- Reportaxe
- Cultura
‘En las orillas del Sar’: nin “deserción” lingüística nin obra “post-romántica”, senón mostra da lírica “revolucionaria” dunha “poeta moderna”
Anxo Angueira reivindica na súa edición de 'En las orillas del Sar' (Xerais) este poemario como un "salto definitivo" de Rosalía de Castro cara a literatura moderna europea no que, lonxe de "dimitir" do compromiso con Galicia, malia renunciar conscientemente á lingua galega, amosa o forte "carácter nacional gallego" no aspecto político, social e literario que caracteriza a súa obra.
- Entrevista | Brais Arribas
- Acontece
“É decisivo que a eventual regulación da eutanasia vaia acompañada doutra que favoreza a correcta aplicación dos coidados paliativos”
Brais Arribas é o autor de Sobre a eutanásia. Quando decidir que uma morte é vital, un dos libros da colección Alicerces de Através Editora
- Entrevista | Carme Fouces
- Cultura Pontevedra
“A literatura infantil e xuvenil deixou de ser uns contos con debuxiños para pasar a ser considerada unha linguaxe universal”
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra vén de facer 20 anos. Fíxoo apelando á revolución como eixe temático. Se cadra a palabra algo exaxera, sendo estritos co significado do termo. Mais do que non hai dúbida é de que eventos coma este contribuíron, e moito, a transformar a cidade. Falamos coa concelleira de Cultura, Carme Fouces, unha das principais responsables do impulso do Salón.
- Entrevista | Bieito Iglesias
- Cultura
“O 90% das anécdotas que conto son reais. O que me pasa co realismo é que teño que disfrazalo, estilizalo”
Gumersindo Nespereira ten máis de 90 anos e, aínda que conserva intacto o instinto, tivo que ceder o posto na resolución dos crimes da cidade a investigadores máis novos, coma Benito Marañao. Un personaxe anacrónico que olla a realidade doutro xeito. É o “heroe” de ‘Guías caninos’ (Aira), a novela na que Bieito Iglesias recupera, aínda sendo un personaxe secundario, a Nespereira. Conversamos con el sobre a obra e o conxunto da súa narrativa
- Crónica | Porto
- Cultura
Arrincar os marcos, traspasar a fronteira: as culturas galega e portuguesa abren no Porto unha nova canle de intercambio coa poesía
“Movéronnos os marcos/ e arrasamos a fronteira”. Dicíao Xabier Xil Xardón ao ler un dos seus textos no recital de poesía galega celebrado no Porto na segunda edición do ‘Arrincando marcos’. Non pretendía adiantar as conclusións do evento, mais as súas palabras si poderían, quizais, agoirar o futuro dun intercambio cultural que debería producirse dun xeito tan corrente e fluído que os lindes administrativos chegasen a diluírse. Mesmo ata a desaparición.
- Entrevista | Olga Novo
- Cultura
“A literatura pertence á cáscara estética da linguaxe, pero a vida está máis alá e máis dentro. A Poesía é Amor ou non é nada”
Olga Novo vén de publicar en Kalandraka Feliz Idade, un libro dedicado ao seu pai e á súa filla. Toda unha declaración de amor que ela define como “a condensación no tempo, nunha Idade, do encontro con persoas que fan felices aos demais"
- Crónica
- Cultura
E a poesía non foi milagre, senón verdade: o festival Alguén que respira! seduce o público compostelán e coruñés
A poesía foi verdade ou procura na mesma. Foi mostra de diversidade. De sensibilidade. De empatía. Da forza da palabra e do pensamento. Aconteceu entre Santiago e A Coruña, cun intenso programa coa literatura como centro e coa hibridación artística como filosofía. Chamouse ‘Alguén que respira!’ e xuntou máis de medio cento de poetas, performers, músicos, actrices e actores
- Entrevista | Miriam Reyes
- Cultura
“Xoguei, estudei, deixei falar o inconsciente. Botei man de todo o que tiña para aprender a dicir de novo”
No poemario Sardiña (Chan da Pólvora) recupera, 35 anos despois e a través do seu avó, o idioma que perdera ao marchar aos 8 anos a Venezuela.
O sector do teatro reivindica nos María Casares un futuro cunha liberdade e unha igualdade reais
Os galardóns, que se entregaron este xoves pola noite na Coruña, estiveron bastante repartidos. Commedia, de Contraproducións, levou tres galardóns, entre eles o de mellor espectáculo; e Invisibles, de Redrum Teatro, gañou outros tres, comezando polo de mellor dirección
- Entrevista | Manuel Lógar
- Cultura
“O mar era de todos, e é certo, pero despois do Prestige e da crise parece que xa non é de ninguén”
Entre la ola y la roca chega aos cinemas este venres tras pasar pola Seminci de Valladolid, o Môtif de Alaska ou Cineuropa. Manuel Lógar, o seu director, achégase ao labor dos percebeiros indo máis alá dos relatos sobre a dureza da loita entre o home-heroe e o océano. Falamos con el.
- Reportaxe
- Cultura
Crear canteira, procurar públicos: o Premio de Honra dos María Casares recoñece as aulas de teatro universitarias
“As aulas ensinan a facer teatro, a entender o teatro e a amar o teatro a partir desa comprensión. Saíron profesionais da escena (e do audiovisual), pero sobre todo saíron grandes espectadoras e espectadores. O teatro de base”. Con palabras coma estas resume o director da Aula de Teatro de Ourense, Fernando Dacosta, a función das que este ano serán as homenaxeadas co Premio de Honra dos María Casares: as aulas de teatro universitarias.
Regueiros de memoria percorren Galicia co Festival Atlántica
Atlántica trae este ano contadores e contadoras de Portugal, Xapón, Brasil, Uruguai, Teruel, Euskadi, Guadalajara e Canarias . A historia dunha guerrilleira e o trixésimo aniversario das Leilía, que conversaban cun catedrático de Linguas Mortas, foron protagonistas no inicio do festival