"O problema no hospital de Vigo é político; o modelo da Xunta non defende o público"
ENTREVISTA Ángel Cameselle, presidente da xunta de persoal do Álvaro Cunqueiro, insiste na dimisión da conselleira Rocío Mosquera pola xestión nun novo centro "no que o principal é o mercado; todo está feito para que a concesionaria gañe cartos, aínda que sexa a costa dos veciños"
O Sergas afronta denuncias na Fiscalía polo hospital de Vigo, a primeira por "homicidio imprudente"
A Confederación Estatal de Sindicatos Médicos sinala a administración pola súa presunta responsabilidade no falecemento da doente con asperxilo e denuncia que o centro abriuse antes de tempo "para que as concesionarias comezasen a cobrar". A xunta de persoal tamén presentará unha demanda
"O fundamental é construír un suxeito político galego pero é importante que se federe con Podemos"
ENTREVISTA Antón Gómez-Reino, secretario de análise política de Podemos-Galicia, apela á "creatividade" para lograr unha confluencia ás xerais na que "todos se atopen cómodos", pero insiste en manter a marca "por capacidade de intervencíón política, simbólica e tamén demoscópica"
Noriega e Ferreiro reivindican a "rebeldía" e a irmandade das "cidades polo ben común"
Os alcaldes de Compostela e da Coruña participan nun acto que reivindica a "revolución democrática" e aposta pola cooperación dos concellos gobernados por candidaturas de unidade popular tras o 24M. Oito urbes comprométense coa rede de cidades refuxio que impulsa Barcelona
A loita gandeira continúa ao non anunciar a Xunta "ningunha nova medida"
A delegada do Goberno en Lugo transmitiulle aos gandeiros un inminente pacto para garantir un importe mínimo pero a conselleira non achegou novidade ningunha na reunión cos gandeiros que seguen onde a Muralla.
Galicia mobilízase para acoller refuxiados que foxen da guerra de Siria
Logo da iniciativa de Lalín, outros municipios como A Coruña ou Compostela prepáranse xa para a acollida dos demandantes de asilo. A Xunta di que o país podería recibir 300 persoas, cifra mínima que lle correspondería á comunidade co cupo da UE que Rajoy aínda non aceptou
Catro veciños estrean este luns a intervención cidadá nos plenos da Coruña
Unha das participantes será Sonia Hermida, nai dunha nena con diversidade funcional á que o anterior goberno local negou praza nun campamento e á que non se deixou intervir no pleno. O comercio local, as taxas municipais e a vivenda social serán os outros temas a debater este luns
O paro rexistrado baixa en agosto en Galicia, que consolida o emprego temporal e precario
Descende en 2.639 persoas, máis da metade delas incoporadas ao sector servizos pola tempada estival. O 95% dos contratos asinados foron temporais e tan só a metade dos apuntados á oficina de emprego cobra prestación por desemprego.
Máis de 70 incendios queimaron xa 8.500 hectáreas este ano en 50 concellos
O foco de Cualedro arrasou máis da metade de toda a superficie que ardeu no país en Galicia durante o mes de agosto. Desde o pasado maio, 72 incendios importantes afectaron numerosos municipios, especialmente na provincia de Ourense
O sector, expectante ante un difícil acordo que equivalería a fixar prezos mínimos ao leite
O Estado busca un acordo entre todas as partes para detallar o prezo do produto en toda a cadea. Suporía fixar un prezo mínimo de impedir vender a perdas e de aplicarse sancións, demandas que os sindicatos e gandeiros non cren que acepten distribuidores e industria.
A praga da avespa velutina multiplícase por tres e afecta máis de cen concellos
A Asociación Galega de Apicultores advirta de que a situación "empeora" en Galicia, onde o 112 recibe 70 chamadas diarias advertindo da presenza dun niño. Os expertos reclaman "máis medios e máis coordinación" e piden a Medio Rural que acorde medidas cos concellos afectados.
Carlos e Serafín, Ana e Tamara: os galegos que aínda agardan polo indulto
Os tribunais condenaron os catro por ter participado nun piquete durante unha protesta laboral. A súa entrada en prisión está paralizada ata que se resolva sobre unha medida de graza que o Ministerio de Xustiza prometeu estudar tras recoñecer que algunhas condenas eran "desproporcionadas"