Os premios aRi[t]mar celebran, con récord de participación, a mellor cultura galego-portuguesa do ano
Na gala, que terá lugar este martes en Compostela, recibirán o seu premio e actuarán Fillas de Cassandra e o grupo portugués Retimbrar, cos que colaborou Uxía. No apartado poético os galardóns son para a galega Arancha Nogueira e a lusa María Isabel Fidalgo. Ademais, recoñécese o labor da Associação Jose Afonso na promoción da amizade entre os dous pobos.
As entidades culturais do país homenaxean Xaquín Marín como "cronista gráfico da Galiza popular"
O Teatro Jofre de Ferrol acolleu un acto organizado por Galiza Cultura. A responsable do Museo do Humor de Fene, Almudena Marcos, o debuxante e grafista Siro López Siro, a pedagoga Pilar Sampedro e o deseñador Pepe Barro interviron nunha gala conducida por Quico Cadaval
Besteiro confirma que se presenta as primarias do PSdeG para ser candidato á Xunta
"Podo confirmar oficialmente que estou en disposición de presentarme a ese proceso", asegurou no Parlamento, onde asiste como convidado ao último debate de política xeral da lexislatura
Dereita e extrema dereita protestan contra a amnistía nunha marcha que xuntou a Feijóo, Ayuso ou Abascal
O ex-presidente da Xunta non ocupou a cabeceira da marcha e evitou a foto co líder de Vox nunha mobilización na que o ex-alcalde da Coruña Francisco Vázquez foi un dos protagonistas.
O OUFF despide a súa "mellor edición" con outra homenaxe ao cine galego e a 'O Corno'
Jaione Camborda recibea Calpurnia Xacobeo á Mellor Película e o Premio á Mellor Dirección na sección galega dun festival que homenaxeou a Loles León, que lembrou o seu papel en 'Sempre Xonxa' hai 34 anos.
- 📺
- Cultura
'Saber Galiza': o documental que narra a historia do Seminario de Estudos Galegos está de estrea
A peza de Nós Televisión pretende "unha viaxe ao longo do territorio e do tempo para divulgar a sabedoría, o legado e o arquivo do Seminario de Estudos Galegos, descoñecidos para a meirande parte das galegas e dos galegos".
A última proposta de Educación para reducir horas lectivas e alumnado non contenta aos sindicatos
A Consellería propón reducir o horario lectivo dos docentes de 25 a 23 horas semanais en Infantil e Primaria e reducir o número de estudantes a 20, progresivamente, desde o vindeiro curso. CIG-Ensino considera a proposta unha "chantaxe" e pide unidade sindical para convocar unha folga.
Aki Kaurismäki gaña a Calpurnia á Mellor Película no OUFF
O director finés obtivo o galardón principal do Festival de Cine de Ourense con Fallen Leaves. Ademais, La Memoria Infinita, de Maite Alberdi conseguiu o Premio Carlos Velo á mellor Dirección e o Premio Especial do Xurado. Ourense acolleu tamén a entrega dos Premios María Luz Morales de ensaio e videoensaio sobre o audiovisual, que foron para Ivan Villarmea, Juan Ares, Manuel Iglesias e Miguel Casaseca e Víctor López
Sonia Villapol abre o San Froilán cun pregón en defensa da ciencia, o persoal sanitario e as "raíces frondosas" da diáspora
A neurocientífica nacida na Pastoriza inaugurou as festas cun discurso no que destacou que "a ciencia trae saúde, alimenta o coñecemento e disipa os medos. Beber dela danos alentos e esperanza" e no que pediu que Galicia lle abra as portas aos galegos e galegas que viven fóra.
O exoesqueleto que permite camiñar a crianzas con parálise cerebral ou atrofia muscular próbase na Coruña
Esta tecnoloxía pode mudar o paradigma da rehabilitación das patoloxías neuromusculares na infancia.
Comezan as festas do San Froilán, as máis belas do outono galego
As celebración ábrense este mércores coa lectura do pregón a cargo da neurocientifica Sonia Villapol e continuarán ata o vindeiro 12 de outubro. Ducias de concertos, actividades infantís e, por suposto, polbo, converten a cidade de Lugo na capital da festa en Galicia
As pezas do antigo museo do Seminario de Estudos Galegos xa se poden ver online grazas ao Museo do Pobo
Trátase dun conxunto de materiais que o Museo custodia dende a súa creación en 1977 por expreso desexo de persoas que foran membros do Seminario, como Xaquín Lorenzo ou Antonio Fraguas. Son as primeiras fichas visibles da colección en liña do MPG, que irá aumentando a medida que avancen os traballos de documentación e catalogación