O IDEGA alerta de que a "proliferación" de pisos turísticos pode "ameazar" a sostibilidade urbana e pide regulalos
O Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC presentou este xoves a edición 2022 dos seu informe sobre a economía galega, no que destaca a mellora do emprego ao abeiro da reforma laboral e unha vez superados os efectos da pandemia pero no que pon o foco nas posibles eivas derivadas da multiplicación de vivendas de uso turístico.
"Voute preservar, miñoca!": a UVigo dialoga ao redor dos videoxogos en galego e a arqueoloxía dixital
A Universidade de Vigo organiza este venres unha xornada que xira ao redor dos videoxogos en galego e a arqueoloxía dixital e con protagonismo, ademais, para o Son Goku da TVG e Dragon Ball Z.
A Xunta autoriza a caza de xabarín sen límite de exemplares en 248 concellos para controlar a súa poboación
O Goberno galego declara dende este sábado e ata o 25 de febreiro a emerxencia cinexética temporal en 37 comarcas, que abranguen máis do 80% do territorio. É a terceira vez que se aplica este instrumento
Condenado a dous anos de cárcere un profesor de Pontevedra por bicar unha alumna sen o seu consentimento
A Audiencia Provincial declara ao home culpable dun delito de agresión sexual. A rapaza, de 15 anos, acudira a unhas clases particulares.
Os 'Bacelos de Prata' recoñecen a aposta comercial pola lingua galega de Leite Noso e a Adega Tapias Mariñán
Dende o ano 2004 entréganse estes galardóns para "premiar o esforzo" daquelas empresas que utilizan a lingua galega na etiquetaxe e publicidade dos seus produtos. A 15ª edición incidiu no valor de "levar o noso idioma con orgullo" aos mercados.
BNG e PSdeG auguran un curso complexo por "recortes" da Xunta e prometen recuperar a gratuidade dos libros de texto
Os nacionalistas reclaman que se cree xa unha tarxeta de axuda ás familias e os socialistas apuntan ao efecto sobre o problema demográfico do peche de aulas nas vilas máis pequenas
O alcalde de Ourense denuncia o editor de La Región por unha presunta agresión ás portas do auditorio
Pérez Jácome asegura que foi golpeado ás portas dun concerto e fontes do diario acusan o rexedor de provocar.
340 persoas suicidáronse o pasado ano en Galicia, a maior cifra dende o 2016, mentres se demandan "accións preventivas"
Galicia é un dos territorios do Estado, xunto con Asturias, cunhas taxas de suicidio máis elevadas, moi por riba da media española. Cada ano as entidades profesionais e sociais ligadas ao coidado da saúde mental fan fincapé en que os suicidios son "evitables". As novas Unidades de Prevención do Suicidio atenderon xa máis de 1.500 persoas.
Formoso avala o "diálogo" do PSOE con Junts para lograr a investidura de Sánchez e critica o "cinismo" de Feijóo
O líder do PSdeG reitera que haberá primarias para elixir o candidato á Xunta: "Non prevemos ningún outro escenario".
De Chantada á Pontenova: dous médicos para 8.000 pacientes, un para 2.000 habitantes
A falta de profesionais nos centros de saúde volve provocar as denuncias de persoas usuarias. CIG-Saúde cualifica a situación de "caótica".
- 📺
- Política
Nace #CódigoAna, a canle na que Pontón charla con referentes sociais
A portavoz nacional do BNG lanza "un novo formato de comunicación" no que conversa con protagonistas de diferentes ámbitos sociais nun diálogo "franco e distendido" sobre "temas que interesan e preocupan á cidadanía".
CIG-Ensino acusa colexios do Opus de saltar a lei e pide á Xunta que vixíe que non segregan alumnado por sexo
O sindicato advirte que os catro centros, que lograron 74 concertos da Xunta tras obrigalos a Lomloe a non segregar, só ofertaron matrícula mixta en primeiro de Primaria, alegando que no resto de cursos as prazas xa estaban cubertas.