"En vez de levar polo mundo o folclore galego sen axudas, igual deberiamos dicir que somos de Pernambuco"
Xacarandaina fan 40 anos de andaina. E celébrano cun CD recompilatorio de gravacións feitas no 1981, 1990, 2006 e 2018. Un percorrido pola historia da música tradicional galega. Falamos con Quique Peón, director do grupo coruñés, deste disco e da traxectoria de Xacarandaina, a responsable de boa parte das recollas sobre as que se ergueu non só a conservación do baile e a música tradicionais galegos, senón moitas evolucións actuais do folclore cara ao folk
- Entrevista | Ramón Vilar
- Cultura
“O que marca o escenario post-crise é un cambio mental. Asumimos o discurso de que a xente vivía por enriba das súas posibilidades”
As expectativas incumpridas, a aceptación da realidade e, malia todo, a esperanza. Sen chegar á inxenuidade. Así podería condensarse, en poucas palabras, o contido de ‘Un peixe no parqué’, (Xerais), a segunda obra de narrativa de Ramón Vilar Landeira, que é a un tempo novela e libro de relatos
- Entrevista | Carmen V. Valiña
- Cultura
“Ata tempos moi recentes, considerábase que o único papel das mulleres na emigración era o de acompañante de pais, irmáns ou fillos”
A investigadora Carmen V. Valiña vén de publicar ‘Elas, as emigrantes. Mulheres da Terra de Soneira na Suíça’ (ATravés), no que analiza a realidade existente tras as historias que cada verán chegaban á súa comarca desde terras helvéticas
- Entrevista | Manuel Portas
- Cultura
“Ensínasenos a procurar no amor unha sorte de solución a todos os nosos males”
Un grupo de homes e mulleres sen ningunha particularidade aparente coinciden nun curso para recuperar os puntos do carné de conducir. Disto vai ‘Por puntos’, a novela coa que Manuel Portas gañou o XXXVII premio Blanco Amor
- Entrevista | Eduard Velasco
- Cultura
“A literatura faise con palabras, non con historias ou con ideas”
‘Os días felices de Benvido Seixas’ (Xerais) é a primeira novela de Eduard Velasco, autor dos poemarios ‘O filósofo coxo’ e ‘Ruído de trens’, que recoñece que a súa pretensión con esta nova obra era pasalo ben e facer que quen lea a novela tamén o pase ben
- Entrevista | Helena González
- Cultura
"Propoño unha lectura de Rosalía a través das súas figuras femininas"
Conversamos coa profesora Helena González sobre a súa obra ‘Rosalía feminista’. Xa o di ela: non é unha escolma máis, senón un reto. Un convite a tomar un camiño na lectura de Rosalía. Unha senda na que da emoción pode partir a loita contra a opresión do patriarcado.
- Entrevista | Diego Giráldez
- Cultura
“Chegamos a asumir como algo natural que haxa unha panda de psicópatas movendo os fíos”
Tempo despois do libro de relatos ‘Galería de saldos’, Diego Giráldez volve coa que é a súa primeira novela, ‘Hotel para coleccionistas discretos’ (Galaxia)
- Entrevista | Eduardo Estévez
- Cultura
“O problema principal destes tempos difíciles está na ollada dirixida, no pensamento único, na deliberada confusión informativa”
‘[sen-fin]’, (Positivas), o novo poemario de Eduardo Estévez, é un convite a achegarse ao detalle para “descubrir que nas entreliñas do discurso homoxeneizado e dirixido pode estar a información que nos permita entender o mundo desde nós mesmos"
- Entrevista | Antonio M. Fraga
- Cultura
“A novela é unha defensa sen matices do noso dereito a soñar. E non só das crianzas, tamén das persoas adultas”
Antonio M. Fraga vén de gañar o premio de literatura xuvenil da Gala do Libro Galego c'O bestiario científico de Anxos Nogueirosa'. O libro conta dúas historias paralelas: a dun rapaz ao que envían a unhas colonias en Oza e de dúas rapazas, tía e sobriña, que loitan por cumprir os seus soños de aventura e coñecemento
- Con vídeo
- Cultura
Un documental recupera o que pode ser o primeiro documento en galego-portugués coñecido, o Pacto de Irmãos
En 'Pacto de Irmãos' o realizador Rafael Janeiro achéganos, da man da Associaçom Galega da Língua, ao pacto entre Gomes Pais e Ramiro Pais da Silva, conservado entre os fondos documentais da Mitra Arquiepiscopal de Braga e actualmente depositado no Arquivo Nacional da Torre do Tombo, en Lisboa.
- Entrevista | Antón Lopo
- Cultura
“A canto podemos renunciar ou canto somos capaces de asumir polo outro, pola outra?”
Antón Lopo vén de gañar o premio da crítica española na modalidade de narrativa en galego con 'Extraordinario' (Galaxia), que define como novela "antirromántica"
- Entrevista | Ses
- Cultura
“Cada vez me resulta máis ridículo e denigrante o ton moderado da esquerda ante o fascismo e o abuso actual”
Unha reivindicación dos humildes. Do noso dereito a expresarnos e a falar. E un canto á horizontalidade, á igualdade. Iso é, en esencia, Rabia ao silencio, o novo disco de Ses