ADEGA critica a "irracional" aposta da Xunta pola caza do lobo, principal depredador do xabarín
"Onde hai lobo, non manda xabarín", lembra a entidade, que destaca que as zonas nas que o Goberno galego non decretou a emerxencia cinexética que permite cazar xabaríns sen límite coinciden coas de maior presenza de mandas de lobos.
Youtubeiras volve coa súa sétima edición e afonda na súa aposta pola diversidade
O proxecto para fomentar a creación en galego consolídase e repartirá 7.500 euros en galardóns entre as persoas gañadoras de oito categorías.
Traballos de exhumación en Carballo buscan os restos de catro homes asasinados por pistoleiros franquistas
Este martes comezaron no cemiterio de Bértoa os traballos, realizados pola ARMH, nun proceso que nos últimos anos foi demorado pola inicial negativa do Arcebispado de Santiago a conceder autorización
Unha andaina a Ortoño o 12 de outubro celebrará cunha festa popular o centenario do Seminario de Estudos Galegos
O 12 de outubro de 1923 un grupo de estudantes da USC camiñou entre Compostela e a Casa de Rosalía en Ortoño (Ames) nun acto simbólico que significou o nacemento desta institución científica. Na véspera da celebración, os días 10 e 11, terá lugar no CCG o congreso Saber de nós: Cen anos do Seminario de Estudos Galegos
As xogadoras da selección española de fútbol, obrigadas a acudir á convocatoria baixo a ameaza de sancións
A pesar de pedir non ser convocadas ata que haxa máis cambios na Federación, están a acudir á cita ante a ameaza de ser duramente sancionadas, en base á Lei do Deporte, con multas entre 3.000 e 30.000 euros e a suspensión da súa licenza federativa por un período entre 2 e 15 anos
Piden a eliminación de 124 símbolos franquistas aínda existentes en Ferrolterra, Eume e Ortegal
Manuel Monge presentou un escrito para colaborar na redacción do Catálogo de elementos contrario á memoria democrática que está a elaborar o Ministerio de Presidencia. O informe detalla máis dun cento de elementos e honras en once concellos.
Feijóo critica o uso do galego no Congreso nun acto en Santiago no que se erixe en defensor da "igualdade dos españois"
O ex-presidente da Xunta cualificou a posibilidade de empregar no Congreso linguas distintas do castelán como "o absurdo do pinganillo”, defendendo que "todos temos a maneira de entendernos perfectamente"
O BNG advirte de que o seu voto favorable á investidura de Sánchez dependerá de que este "cumpra" con Galicia
Nunha xunzanta da Executiva nacional da formación con cargos institucionais, Ana Pontón subliña que non dará un “cheque en branco”. O Bloque anuncia que levará ao Parlamento un fondo de rescate hipotecario para axudar ás miles de persoas "que viven afogadas" e agora teñen que facer fronte a un novo incremento dos tipos de interese
Sánchez retruca ao PP dende Sigüeiro: "España non rompe, España bocexa ante a descomunal perda de tempo de Feijóo"
O presidente do Goberno en funcións interviu en Oroso na Festa Socialista de Galicia, na que participaron máis de 2.500 militantes, onde cargou contra as acusacións dos populares. O secretario xeral do PSdeG, González Formoso, alertou de que "a ultradereita xa está na Xunta".
O estudo de restos galegos certifica que a actividade baleeira causou a extinción de dúas especies no Atlántico europeo
A investigación analizou 719 mostras procedentes de 12 países. Entre elas había varias procedentes de Galicia, grazas á colaboración de CEMMA. A actividade baleeira no Atlántico europeo causou a extinción de dúas especies: a balea franca do Atlántico norte e a balea cincenta
A Oficina de Dereitos Sociais de Coia pecha despois de 16 anos de traballo "para comezar outras loitas"
A entidade viguesa naceu en 2007 como espazo de información sobre dereitos sociais. Pero fixo moito máis: traballou na visibilización e na denuncia das situacións de empobrecemento e serviu para artellar "respostas colectivas fronte ao capitalismo". Remata a súa actividade tras "uns últimos cursos con menor actividade e forzas" pero chama a atoparse en novos movementos: "sabedes quen somos e onde atoparnos"
35 asociacións da cidade de Vigo presentan as 'Brigadas veciñais' ante o “estado de abandono total de barrios e parroquias”
A Federación de Asociacións de Veciños Eduardo Chao (Favec) lanza unha iniciativa de autoorganización e denuncia de problemáticas que afectan a distintos lugares do termo municipal e para as que esixen do Concello unha solución