O Porto da Coruña e o Concello de Vigo, os que máis fondos Next Generation recibiron en Galicia
A Autoridade Portuaria coruñesa é a sétima entidade que máis fondos comunitarios de recuperación recibiu no Estado, cuns 107 millóns, segundo a lista dos 100 maiores perceptores publicada polo Goberno central. Os municipios de Vigo, Ourense e A Coruña aparecen tamén na listaxe, na que se exclúen as comunidades autónomas.
Dios Ke Te Crew celebra 20 anos de rap en galego cunha 'tremenda' festa
O colectivo ofrece este sábado o concerto Tremendos Anos 20, que comezará ás 19.30 na Sala Capitol e rematará de madrugada na Sala Malatesta, acompañados doutras 18 bandas e solistas do país: Malandrómeda, Grande Amore, Boyanka Kostova, Leo i Arremecághona, Vituco Neira (Ruxe-Ruxe) ou Santino e Guillerme (Quempallou)
O PSOE proxecta aínda máis a Besteiro para a batalla das autonómicas
Os socialistas traen a Galicia a súa conferencia política en xaneiro, a pouco das eleccións galegas, e sitúan o candidato á Xunta á fronte da Comisión de Transportes do Congreso. Lara Méndez, alcaldesa lucense, suxire a Sumar que non se presente nas provincias de Ourense e Lugo.
"Galiza sen Gas": a plataforma contra o carbón refúndase para pular polo abandono do gas fósil
'Galiza, un futuro sen carbón' convértese en 'Galiza sen Gas' tras o "enorme logro climático" que supuxo o peche das centrais térmicas das Pontes e Meirama e advirte que "o atraso na transición enerxética fai que boa parte do oco deixado polo carbón na produción eléctrica sexa ocupado polo gas fósil".
Álvaro Gago e María Vázquez, finalistas dos Goya por 'Matria' e Janet Novás por 'O Corno'
Matria opta a dous premios nas categorías de mellor dirección novel e de mellor actriz protagonista e a protagonista de O Corno opta ao galardón á mellor actriz revelación. Ademais, El sueño de la sultana é finalista na categoría de mellor longametraxe de animación e To bird or not to bird na de mellor curtametraxe de animación. Tamén é finalista Xoel López na de mellor canción polo seu tema 'Eco'.
"Fala baixiño" para que a veciñanza de Compostela poida descansar
O Concello de Santiago vén de reactivar a campaña, cunha nova imaxe gráfica que bota man da estatua das Marías, co obxectivo de "fomentar a convivencia, o respecto ao descanso da veciñanza e a toma de conciencia sobre os comportamentos individuais á hora de divertirnos".
Enreguéifate: máis madeira para impulsar o galego na mocidade a través da improvisación oral
A sétima edición do certame impulsado polos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra, Santiago e Teo, abre o prazo de envío de propostas, en paralelo á realización de 80 obradoiros en centros de ensino
Outes, primeiro concello do Estado en recoñecer os dereitos dun río
Unha declaración outorgará ao río Tins desde o dereito a non ser contaminado ou danado por actividades humanas ata o dereito á protección e conservación, dentro dun proxecto de para a súa recuperación, renaturalización e integración ao seu paso polo núcleo urbano.
O TSXG paraliza cautelarmente outro parque eólico que a Xunta autorizou cunha tramitación pendente de revisión no Supremo
O alto tribunal galego cre que o parque Campo das Rosas, entre Campo Lameiro, A Estrada e Cerdedo-Cotobade, foi autorizado do mesmo xeito que o de Corme que anulou hai case dous anos, sentenza que o Supremo ten pendente revisar
Teatro do Noroeste e Clara Gayo recuperan 'As damas de Ferrol', unha comedia negra en clave feminista
A obra de Eduardo Alonso, que xa fora representada pola compañía hai dúas décadas, actualízase nunha nova montaxe que se estrea este venres e sábado no Teatro Jofre de Ferrol, protagonizada por Mónica Camaño e Casilda Alfaro como protagonistas e música orixinal de Chefa Alonso
"Pokemon", "Transformer", "Drogadicto": o TSXG avala sancionar un profesor de FP por desconsideracións graves ao alumnado
O tribunal ratifica a suspensión de funcións durante ano e medio a un docente tanto por falta inxustificada de rendemento como polo seu trato ao alumnado
Un 25N contra a 'espiral de violencia' que leva a un récord de denuncias e de chamadas ao 016 en Galicia
Este sábado celébrase o Día Internacional para a erradicación da violencia contra as mulleres, con actos institucionais -a maioría tiveron lugar este venres- e unha trintena de concentracións e manifestacións do movemento feminista galego. Nos últimos 20 anos 68 mulleres foron asasinadas en Galicia polas súas parellas e exparella e casa día preséntanse máis de 20 denuncias por violencia machista no noso país.