O Facom Fest, un espazo para a creatividade da Galicia que vén
A USC acolle do 27 ao 30 de novembro a segunda edición do festival, unha proposta que naceu o pasado ano, impulsada polo alumnado de 4º de Comunicación Audiovisual, e que busca crear un espazo onde o estudantado poida dar a coñecer as súas obras, poñendo en valor o traballo e creatividade da xuventude do país.
O xulgado arquiva o incendio nun edificio de Vigo no que morreron unha muller e os seus tres fillos por non ver intencionalidade
O informe policial atribúe a orixe do lume aos empalmes irregulares realizados no cadro eléctrico do edificio
A xornalista de Praza Ana G. Liste gaña o Premio Sesé Mateo cunha reportaxe sobre o seguimento telemático na violencia machista
A xornalista de Praza Pública Ana González Liste é a galardoada este ano co III Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético, que promove o Concello de Redondela, pola súa reportaxe sobre a vida das mulleres galegas vítimas de violencia de xénero que contan con seguimento telemático por parte da policía, publicada en febreiro deste ano.
As Pontes para e clama por unha "transición xusta" e un futuro "con emprego"
Unhas 2.000 persoas saíron á rúa para protestar contra o "desmantelamento industrial" nunha xornada de folga xeral parcial de "amplo seguimento", segundo a CIG. Alcanzado un pre-acordo para que o persoal das auxiliares de Endesa se encargue do pre-desmantelamento da central.
Sumar Galicia rexístrase como partido coa ollada na "xanela histórica" das próximas eleccións autonómicas
O politólogo Paulo Carlos López será o portavoz de Movemento Sumar Galicia, formación que se declara "autónoma" e federada á plataforma estatal que lidera Yolanda Díaz. Dará a coñecer nos vindeiros días a súa comisión promotora.
'De Fronte' contra as violencias machistas na festa e no ocio nocturno
A campaña da Deputación da Coruña para este 25N incide na sensibilización do público más novo e céntrase nas violencias machistas en contextos de lecer. Un acto institucional, accións de rúa, vídeos e 14 obradoiros para a mocidade son algúns dos elementos da iniciativa.
O Galiverso: un paseo polas rúas do vello Portomarín asolagado baixo o encoro de Belesar
Dende este martes pode visitarse na Cidade da Cultura esta instalación, que permite facer unha viaxe virtual á vila desaparecida grazas ás 40 mil fotografías que un veciño realizou xusto antes do asolagamento.
Viggo Mortensen fala galego e a poesía enche auditorios: o actor protagonizou o ciclo Poetas Di(n)versos
Mortensen, autor dunha decena de libros, recitou en galego un dos seus poemas na sesión celebrada este luns na Coruña dentro do ciclo, organizado polo Concello en colaboración con Yolanda Castaño. O actor compartiu escenario co ceense Xosé Iglesias ante as máis de 530 persoas que enchían o Auditorio do Ágora
Comunidades de montes galegas e baldíos portugueses unen forzas para defenderen o monte veciñal
A Organización galega de Comunidades de Montes (ORGACCMM) e a Federaçao Nacional de Baldíos-BALADI celebraron en Mos o IV Congreso europeo de Áreas Comunitarias e reclamaron que a UE recoñeza esta titularidade veciñal e comunal para que conste esta especificidade na súa política agraria medioambiental e de desenvolvemento rural
'Imaxes do patrimonio': fotografías que achegan ás novas xeracións actividades e persoas doutro tempo
Esta fin de semana Ponte nas Ondas deu a coñecer, no marco do congreso internacional 'Ponte entre escola e sociedade', os gañadores e gañadoras da sexta edición do certame, no que participaron ducias de centros de ensino da Galicia e Portugal.
- Galería Escola pública
- Política
Mestres e mestras maniféstanse por unha baixada do número de alumnos por docente e a eliminación de burocracia
Profesionais convocados por CIG, STEG e CSIF protestan en Santiago contra o acordo asinado hai un mes entre a Xunta e CCOO, UGT e ANPE, que consideran insuficiente
'Da Barraca á Aula': os títeres como preservadores do patrimonio inmaterial
A Asociación Morreu o Demo bota a andar unha nova xeira do seu programa didáctico Da Barraca á Aula. Unha vintena centros de ensino, espazos de atención á terceira idade e asociacións terán obradoiros de creación e manipulación de monicreques e acollerán cursos de formación na arte dos títeres, exposicións sobre o legado titiriteiro e encontros e proxeccións