Revogada a autorización de verteduras da mina de San Finx tras meses de incumprimentos por parte da empresa
Augas de Galicia constata que as súas inspeccións detectaron verteduras contaminantes "superiores aos límites autorizados"
Do ensaio ao álbum ilustrado e da poesía á divulgación: as 70 obras candidatas aos premios Follas Novas
Un xurado escollerá as tres obras finalistas por categoría e as gañadoras daranse a coñecer nunha gala no Teatro Principal de Santiago o vindeiro 11 de maio
Galicia-Panamá con Iago Aspas e Lucas Pérez como protagonistas: volve a Selección oito anos despois
A selección masculina de fútbol en categoría absoluta xogará o 31 de maio ante o combinado centroamericano, nunha localización aínda por decidir pero con Balaídos como favorito. Anunciouno este martes a FEG, que nos vindeiros días dará a coñecer o adestrador que dirixirá a Irmandiña
A xuíza arquiva o caso no que a Policía implicou un loteiro de Lugo no atraco ao seu propio negocio
O propietario denunciou que dous atracadores levaran uns 400.000 euros da súa administración de Loterías a punta de pistola. A maxistrada non ve "ningún indicio racional de criminalidade" contra o loteiro e advirte de que os axentes puideron vulnerar o seu dereito á defensa ao tomarlle declaración como denunciante mentres o investigaban como sospeitoso
Os murais urbanos que "melloran as cidades" e dan "proxección mundial", a debate en Lugo
A Facultade de Humanidades do Campus lucense da USC acolle do 10 ao 12 de abril un curso coordinado polas profesoras Elena Cortés e Patricia Cupeiro. Afondará no impacto cultural e socioeconómico dun fenómeno artístico en auxe coa participación de artistas e representantes de institución e empresas que veñen promovendo a súa realización nos últimos anos en distintos lugares de Galicia
Irene Pin, Prado Rúa e O Faiado triunfan no Carballo Interplay
O festival de contidos dixitais Carballo Interplay entregou este domingo os premios da súa undécima edición. O Mercado de Carballo, no corazón da vila, pechou a actividades dunha intensa semana na que destacou o recoñecemento ao talento galego emerxente no ámbito audiovisual e dixital
Cambados celebrou o Día das Artes Galegas dedicado a Asorey, o escultor "da universalidade de Galicia"
A vila acolleu este sábado o acto institucional organizado pola Real Academia Galega de Belas Artes, nunha iniciativa que naceu en 2014 e chega á súa novena edición. Manuel Quintana Martelo e Felipe Senén López destacaron o cambadés como "un escultor imprescindible e un dos grandes artistas galegos do século pasado”
Investigal recorre a convocatoria de estabilización postdoutoral da Xunta, que pecha a porta a quen acadara un contrato fóra de Galicia
O principal programa galego para contratar persoal investigador con tese de doutoramento incorpora un aumento da duración dos contratos ata 6 anos, pero tamén algúns criterios de acceso e avaliación duramente criticados pola Rede Galega pola Investigación, que subliña que "vai contra o desenvolvemento dun sistema investigador galego de primeiro nivel" e mantén a "endogamia" actualmente existente
O 'modo galego', "blindado" para a rapazada de Ames ata 2026
A RAG e o Concello amesán estenden ata o curso 25-26 a colaboración para aplicar o proxecto tras o "moi positivo" proxecto piloto que incluíu, entre outras actividades, unha experiencia de inmersión lingüística en galego para tres mil nenas e nenos
Un home tutelado pola Xunta mata a irmá que o atendía
A familia revela que avisara "insistentemente á Xunta" de que o home, con problemas de saúde mental, "non estaba ben" nos últimos días, nos que amosaba máis "agresividade". A irmá, septuaxenaria e con problemas de mobilidade, leváballe cartos e comida- A Funga, entidade pública responsable da tutela de persoas adultas, acumula evidencias de eivas no seu funcionamento, moitas delas reflectidas en ditames xudiciais
O TSXG conclúe agora que a Xunta non deu a Monbus máis contratos escolares dos permitidos
O Tribunal Superior resolve, en contra das súas sentenzas anteriores, que non poden computarse para o límite legal máximo de 8 adxudicacións os contratos que unións temporais participadas maioritariamente por Monbus lograron en lotes nos que non competiu ningunha outra empresa
O PSdeG acusa a Xunta de "tender un manto de silencio na Lei de Memoria" sen "un euro" que non sexa do Estado
As deputadas socialistas Patricia Iglesias e Paloma Castro propoñen a aprobación dun Plan de Recuperación da Memoria Histórica de Galicia que recolla o testemuño do "Plan de Memoria que deixara en marcha o Goberto de Touriño cun millón de euros", "aniquilado" tras o retorno do PP á Xunta en 2009