Xornalistas Galegas recompila boas prácticas en informacións con perspectiva de xénero ás portas do 8M
Xornalistas Galegas xunta máis de medio cento de pezas xornalísticas publicadas no último ano que, din, amosan como é posible "empregar o xornalismo como ferramenta contra o machismo". No caso de Praza.gal, a recompilación inclúe catro traballos de Ana G. Liste
A Semana Galega de Filosofía chega a 40 edicións e reflexiona sobre o tempo acelerado e os seus efectos
O Teatro Principal de Pontevedra acolle do 1 ao 5 de abril unha nova entrega do encontro organizado pola Aula Castelao, coa participación de Ana Carrasco, Xurxo Mariño, Ana de Miguel Álvarez, Alicia Puleo, Yolanda Castaño, Fina Birulés ou Franco Berardi
A casa de Barbie en Lugo
O MIHL acolle ata o 1 de maio a mostra 'Barbie: cine e moda', con case duascentas edicións limitadas da boneca que "amosan tendencias" na vestimenta, pero tamén "cambios culturais e sociais"
A música galega toma Bruxelas por un día na segunda edición do festival Emigrason
Ataque Escampe, Catuxa Salom, Grande Amore, Lontreira e The Rapants actuarán en La Tricoterie o sábado a partir das 16.30 horas. O venres será a quenda de Aldaolado e dunha foliada a cargo de Alumea.
Os centros de ensino, lonxe de ser "espazos seguros" para o alumnado LGBT
A investigadora Estrella Ramil realizou un informe a partir das enquisas realizadas a 503 alumnos e alumnas e 74 docentes a través do proxecto Xeración Contrainfo da ONGD Agareso que revela que o 81% do alumnado que declara pertencer ao colectivo LGBT sufriu algunha agresión.
O sector pesqueiro retoma as protestas contra a eólica mariña un ano despois de aprobarse os plans
A Plataforma en Defensa da Pesca e dos Ecosistemas Mariños anuncia mobilizacións en Galicia, Asturias e Canarias neste mes de marzo.
A portuguesa 'Um caroço de Abacate', premio Marieta á mellor curtametraxe no Norte Cinema Diverso
O festival de cine LGTBIQ+ coruñés premiou a fita lusa como a mellor entre as 14 presentadas ao certame.
O PSdeG acelera os cambios: primarias o 7 de abril e o 27, congreso para renovar a dirección
O aínda secretario xeral socialista, Valentín González Formoso, anuncia a celebración dun congreso extraordinario durante o Comité Nacional que o partido celebrou en Santiago, apoia a Besteiro e pide "estabilidade" e afondar "no proxecto de país e no perfil galeguista" da formación.
Condenados a meses de cadea catro responsables da empresa de seguridade Alcor por vulnerar dereitos dos traballadores
A firma, con sede en Monforte, esixía ao persoal asinar documentos en branco e condicións laborais ilegais "abusando nalgúns casos da súa situación de necesidade"
Ética xornalística e ollada de xénero: 'As mulleres que opinan son perigosas', outra volta en Pontevedra
Ana G. Liste, xornalista de Praza.gal, será unha das relatoras da sétima edición do encontro, que se celebra en Pontevedra os vindeiros 15 e 16 de marzo
Ábalos rexeita dimitir e o BNG quere que o Congreso investigue tamén as compras na pandemia da Xunta de Feijóo
Os grupos tentan adaptar aos seus intereses as pescudas políticas polo denominado caso Koldo, a presunta trama de comisións na venta de material sanitario pola que foi detido un asesor do ex-ministro Ábalos, que se nega a dimitir como deputado
Unha galería virtual permite 'pasear' pola Bienal de Pintura do Eixo Atlántico dende a casa
A mostra, que reúne unha escolma de 25 obras de artistas de Galicia e Portugal, foi inaugurada en Lugo en novembro. Despois de percorrer Braga, Bragança e Maia, poderá verse en Ribeira en maio e posteriormente estará en Monforte en outubro