A selección de fútbol gaélico: a Galicia que si xoga un Mundial
O combinado galego celebra os seus once anos de existencia no campionato do Mundo de Derry, o cuarto no que participa, do 24 ao 27 de xullo. Busca repetir os éxitos que a sitúan na elite desta disciplina que agromou con forza en Galicia.
Sumar alerta de que Feijóo "é experto en mentir" e que Galicia xa o sabía: "é unha mágoa que as novas cheguen tan tarde a Madrid"
En Vigo, Yolanda Díaz salienta que "os galegos e galegas sabiamos o que Feijóo ía facer" pero amosouse confiada en que a vitoria da esquerda é posible se o 23 de xullo hai unha mobilización importante do voto progresista
Ecoloxistas e mariscadores protestan nas obras da mina de San Finx e denuncian xudicialmente un alto cargo da Xunta
Ecoloxistas en Acción presentou esta semana unha denuncia penal contra a Directora Xeral de Desenvolvemento Rural, sinalando que a instalación dun tubo de drenaxe na mina forma parte "dunha obra pública contratada pola Consellaría para o asfaltado dunha estrada local", o que podería constituír "un delito de malversación de caudais públicos e prevaricación"
O BNG acusa o PP de "dinamitar" a política social de vivenda e pide a cesión gratuíta dos inmobles da Sareb
Pontón advirte que o Bloque reclamará poder ofertar esas vivendas "en alugueiro a prezos accesibles" e acusa a Feijóo de "mentir con total descaro" sobre a súa política de vivenda en Galicia.
Besteiro sinala o "varado" Porto Seco de Monforte como mostra do "desprezo de Feijóo e Rueda á Galicia interior"
"O Goberno de Pedro Sánchez puxo a provincia de Lugo no mapa das infraestruturas, de onde o borrara o PP", mantén o cabeza de lista do PSdeG lucense ao Congreso en encontros con varias empresas de Monforte
O fotógrafo galego Xan Padrón expón no metro de Nova York 'Time Lapse', que rexistra "a beleza da vida cotiá" das cidades
A obra, que se pode ver na céntrica e icónica parada de Bryant Park, é un proxecto iniciado en 2011, no que o artista ourensán tira durante horas imaxes dun mesmo punto dunha urbe, recollendo as persoas que por alí pasan.
- Video
- Ciencia e tecnoloxía
Un vídeo sobre o cero e os infinitos gaña o certame de 'Explícoche Matemáticas' para promover o uso do galego nas ciencias
O concurso de vídeos didácticos organizado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas da USC busca promover a utilización do galego como medio de transmisión das matemáticas
Unha tese da USC afonda nos novos incendios resultado do cambio climático: máis frecuentes, rápidos e erráticos
Na súa investigación, Martín Senande Rivera constatou o aumento significativo na velocidade de propagación do lume por causa da redución da humidade dos combustibles asociada ao aumento da temperatura. Alerta, así mesmo, de que o número de días con risco de piroconvección profunda -que poden provocar unha expansión errática dos incendios- podería aumentar significativamente no sur de Europa
Pontón apela ao voto feminino: "Cada escano do BNG é un menos para Feijóo aliado cos que negan a violencia machista"
O Bloque coida que en Galicia sorprende menos que Feijóo "cruce toda as liña vermellas" nos pactos coa extrema dereita: "Coñecémos ben o candidato do PP, é o mesmo que financiaba a Red Madre antiabortista e os colexios do Opus que segregan por sexo"
Rueda fai promoción de axudas a regantes da Limia cun evento da Xunta en campaña e o PSdeG anuncia accións legais
Malia ao veto legal aos actos nos que os gobernos enxalcen os seus "logros" en período electoral, a Xunta organizou a sinatura dun convenio cos regantes nun acto público en Xinzo no que Rueda subliñou o "investimento importante" da Xunta no proxecto ante un panel coa lenda "2,5 millóns de euros". "Vestiron a sinatura dun convenio administrativo da Xunta cunha comunidade de regantes nun mitin electoral do PP" para "comprar vontades en plena campaña", acusan os socialistas
'O gran reto': a webserie que retrata o día a día da mocidade neofalante
A asociación Alingua impulsa esta serie na que se pode contemplar a transición ao galego de tres protagonistas de Noia, Ourense e Narón e que forma parte da campaña ‘É túa. Pásaa!’.
Os apicultores galegos gastan case 600 euros anuais en loitar contra a velutina, que reduciu un 20% os seus beneficios
O estudo foi realizado polo grupo Ecoagrasoc do Campus Terra da USC, en Lugo. O persoal investigador aproveitou tamén o proxecto Atlantic Positive para avaliar a incidencia desta especie invasora no sector vitivinícola.