A Xustiza paraliza a construción do parque eólico Acibal polo descubrimento de restos arqueolóxicos
A Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia adoptou a medida cautelar solicitada pola asociación ecoloxista Adega de suspender as obras de construción do parque eólico Acibal (Amil, Moraña) autorizadas pola Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Xunta de Galicia. A medida ten como consecuencia a paralización inmediata das actuacións polo descubrimento de restos arqueolóxicos.
As universidades galegas comezan a mobilizarse en solidariedade con Palestina
Este xoves está convocado o inicio dunha acampada no Campus de Elviña da UDC e Erguer impulsa unha Asemblea Aberta en Compostela para decidir futuras accións, que se unen ás concentracións xa programadas para o vindeiro martes nos campus universitarios das sete cidades galegas.
Mulleres á fronte! Unha investigación participativa documenta creadoras musicais entre as migrantes de Galicia e Cabo Verde
A investigación, coordinada pola profesora da USC Luzía Oca, pon o foco nas mulleres vinculadas coa música e outras artes escénicas, con base na potencialidade das artes en canto ferramentas de intervención para a transformación social. Quere apoiar, ademais, o proceso de valorización do batuko que se está a desenvolver en Cabo Verde.
Volven os martes de cinema a 2 euros para maiores de 65
Na primeira edición de Cine Sénior, que logrou "incrementar un 49% a asistencia ás salas os martes", adquiriron as entradas a prezo reducido case 17.000 maiores de 65 anos en Galicia
David Trueba e María Vázquez, protagonistas dun Festival de Cans que homenaxeará a Kepa Junkera
A 21ª edición do certame celebrarase nesta parroquia do Porriño do 21 ao 25 de maio. Proxectarase o filme As Neves de Sonia Méndez, a preestrea de Alumbramiento de Pau Teixidor ou a retrospectiva internacional do colectivo Société Acéphale. Ademais, estrearase a sección Cineherdanzas, que descubrirá por vez primeira o legado fílmico de Carlos Asorey
Artes feministas Polas Bravas en Chantada
Tras o éxito no seu nacemento en 2023, o "primeiro festival feminista da provincia de Lugo" volve os días 24 e 25 de maio cun cartel diverso no que músicas como as de Caamaño e Ameixeiras ou EME DJ se combinan con poesía, circo ou teatro
A solidariedade galega con Palestina non cesa, agora cunha campaña viral que leva a protesta ao espazo público
Unha acción de arte de guerrilla está a pegar pequenas imaxes de kufiyas (o tradicional pano palestino) nos sinais de tráfico e no mobiliario urbano de distintos lugares de Galicia. Este luns, ademais, tiveron lugar concentracións en 30 cidades e vilas galegas, dando continuidade a un movemento de denuncia iniciado hai case sete meses.
Bird Brother: a vida (dos lagarteiros) en directo desde a Casa (Grande de Xanceda)
O IES de Curtis e o Grupo Naturalista Habitat están a retransmitir o aniñamento dunha parella de lagarteiros da que en breve se agarda que nazan seis crías
A Xunta impulsa unha nova lei para os medios públicos tras unha década de incumprimento da anterior
O Goberno galego pide ideas para unha futura Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisual para a sociedade dixital coa que adaptará á UE a normativa xa existente pero sen concretar se mudará o sistema de elección da dirección da CRTVG
A familia Franco afirmou residir na Casa Cornide para evitar abrila ao público como esixe a lei
A condición do edificio como Ben de Interese Cultural obriga os herdeiros do ditador a abrila un mínimo de catro días ao mes durante catro horas ao día. Porén, os Franco argumentaron que empregan o inmoble como residencia, alegación que foi rexeitada pola Xunta, pois a casa practicamente non ten mobles.
A FEGAMP urxe á Xunta a actuar ante a praga de moscas que afecta a vinte concellos
O cambio climático, as elevadas temperaturas ou a alteración do medio natural, entre as posibles causas da inusual proliferación de moscas comúns en localidades de toda Galicia
Casares, referente do PSdeG no Parlamento Europeo, repite na lista socialista do 9X
Besteiro aplaude que o PSdeG vaia "seguir contando cun extraordinario eurodeputado", en cuxo labor na lexislatura que remata destacan fitos como ser o relator da Eurocámara na reforma do mercado eléctrico. Lorena Guerra e Elba Veleiro son os outros nomes galegos na lista europea do PSOE, que encabeza Teresa Ribera