O BNG pon en marcha un consello asesor para o deseño do seu programa electoral
Ana Pontón di que presentará "un programa ambicioso, transformador e realista que deseñe a Galiza das próximas décadas, mellore a vida das persoas e deixe atrás o declive dos gobernos do PP"
O PSdeG critica que a Xunta promova "cruceiros polo Mediterráneo cando a xente o está a pasar realmente mal"
O secretario de Organización dos socialistas galegos considera "unha boa noticia para Galicia" a investidura de Pedro Sánchez e pide a Rueda que deixe a "estratexia da crispación" de Feijóo e Ayuso
Culturgal expándese a Vigo con vontade de "medrar" e Jaione Camborda, Leilía ou Bernardo Atxaga como protagonistas
Culturgal contará por vez primeira con dúas sedes, nunha ampliación que "anticipa unha liña de traballo que continuará en futuras edicións, nunha procura tanto de novos públicos como de axeitarse ao mapa do país"
A enfermaría volve á rúa para denunciar o "uso abusivo de contratos precarios" no Sergas
Centos de enfermeiras mobilizáronse en oito hospitais galegos en demanda de melloras nas súas condicións e contra a xestión laboral da Consellería de Sanidade.
O profesorado mantén a presión contra o acordo educativo antes da manifestación deste domingo
Centos de docentes, convocados por CIG, STEG e CSIF, concéntranse nas sete cidades e reclaman a Educación que "rectifique e escoite as necesidades que ten o ensino público" e aprobe "melloras reais".
A SGHN reclama que a gaivota sexa considerada "especie vulnerable" en Galicia ante o descenso do 80% da súa poboación
As 30.260 parellas reprodutoras existentes no 2001 no Parque Nacional das Illas Atlánticas pasaron a ser unicamente 6.360 o pasado ano. A entidade, que cualifica a situación de "catastrófica", alerta de que mesmo se dan as condicións para ser considerada en perigo de extinción
O TSXG recoñece o dereito dos traballadores a permisos para as clases de preparación ao parto
Os maxistrados din que é un dereito de conciliación que "non pode ter carácter sexuado", pero pola contra rexeitan o dereito a asistir aos exames médicos prenatais, que considera exclusivamente feminino
Premio Dolores Ben a Tereixa Navaza, voz "imprescindible" do xornalismo galego
A AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) entrega este martes a segunda edición deste galardón de honra, que recoñece á xornalista e activista social compostelá, que dende os anos 70 se converteu "no primeiro rostro da televisión en galego" que foi pioneira nunha profesión ata entón moi masculinizada
Bombeiros forestais reclaman mellores condicións e que o persoal de seis meses traballe máis tempo
A CIG denuncia que os fixos descontinuos que só traballan seis meses "non chegan nin ao limiar da pobreza".
Campañas do 25N: as que deixan atrás o negro e as que "chaman as cousas polo seu nome"
As institucións lanzan cadansúa campaña de difusión con motivo do 25N. Destaca a do Concello de Santiago, que este ano enche de cor os seus carteis, despois de aposta polo negro dende o 2015. Ou a do Concello de Pontevedra, que incide en que unha vítima da violencia machista non 'morre', senón que é 'asasinada'. A Deputación da Coruña pon o foco nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno.
O PP reúne en Galicia milleiros de persoas en protesta contra a formación do novo Goberno progresista
Nas manifestacións, apoiadas tamén por VOX que se celebraron na Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense escoitáronse berros contra Sánchez e Puigdemont. Grupos máis reducidos dirixíronse posteriormente ás sedes locais do PSdeG.
Patrimonio, radio e lazos coa Lusofonía: o modelo de Ponte nas Ondas esténdese por 20 novos centros de ensino
A Consellería de Educación lanzará unha convocatoria aberta a todos os centros de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, que incorporarán de xeito experimental as prácticas da entidade, recoñecidas hai un ano pola UNESCO como exemplo internacional. Ademais, do 16 ao 18 de novembro a asociación organiza en Ourense congreso sobre Patrimonio inmaterial e educación coa participación de expertos mundiais.