Greenalia carga contra o TSXG polo seu criterio á hora de paralizar parques eólicos: "Crea inseguridade xurídica"
O Superior ditamina que a petición de informes sectoriais debe tramitarse antes da fase de información pública, doutrina que a empresa considera contraria á lei de avaliación ambiental e causante de "importantes perdas" económicas. A compañía presentou unha recusación, que foi rexeitada, contra o maxistrado Luís Villares.
Físicos galegos do CERN afondan na explicación de por que hai máis materia que antimateria no universo
O equipo LHCb do Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN) vén de dar a coñecer "resultados sen precedentes" sobre o fenómeno da violación da simetría CP (paridade de carga). Neste traballo participa persoal investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE), centro mixto da USC e da Xunta.
Miles de enfermeiras tinguen de negro as oposicións en protesta polas súas condicións laborais
Case nove mil persoas participaron no exame en Silleda, moitas delas vestidas de negro seguindo a convocatoria lanzada por Eventuais en Loita. O colectivo denuncia as súas "precarias condicións de traballo" pola acumulación constante de contratos por días ou semanas ou pola falta de dereitos laborais.
O aval do Supremo a ENCE non frea a mobilización social: centos de persoas marchan en Pontevedra "por un futuro para a ría"
A marcha convocada pola APDR defendeu un ano máis "un futuro sen ENCE na ría". A entidade confía aínda en decisións xudiciais que impidan a prórroga concedida ata o ano 2073 polo goberno de Mariano Rajoy, inicialmente anulada pola Audiencia Nacional pero posteriormente recuperada polo Tribunal Supremo.
O grupo de mercenarios Wagner detén o avance de tropas cara a Moscova no seu desafío a Putin
A rebelión foi iniciada por Yevgeni Prigozhin, xefe do grupo Wagner, que ordeou este venres pola tarde a entrada das súas tropas na cidade rusa de Rostov, sede do mando militar sur. Dende as primeiras horas deste sábado os soldados de Prigozhin dirixíronse cara á capital do país ata que a media tarde a mediación do presidente Lukashenko conseguiu que regresasen ás súas bases
Os operarios tardan catro horas en retirar as 60 toneladas de lixo que a celebración do San Xoán deixou nas praias de Nigrán
O pasado ano as medidas postas en marcha polo concello e a concienciación da cidadanía permitiran que o areal amencera sen lixo, pois o 95% das 20 toneladas xeradas fora depositado pola xente nos colectores. Este ano en praia América, entre Panxón e Lourido, xuntáronse máis de 60.000 persoas, tres veces máis que en anos anteriores. O alcalde anuncia "novas medidas" para o 2024.
A Xunta consuma os cambios na FP que para os sindicatos favorecen a "privatización" e o ensino "low-cost"
A Consellería de Educación publicou este o xoves a versión definitiva do catálogo para o curso 2023/24, coa conversión de ciclos presenciais na modalidade a distancia. CIG e CCOO denuncian tamén "o fomento da FP dual" e o incremento da oferta en centros concertados e privados.
O persoal das ambulancias acorda ir á folga durante cinco días en xullo
As asembleas de traballadores acordan convocar paros o 6 e 7 de xullo e logo os días 19, 20 e 21 do mesmo mes ante o "inmobilismo" da patronal na negociación dun novo convenio.
O TSXG anula adxudicacións de transporte escolar da Xunta a unións de empresas por estar dominadas por Monbus
Os xuíces conclúen que nos dous lotes se vulnerou o número máximo de contratos que poderían adxudicarse a cada licitador porque as compañías do grupo tiñan unha presenza “moi significativa” en ambas UTE
Un manifesto pide votar o BNG "fronte á involución" nas xerais do 23X
O historiador Dionisio Pereira, o escritor Henrique del Bosque Zapata e o editor Antón Mascato, entre os promotores do manifesto que sinala a "utilidade de concentrar o voto no BNG" tamén como "antídoto contra o avance da extrema dereita"
No San Xoán, fouciña na man: as herbas e flores coas que lavar a cara na mañá do día 24
Son moitas as persoas que manteñen a tradición de recoller plantas para -co orballo da noite máis curta do ano- lavarse con elas ao día seguinte.Fiúncho, Fento macho, Codeso, Abeloura ou Herba de San Xoán, Malva, Romeu e a Herba Luísa son algunhas das especies máis empregadas, pero hai moitas outras
Gastronomía, lume novo e Fillas de Cassandra para o primeiro Arde Lucus internacional
Xunto ás novidades non faltan os clásicos do Arde Lucus: das vodas e bautismos celtas ao mercado e os campamentos romanos e castrexos das asociacións locais que impulsan a festa xunto ao Concello