- Entrevista | Noelia Gómez
- Cultura
"Foi a través da escrita como souben aceptar o cambio. Así aprendín a comprender a perda"
A aceptación da perda a través da asunción da idea da vida como tránsito, movemento. A escrita como berce desde o que reconstruírnos. O diálogo coa xenealoxía de mulleres que nos precederon. A mudanza, a transformación do rural e a súa fusión, quizais, co urbano. Son algunhas das ideas arredor das que se artella ‘O xiro’ (Xerais), o primeiro poemario de Noelia Gómez
- Entrevista | Rosario Sarmiento
- Cultura
"A desigualdade existe en todos os ámbitos sociais, e na cultura é exactamente igual"
A crítica e comisaria Rosario Sarmiento realizou o documental ‘Arte+Muller+Galicia’ tras a exposición ‘Mulleres de Silencio. De Maruja Mallo a Ángela de la Cruz’, celebrada no MARCO de Vigo, coma un xeito de deixar pegada -para a historia- deste proxecto, ante a ausencia de catálogo do mesmo. Conversamos con ela
Sesé Mateo: a palabra que resiste a morte
'No camiño do vento' recolle os poemas desta muller, que non chegou a velos publicados tras ser asasinada hai dous anos polo seu ex-compañeiro. Os seus fillos e amizades decidiron que visen a luz, como un xeito de rebeldía e para lanzar a mensaxe de amor e solidariedade que conteñen.
- Entrevista | Carme Adán 8M 2019
- Movementos sociais
“A violencia de xénero non é unha mostra da desigualdade, senón o elemento fundamental da mesma”
“Coñecer algo tan complexo como a violencia que se exerce sobre as mulleres é unha forma clara de tomar partido”. Así o di Carme Adán, autora de ‘Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión. Falamos con Carme Adán deste libro en conexión con moitos debates actuais arredor da violencia de xénero.
- Entrevista | Eva Mejuto
- Cultura
“Por que coñecemos perfectamente a historia de Oscar Schindler e non temos idea do que pasou no noso propio país?”
Houbo unhas Schindler galegas, as irmás Touza, que salvaron dunha morte segura a moreas de xudeus que fuxiron do nazismo por Portugal. Eva Mejuto recrea a súa historia en Memoria do silencio (Xerais)
- Entrevista | Gaizca Project
- Cultura
“Se cadra nós, por estar en Bruxelas, podemos expresar o que a xente no país non ten liberdade para dicir”
Galego, catalán e éuscaro. Gaita, txlaparta e gralla. Inquedanzas semellantes: a defensa das linguas e culturas minorizadas, a liberdade de expresión ou o dereito a vivir no propio país uniron as e os integrantes de Gaizca Project, o Galeusca musical, nacido entre Bruxelas, Manresa e Euskadi da man das galegas Ialma, o catalán Manu Sabaté e o vasco Iñaki Plaza
- Entrevista | Quico Cadaval
- Cultura
"O teatro non debe ser moi asertivo. Ten que convocar o diálogo posterior e non dar respostas"
“Como sería o mundo se o cinema non tivese sido inventado?. Horríbel”. Estas palabras marcan o principio e o final de ‘Carpe Diem’, a primeira montaxe galega dunha obra de Rubem Fonseca. Falamos con Quico Cadaval, que dirixe nesta peza a María Costas, Marcos Vieitez, Víctor Mosqueira e Mon Orencio.
- Reportaxe
- Cultura
Da infancia, da lenda, do paradoxo ou das preguntas sen resposta: guía para vogar entre as curtas finalistas dos Mestre Mateo
A nena azul, Soy una tumba, Limbo, Mouras, Peixes, Beautiful Boy ou Fin de la cita poden estar entre as gañadoras na gala que se celebra este sábado. Falamos coas súas directoras e directores
- Entrevista | Silvia Penas
- Cultura
“Non estariamos, ata o de agora, construíndo paraísos equivocados e conceptos de amor errados?”
‘Fronteira Paraíso’ é á vez un libro de Silvia Penas e un disco de Cintadhesiva, o proxecto poético-performativo-musical que comparte a poeta con Jesús Andrés Tejada. Falamos con ela.
- Entrevista
- Cultura
“Poucas cousas xeran máis benestar pero tamén máis desacougo e dor que as relacións familiares”
Moncha Fuentes presenta 'O mar que nos leva' (Xerais), unha narración compacta e fluída dunha muller que olla para atrás e indaga nos seus estados emocionais ao tempo que conduce ao lector pola historia recente do país
- Entrevista | Chus Nogueira
- Cultura
“A poesía non debe, segundo Xela Arias, ser condescendente nin reflectir falsos equilibrios ou visións edulcoradas da realidade“
A crítica Chus Nogueira afonda na obra de Xela Arias en Poesía reunida (Xerais), que reúne os catro libros publicados pola autora, que indagou nas contradicións do ser humano e da “orde social”, explorando a dimensión social da poesía
Sarria volve erixirse nun dos focos culturais do comezo de ano co Esmorga Fest e a Escolma de Cinema Galego
A cuarta edición da Escolma de Cinema Galego, na última fin de semana de febreiro, e a quinta do festival indie Esmorga Fest, a mediados de marzo, reflicte como dúas citas culturais de orixe diversa están a mostrar que o público existe cando se dá coas chaves para o atopar