O PPdeG terá 14 dos 19 representantes de Galicia no Senado
Aos 12 senadores que sumaron os populares tras as eleccións xerais haberá que sumarlles dous que lle corresponen pola designación que fai o Parlamento autonómico, que outorga un ao BNG. O PSdeG queda con catro.
- Política Ao vivo
23X | O escrutinio supera o 90% con Pedro Sánchez en condicións de seguir gobernando malia á primeira posición do PP
As deste domingo son as primeiras eleccións xerais tras a COVID, o primeiro exame electoral directo para o primeiro Goberno de España de coalición da esquerda dende a II República, o primeiro test estatal para o PP de Feijóo á fronte das dereitas. E tamén uns comicios clave para o futuro político de Galicia e mesmo para a data dos seguintes comicios galegos
- Galería Xerais 23X
- Política
A calma da reflexión antes da tempestade do voto
Candidatos e candidatas aproveitan a xornada previa aos comicios para seguir amosándose en público pero xa sen poder pedir o voto
Titiriberia enche Rianxo de monicreques ata o 30 de xullo na súa oitava edición
O festival aposta este ano pola descentralización con actuacións en diferentes escenarios, parroquias, centros sociais e praias da localidade.
Os dous primeiros líderes de Podemos Galicia apoian o BNG, que ve "o grupo galego forte ao alcance da man" o 23X
Breogán Riobóo e Carmen Santos piden o voto para o Bloque xunto a representantes do mundo da cultura xunto a Ana Pontón, que sinala que o voto á formación soberanista é o "orgullosamente galego, libre e sen complexos" nas eleccións xerais do domingo
Formoso, reelixido presidente da Deputación da Coruña, pon o foco en combater o despoboamento rural
Encara o seu terceiro mandato consecutivo nun novo goberno de coalición entre PSdeG e BNG e márcase como principal propósito “vencer o reto poboacional e demográfico” e revitalizar as zonas rurais con políticas de benestar e conciliación.
A Xunta promete incoar "este mes" o expediente para declarar BIC o Museo Carlos Maside
Este luns o museo reabriu as súas portas despois de sete anos pechado. O proceso para a declaración como Ben de Interese Cultural fora iniciado no ano 2010 polo Parlamento galego. A declaración afectará ao edificio deseñado por Andrés Fernández-Albalat e tamén ás pezas artísticas do seu valioso fondo
A Xunta usou fondos europeos para cubrir parte do salario de profesorado fixo de centros de Infantil e Primaria
O Programa FSE+ Galicia 2021-2027 foi empregado para financiar o 60% dos custos de persoal de atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. CIG-Ensino considera "totalmente improcedente" que se use unha subvención da UE "para sufragar parte dos salarios de profesorado estrutural" e Educación xustifica que "aproveita todas as convocatorias de fondos para seguir potenciando un ensino de calidade".
Feijóo di que o PP "sempre" subiu as pensións co IPC malia non ser certo e cuestiona unha xornalista de TVE por evidencialo
"Sempre revalorizamos as pensións conforme ao IPC", afirmou o ex-presidente e candidato do PP. Ao ser matizado pola xornalista Silvia Intxaurrondo cos datos correctos de 2012, 2013 e 2017, retrucoulle que non sabe "de onde saca iso"
Día 10 | A campaña máis mariñeira, un manifesto en apoio de Sánchez e apelacións a "concentrar o voto"
BNG e PSdeG celebraron os seus principais actos en localidades litorais, aproveitando a Festa do Carme. Destacados militantes socialistas difundiron un texto en defensa do presidente do Goberno ante os ataques recibidos pola dereita. O PP chama á "unidade do voto" de dereitas e Sumar presentou as súas medidas en materia de vivenda
Atlantic Sunset: un proxecto para afondar no potencial turístico dos solpores galegos
A iniciativa, coordinada polos profesores da USC Ángel Miramontes, Jorge Mira e Rubén Lois busca promover a contemplación do solpor "como unha forma de turismo única, sustentable e integradora do Espazo Atlántico". Vén de obter un millón de euros de financiamento no marco do programa Interreg Espazo Atlántico 2021-2027.
Día 9 | Alertas contra "o regreso dos recortes" do PP e chamamentos ao "voto rebelde" da mocidade
O PSdeG advirte de que a “verdadeira ameaza non é Vox”, senón que o PP chegue ao goberno para reeditar os “recortes e privatizacións dos gobernos de Aznar, Bárcenas, Rato e Feijóo en Correos". Tamén Sumar alerta dos recortes e a censura en cultura. O BNG, pola súa banda, pide "concentrar" o voto "inconformista" das persoas máis novas.