lanza agora os pensionistas contra o persoal de Xustiza en folga
O presidente da Xunta, que lanzara hai un mes a parados e mileuristas contra o funcionariado, emprega agora as mobilizacións de xubilados para atacalo: "Miles de familias piden a actualización da súa pensión ao IPC, e hai sindicatos aos que non lles vale un incremento do 13% no salario".
Os concellos reclaman mellor financiamento na posta en marcha da Axenda Urbana do Eixo Atlántico
Os alcaldes Xulio Ferreiro ou Ada Colau, entre outros, participan no foro sobre os retos futuros das urbes, piden mellores mecanismos para financiar os municipios e reivindican o desenvolvemento "sustentable" e a "cohesión social" como obxectivos fundamentais.
Uns 9.000 fogares galegos quedan sen luz polo paso da borrasca 'Gisele'
Milleiros de usuarios de Gas Natural Fenosa permanecen ou permaneceron sen subministro eléctrico en Galicia, un ano despois de que a Xunta abrise un expediente á eléctrica polos cortes e do que aínda nada se sabe
'A ameaza do cobre', o documental sobre o conflito da megamina en Touro e O Pino
TingaLaranga e Nós TV presentan este mércores un filme que debulla a problemática do polémico proxecto mineiro que provocou un forte rexeitamento social na comarca afectada.
Sen saída á folga na Xustiza galega: Rueda di que as demandas son "inasumibles"
Uns 85 euros mensuais separan agora a Xunta e traballadores, que non descartan recuperar antigas reivindicacións ante a actitude do Executivo nun conflito que suma un mes e unha semana de paro cun seguimento constante por parte do persoal
Alerta en ríos e praias pola contaminación por cinzas dos incendios de outubro
O 'chapapote do monte' apareceu nesta fin de semana en areais do Morrazo e a Consellería do Mar intensifica a vixilancia nas desembocaduras dos ríos Verdugo e Miñor ante a posibilidade da afectación das augas polas fortes chuvias que arrastran sedimentos das zonas queimadas hai cinco meses
'Fútbol da Terra': un percorrido fotográfico polas impresionantes paisaxes dos campos galegos
GALERÍA | O fotógrafo Robert Willemse percorreu durante oito anos centos de terreos de xogo por todo o país, unha experiencia que plasma agora nun libro editado pola Federación Galega e cuxos beneficios irán destinados a dúas asociacións a prol de pequenos con problemas.