Outra denuncia por graves demoras en consultas oncolóxicas en Santiago
A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS alerta dunha demora de máis de inco meses para unha resonancia para detecar metástase nunha paciente, que logo foi citada para seis meses máis tarde para a consulta dos resultados. Atrasos coma este xa foron denunciados ante a Fiscalía.
A Xunta mantense fiel á reválida malia a insubmisión nas aulas e de doce autonomías
Todas as comunidades nas que non goberna o PP insisten en pedir a retirada das probas na ESO e no Bacharelato na Conferencia Sectorial. Galicia pide unha alternativa para os alumnos que suspendan a avaliación final de Secundaria.
Galicia lidera con moito a insubmisión á Lomce que a Xunta atribúe ao "acoso político"
Educación recoñece un 40% de absentismo fronte ás cifras anecdóticas nas outras comunidades con probas e onde non se pasou do 0,3%. O conselleiro culpa dos elevados datos ao "rexeitamento dunha parte do arco político que se infiltrou en determinadas organizacións"
A insubmisión ás reválidas aumenta na segunda xornada
O absentismo increméntase un chisco con respecto ao mércores e volve situarse entre un 70% e máis do 80%, segundo os datos das anpas, mentres Feijóo culpa dos datos ás "campañas de desinformación". Falamos cun director dun colexio que explica o "estrés" que provocan as probas nos nenos.
O rexeitamento ás reválidas medra e aumenta o absentismo en Galicia
As anpas cifran entre o 70 e o 80% o seguimento do boicot ás polémicas probas que impón a Lomce e que baleiraron moitas aulas de 6º de Primaria en Galicia. A Xunta recoñece un 40% mentres toda a oposición pide no Parlamento a paralización da lei Wert.
Vigo e a súa área volven á rúa pola sanidade pública oito meses despois
Outra gran mobilización pide este xoves 12 "recuperar" o Álvaro Cunqueiro e o Meixoeiro para a sanidade pública e denuncia as deficiencias e carencias derivadas da xestión público-privada e dos recortes provocados por "un modelo que prima o negocio".
Así son as reválidas que o estudantado galego de Primaria afronta desde o mércores
Uns 22.000 alumnos de 6º de Primaria están chamados ás polémicas probas esta semana que continuarán cos de 3º a finais de mes entre chamadas ao boicot de boa parte da comunidade educativa. Galicia é unha das comunidades que as realiza tras a negativa de oito autonomías.
Os inspectores de saúde alertan dos recortes e dos riscos da legionella en Galicia
Denuncian que carecen de "estrutura organizativa, medios humanos e materiais axeitados" polos recortes e alertan dos riscos da legionella en Galicia ante a falta de traballadores nun corpo con 40 membros menos que hai dez anos. Irán á folga indefinida a partir do 18 de maio.
A selección galega reborda calidade no seu regreso ante Venezuela
Míchel Salgado e Fran convocan 20 xogadores para a reestrea da Irmandiña na que se inclúen figuras como Denís Suárez, Trashorras, Falque, Iago Aspas ou Lucas Pérez. As entradas para o encontro de Riazor xa están á venda.
Denuncian ante a Fiscalía os atrasos nas consultas oncolóxicas en Santiago
Defensor do Paciente envía unha carta ao fiscal superior de Galicia solicitándolle que actúe ante a denuncia polas demoras de ata oito meses nas revisións de doentes con cancro que "poñen en risco a súa calidade de vida e curación".
Mareas en Común toma a iniciativa para unir de vez as "forzas do cambio" na confluencia
O proceso municipalista convida a quince organizacións -entre elas, Anova, Podemos, EU ou Foro Galego- a participar este sábado no "primeiro paso" para conformar unha candidatura unitaria "capaz de gañar". Parte de Podemos e de Anova manteñen aínda as reticencias á fórmula
O sector servizos absorbe o 60% da habitual baixada do paro en abril
O desemprego descende en 3.644 persoas impulsado pola contratación temporal na hostalería. O mercado laboral segue a minguar ao incrementarse o número de cotizantes en 2.700 persoas menos do que baixa o paro no último ano.