Un artigo de Xosé María Torres sobre os boticarios galegos publicado en Praza.gal, galardoado co Premio Albarelo
O Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña entregou a 23º edición do seu premio xornalístico Albarelo, que recoñece traballos que tratan temas relacionados con este ámbito sanitario. O farmacéutico de Ortigueira recibiu un dos dous accésit.
Besteiro inclúe os másters no compromiso do PSdeG de facer gratuíta a primeira matrícula universitaria
O candidato do PSdeG considera "realista e viable" a medida que faría de balde o primeiro ano universitario e dos mestrados e para a que calcula un custo total de 22 millóns de euros.
Unha app moderniza a plataforma de préstamo de libros electrónicos GaliciaLe, con 14.000 títulos e 17.000 usuarios en 2023
A Xunta uniformiza a imaxe dos carnés da rede galega de bibliotecas e habilita unha modalidade dixital para poder empregar tamén no préstamo presencial de libros
Meirama e As Pontes contarán con cadanseu nó de transición enerxética para os futuros proxectos renovables
Transición Ecolóxica inicia a consulta pública para tramitar o concurso do nó de transición xusta de Meirama e anuncia a futura poxa tamén nas Pontes, cuxa subestación está prevista para 2026. Besteiro e Formoso gábanse das súas xestións co Goberno central para "traer postos de traballo a Galicia, o que é incapaz de facer Rueda".
Pontón promete 12.000 vivendas públicas en alugueiro en oito anos a través da compra de pisos baleiros
A candidata do BNG salienta que a súa proposta "supón multiplicar por catro" o actual parque de vivendas públicas para garantir o dereito a un fogar
A RAG presenta a programación ao redor de Luísa Villalta para as Letras: "a súa voz insubornábel merece ser coñecida"
Os actos centrais do 17 de maio celebraranse na Coruña, onde a poeta naceu e viviu e á que dedicou moitos dos seus textos. Será un pleno extraordinario e público no que intervirán Ana Romaní, Margarita Ledo e Manuel Rivas. Nas vindeiras semanas a Academia publicará contidos para a rapazada e unha serie documental que afonda na figura e na obra da homenaxeada
SOS Sanidade Pública chama a saír á rúa este domingo contra a "mala xestión" sanitaria da Xunta
A plataforma convoca a unha marcha en Santiago "pola sanidade que queremos e merecemos" e ante a "deterioración" da atención sanitaria en Galicia.
O programa sanitario do BNG para o 18F contempla ampliar as consultas de saúde bucodental na atención primaria
A candidata do BNG promete que o Sergas realizará limpezas, empastes, cambio de pezas ou de dentadura antes de que remate a lexislatura. Pontón defende que o Bloque traballará para "avanzar cara ao que debería ser normal" no sistema sanitario galego, que é "que as persoas sexan atendidas na primaria sen lista de espera"
O Concello de Santiago protexe un mural que Lugrís pintou nun restaurante hoxe convertido nun '100 Montaditos'
O Goberno local busca garantir "por razóns de interese público" a protección in situ do mural, que data de 1954, o derradeiro exemplo dos que o Lugrís pintou en Compostela que aínda se conserva no mesmo lugar para o que foi pensado, algo "que lle engade máis valor á obra"
Alcoa inicia o rearranque da planta na Mariña e preséntase a fondos da UE tras ameazar co peche
A multinacional conecta as primeiras cubas logo de anunciar a intención de atrasar o proceso para a volta á actividade, demandar axuda das administracións e advertir de "decisións difíciles".
Pontón promete para o agro un programa de compra pública de produtos galegos
A candidata do BNG anuncia tamén un tícket rural dotado con 15.000 euros anuais e rebaixas nas cotizacións dos emprendedores para impulsar proxectos innovadores no sector agrogandeiro.
Besteiro promete priorizar o AVE Vigo-Porto-Lisboa, “esencial para a nosa economía”
O candidato socialista á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, interveu este domingo nun acto político en Redondela, diante de 300 persoas, onde lamentou que Galicia perde “moitos cartos e oportunidades económicas” polo pouco peso político do candidato do PP.