De Curros Enríquez á 'Santa': o escultor Francisco Asorey protagoniza a edición 2024 do Día das Artes Galegas
A Real Academia Galega de Belas Artes anunciou este luns que o cambadés será o homenaxeado o 1 de abril do vindeiro ano. Asorey “é a significación da escultura galega contemporánea, un escultor imprescindible e un dos grandes artistas galegos do século pasado”, destaca Manuel Quintana Martelo, presidente da RAGBA
Nova Escola Galega: catro décadas de defensa do ensino público e a renovación pedagóxica
Esta fin de semana Nova Escola Galega celebrou no Museo do Pobo Galego o seu 40 aniversario cun programa de actividades que incluíu un congreso, a presentación do relatorio Nova Escola Galega ante o tempo presente da Educación: retos e propostas e a lectura do manifesto O modelo de educación pública que defendemos.
O 18% das vivendas de Galicia superan os niveis máximos de radon recomendados pola OMS
O Laboratorio de Radon de Galicia, dependente da USC, levou a cabo máis de seis mil medicións en inmobles galegos. Ourense é a provincia máis afectada cun 23,2% de fogares que superan o límite establecido, seguida de Pontevedra, co 21%
"Cando goberna a dereita, Lugo perde": Besteiro fai campaña de alta montaña nunha circunscrición clave para o PSOE
A dirección federal do PSOE sitúa Lugo entre as provincias decisivas para decidir se as xerais se inclinan á esquerda ou á dereita. Neste caso, a clave é o cuarto escano da circunscrición, que aspiran a que siga sendo o segundo para os socialistas. "A Xunta ten as competencias, pero foron os socialistas quen se comprometeron coa veciñanza para manter vivo este legado", afirma Besteiro nas pallozas de Piornedo, no Concello de Cervantes
- Documento
- Economía
Construtoras e inmobiliarias lideran a lista de morosos galegos á Facenda
O ex-banqueiro Mario Conde mantense como un dos maiores debedores, con 6,3 millóns, nunha listaxe con poucas variacións en canto ás empresas de Galicia incluídas.
'Milkchain', o código QR que permite saber de onde vén o leite que estás a tomar
Leite Río presenta un sistema de trazabilidade que "certifica" o orixe do leite con só escanear o código presente no envase. "Non é só leite: estamos protexendo unha forma de vida e estamos creando un vínculo entre o consumidor e o produto que consome", destaca Carmen Lence, CEO do Grupo Lence
🔊 Fálase | A loita das enfermeiras non cesa e unha conversa distinta con Ana Pontón
No novo episodio do Fálase, o podcast informativo de Praza.gal conducido por David Lombao, coñecemos máis da reivindicación das Enfermeiras Eventuais en Loita tras unha nova protesta masiva nas oposicións do Sergas celebradas a pasada fin de semana. No espazo de VINTE, con arrecendo a verán, sabemos da conversa con Ana Pontón no Café Derby 21, viaxamos ao Porto e escoitamos músicas para a calor
'Run Baby Run': a discriminación de xénero no deporte chega ao teatro
Un espectáculo onde o feminismo é unha cuestión trasnversal e que busca romper estereotipos de xénero na nosa sociedade desde a escena. 'Run baby run', escrita por Fátima Delgado e dirixida por Jana Pacheco, é unha coprodución do CDG co Teatro Español e terá a súa estrea en Santiago en outubro
Terceira anulación xudicial dun contrato de transporte escolar da Xunta por mor do "dominio" de Monbus
O TSXG anula a adxudicación dunha ruta escolar por 2,3 millóns a unha unión de empresas "dominada ao 97% por Monbus porque, no conxunto do concurso, foron "superados os límites de adxudicación permitidos" a unha mesma compañía. Estas sentenzas chegan despois de que o propio TSXG ordenase a Competencia da Xunta sancionar a Monbus e Alsa por "repartirse o mercado" de adxudicacións
O Goberno de España aproba tres novos permisos para a conciliación que decaeran polo adianto electoral
Inclúe un permiso de coidado de cinco días ao ano, outro "por causa de forza maior" para os pais e outro parental de oito semanas. O Executivo central prorroga a rebaixa do IVE de alimentos e as axudas ao transporte público.
Indianos, fósiles ou o día a día dun gandeiro: Barreiros presenta as súas novas visitas guiadas
Comeza o programa de visitas guiadas Barreiros queda en ti, organizado polo concello a través de cinco intinerarios gratuítos que permiten coñecer mellor o territorio, o patrimonio material e natural e tamén a actividade gandeira.
40 anos impulsando as artes escénicas desde Cangas: "A Mostra de Teatro é un xeito de vivir, crear e relacionarse"
A Mostra de Teatro Internacional Cómico e Festivo de Cangas celebra os seus 40 anos ata o 8 de xullo con medio cento de eventos: 14 días de teatro, danza, coloquios, presentacións e exposicións, todo arredor das artes escénicas e do humor.