O inicio de execucións hipotecarias sobre vivendas aumenta un 21% en Galicia mentres cae un 4% na media estatal
O país rexistra 197 execucións de hipotecas no segundo trimestre de 2022, 105 delas en vivendas propiedade de persoas físicas. Non todas as execucións acaban en lanzamento, isto é, en desafiuzamento, fenómeno que en todo caso segue sendo moito máis abondoso en vivendas alugadas
O Sergas incorpora a vacinación universal contra o virus do papiloma, a meninxite B e a gripe para a poboación infantil
A vacina contra o virus do papiloma humano ata agora só se administraba ás nenas aos 12 anos e a partir de agora tamén se dará aos nenos desa idade
Unha investigación da USC revela unha posible relación xenética entre a COVID-19 e o cancro
Un traballo publicado na revista Journal of Infection detalla as "evidencias moleculares" detectadas e apoia a hipótese que relaciona o SARS-CoV-2 e o cancro de endometrio severo. Os investigadores composteláns sinalan que “isto non demostra unha relación causal" pero apuntan a que, de confirmarse en novos estudos, "o impacto na saúde pública mundial sería enorme”.
Descobren en Moaña a 'ermeloíta', un mineral descoñecido ata agora no mundo
Investigadores da USC acharon no monte Ermelo do Morrazo o novo material, que vén de ser oficialmente recoñecido pola International Mineralogical Association como nova especie. Trátase do cuarto mineral que se descobre en territorio galego na historia, despois dos achados da morenosita, a cervantina e a bolivarita, todos eles a mediados do século XIX.
Diminúen as probabilidades de que o furacán 'Danielle', convertido en borrasca, afecte a Galicia de forma importante
O fenómeno meteorolóxico foi perdendo forza no seu lento desprazamento cara ao nordés e a partir do xoves terá a condición de tormenta tropical, situado moi ao norte. En calquera caso a previsión do tempo para os vindeiros días é de inestabilidade, ceos anubrados e chuvias intermitentes.
O Concello de Lugo aposta por Tik Tok para sensibilizar contra a trata e a explotación sexual de mulleres
Abre o prazo para a presentación de vídeos curtos que traten calquera tema relativo ao tráfico de mulleres con fins de explotación sexual: proxenetismo, vulnerabilidade da muller prostituída, normalización aberrante do consumo da prostitución... Os dous mellores obterán un premio económico.
O persoal da CRTVG esixe a dimisión da dirección de informativos pola súa "deriva ideolóxica" e "manipulación"
O comité intercentros amosa o seu "fastío" ante os novos episodios polémicos do Telexornal, que considera "un ataque sen precedentes ao servizo público", e reclama a marcha de oito responsables de información e contidos da TVG.
A Comisión Europea promete estudar as denuncias de Adega contra megaparques eólicos
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, anunciou un “seguimento exhaustivo” das denuncias que a Dirección Xeral de Medio Ambiente se comprometeu a analizar "con atención".
Unha peza do Telexornal da TVG volve indignar a persoal e oposición por "facer seguidismo da ultradereita"
Defende A Galega, BNG e PSdeG denuncian a "deriva desinformativa e manipuladora" da televisión pública logo de limitar unha nova sobre exhumacións a unha pregunta dunha canle de ultradereita que cuestionaba a ministra Belarra que non acudise a "ver os españois que morreron a mans dos comunistas".
Compañías de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Navarra intercambian teatro, danza e novo circo no Camiño Escena Norte
Ames, Arzúa, Carballo, Lugo, Santiago de Compostela, Vilalba e Viveiro acollerán a representación de oito espectáculos escénicos de compañías asturianas, cántabras, vascas e navarras entre o 10 de setembro e o 9 de outubro
A Xunta aplica un desconto do 50% nos buses interurbanos e o Estado anuncia a gratuidade do tren Santiago-Ourense
A rebaixa nos bonos multiviaxe aplicarase tamén no transporte na ría de Vigo, no tren de proximidade en Ferrolterra e nos buses urbanos de Pontevedra e Ferrol.
Atopan en Ribadeo restos dun barco que axudaba os peregrinos a cruzar a ría no século XIII
Os investigadores atoparon os restos dunha nave, duns 7 metros de lonxitude e probablemente datada entre os séculos XI e XIII, que podía transportar ata vinte persoas. Continúan, ademais, os traballos no pecio do Galeón San Giacomo di Galizia, co que se busca avanzar no coñecemento da construción naval da Coroa Española do século XVI, dado o seu excelente estado de conservación