A Coruña arde en festas: do Noroeste ao Viñetas na fin de semana máis trouleira
Agosto é o mes da xolda na Coruña e esta fin de semana será un dos epicentros das celebracións, coa coincidencia dos últimos días do Viñetas e do festival Noroeste, entre outras moitas actividades, aínda co latexo da Feira do Libro que se pecha este xoves.
Supercopa Galicia: unha nova competición enfronta os oito campións das copas galegas de fútbol
O Victoria da Coruña, o Sofán de Carballo, o CCRD Perlío de Fene, a SR Calo de Teo, o Atlético Arnoia, o Ribadeo FC, a SD Portonovo de Sanxenxo e mais o Juvenil de Ponteareas loitarán pola primeira edición deste torneo oficial.
A choiva de estrelas fugaces das Perseidas: cen meteoros por hora visibles sen contaminación luminosa
A choiva de estrelas fugaces terá o seu momento álxido esta fin de semana, na noite do 12 ao 13 de agosto, favorecida pola fase lunar, que estará entre minguante e nova. As Perseidas non son outra cousa que diminutos fragmentos do cometa Swift-Tuttle, que cun tamaño inferior ao de grans de arroz, entran na atmosfera a gran velocidade, deixando ao seu paso un rastro luminoso
A primeira detección do 'mosquito tigre' en Galicia activa os protocolos de prevención das doenzas que transmite
Un veciño de Moaña acha os primeiros exemplares en Galicia de 'aedes albopictus' a través da aplicación 'Mosquito Alert'. Este mosquito é potencial transmisor de virus como dengue, chikungunya ou Zika, subliña Sanidade, e por iso require vixilancia. Recomenda "boa hixiene persoal", uso de repelentes e evitar recipientes con auga estancada "durante máis dunha semana"
Búscanse vídeos familiares para dixitalizar e "axudar a reconstruír a memoria colectiva"
O Museo Online de Cine Autobiográfico abre unha nova convocatoria para recibir fitas, dixitalizalas e incorporalas ao seu Arquivo de Cine Doméstico. Alén de preservar e poder visualizar esas imaxes coa calidade propia da tecnoloxía dixital, o arquivo tamén pretende asentar o seu "censo de coleccións" e poñelo á disposición de estudos e proxectos artísticos
A escena musical galega máis actual vai a Foz polo VRAO
Boyanka Kostova, Grande Amore e Malandrómeda encabezan este 12 de agosto o cartel do festival mariñao, que aspira a consolidar a súa segunda xeira mantendo a "identidade de sempre": "pequeno formato, aberto e galego"
- Vídeo
- Cultura
Un documental achégase ao Val do Xálima, un "pequeno país" en Estremadura que fala coma nós
A cooperativa Xarda realizou esta peza audiovisual para RadioFusión Emisoras na que conversa cunha lingüista e dous políticos locais dos Tres Lugaris (Valverdi du Fresnu, San Martiño de Trebello e As Ellas) sobre a realidade actual desta zona -repoboada por galegos e galegas no século XII- e da súa Fala.
15 bibliotecas municipais galegas, premiadas polo Ministerio de Cultura por facilitar o acceso ao libro fóra das cidades
Os Premios María Moliner recoñecen o labor dos concellos de menos de 50.000 habitantes. Nesta edición foron premiados proxectos de Ares, Carballo, Miño, Oleiros, Ortigueira, Ares, Verín, Barbadás, Cenlle, Esgos, Guitiriz, Sober, O Grove, Cambados, Soutomaior e Catoira.
O BNG esixe á Xunta manter a xestión presencial para o depósito obrigatorio das fianzas dos alugueiros de vivenda
Dende o 15 de agosto, o IGVS deixará de xestionar os depósitos das fianzas nas súas oficinas, onde ata agora o persoal asesoraba e mesmo axudaba a encher os formularios. A deputada Alexandra Fernández advirte de que "moitos dos arrendatarios son persoas maiores" con "dificultades" para facer xestións por internet: "Na práctica veranse na obriga de acudir a xestorías privadas polas dificultades para realizar o trámite"
Un cento de velas izadas en Sada celebran a protección do patrimonio mariñeiro
O XVI Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia desprega en Sada ata este 6 de agosto un amplo programa en mar e terra con navegacións, exposicións e visitas guiadas. O evento serve tamén para reclamar "políticas decididas" para preservar a frota tradicional ou oficios como os das redeiras e a carpintaría de ribeira
Vinte anos de festa no SonRías Baixas
Bandas como Lendakaris Muertos, Santa Salut, e Boikot abren este xoves a vixésima edición do festival, que ata o sábado achega a Bueu a bandas e artistas como La Pegatina, Grande Amore, Lamatumbá ou Cool Nenas
A suba salarial ao persoal médico do Sergas que tamén exerce na privada indigna os colectivos a prol da sanidade pública
CIG-Saúde, principal sindicato no Sergas, ve "indecente que Rueda negocie cos lobbies médicos un incremento salarial" que "favorece os intereses da sanidade privada". Rueda defende que o novo complemento salarial responde ao "principio igual traballo, igual salario" e tamén busca "reter profesionais na sanidade pública"