Expocidades, na procura dun turismo centrado na natureza, o patrimonio e a gastronomía para Galicia e o norte de Portugal
Ata o 10 de setembro os visitantes poderán coñecer en Valongo, na área metropolitana de Porto, os lugares de interese das cidades do Eixo Atlántico, así como os seus produtos gastronómicos
As comunidades denuncian o "ataque frontal" da Xunta á propiedade veciñal do monte
Para a ORGACCMM, a reforma da lei de montes veciñais en man común busca "eliminar o carácter xermánico da titularidade veciñal para converter as terras comunitarias en titularidades de carácter privado e así poidan ser acaparadas por intereses empresariais alleos a veciñanza comuneira"
Sargadelos pecha o Museo Carlos Maside en resposta á petición de Sada de ampliar o BIC á fábrica
Segismundo García, administrador único do grupo, acusa os partidos que apoian a proposta de estender a declaración a todo o complexo de Cerámicas do Castro de "enciclopédica ignorancia en asuntos mercantís".
Persoal denuncia unha agresión sexual nunha residencia pública de Vigo e pide "máis medios"
O comité de traballadores de Política Social advirte da presunta agresión e lamenta que se ingresen persoas con patoloxías psiquiátricas nos centros de maiores sen os recursos axeitados para atendelas.
Rueda secunda a Feijóo e pide a Sánchez que cese a Yolanda Díaz por reunirse con Puigdemont
O presidente da Xunta acusa a ministra de entrevistarse "con toda cordialidade" cunha "persoa prófuga da xustiza" e coincide co seu antecesor no cargo en reclamar o seu cesamento.
O 'castellum' romano de Touro: unha campaña arqueolóxica afonda nas orixes dun xacemento "único"
O Castrillón é un pequeno recinto fortificado con "características únicas en Galicia" que os investigadores cren que podería tratarse do primeiro castellum da época romana documentado na Galicia occidental.
Tarxeta de ata 500 euros e gratuidade dos libros: BNG e PSdeG piden medidas ante o inicio de curso "máis caro"
Ana Pontón propón a "activación urxente" de axudas de entre 250 e 500 euros para familias con rendas inferiores a 12.000 euros per cápita. Socialistas e nacionalistas insisten en recuperar o sistema de gratuidade dos libros de texto do que renega a Xunta.
Unha ducia de temas para recuperares se desconectaches no verán
Seleccionamos algunhas das principais pezas que publicamos en Praza.gal durante xullo e agosto para que, se queres, poidas poñerlles un ollo agora, sen présa
Sés, Fillas de Cassandra ou Séchu Sende celebran a ‘resistencia cultural’ no Festival de Poesía do Condado
Cita coa cultura este sábado en Salvaterra do Miño. A clásica cita poético-musical do Condado contará este ano com Sés, Dakidarría, Fillas de Cassandra, Marga do Val, Séchu Sende ou Fermin Muguruza, entre outras, para celebrar os 50 anos de resistencia cultural da Sociedade Cultural e Desportiva do Condado.
Rueda gaba que a proposta de Urkullu de máis autogoberno estea "enmarcada na Constitución"
O popular di que "o obxectivo da Xunta e o meu como presidente é evitar desigualdades entre territorios"
O lehendakari pide máis autogoberno para Euskadi, Galicia e Catalunya cun novo "pacto territorial"
Iñigo Urkullu lembra os 90 anos de Galeusca, "unha proposta construtiva, cunha visión de futuro para un novo modelo de Estado"
A plataforma contra a mina de San Finx denuncia que o río ten niveis de cadmio 78 veces superiores aos permitidos
Reclaman á Xunta que inicie un expediente sancionador e insisten en considerar ilegal a autorización de vertido outorgada en febreiro polo Goberno galego