O alcalde da Guarda, do PP, cobrou 3.800 euros de máis da Deputación de Pontevedra e atribúeo a "un erro"
O popular devolve os cartos que ingresou durante varios meses por asistencia aos plenos da Deputación malia que tamén conta cun soldo de deputado con dedicación exclusiva que o fai incompatible
O TSXG mantén a suspensión cautelar da mina de Penouta tras rexeitar os recursos de Xunta e empresa
A paralización desta explotación de ouro negro provocou a unión de empresa, sindicatos e partidos contra a decisión do Superior, que agora rexeita os recursos de Xunta e da mineira e insiste en que a tramitación do proxecto omitiu a avaliación dos impactos sobre a Rede Natura.
O comité apela agora ao Consello de Administración para deter a "manipulación" na CRTVG
A representación do persoal insta o órgano xestor dos medios públicos a deter un control político da información que "cada vez vai a máis" e advirte dos nulos avances para a creación do Consello de Informativos e da "irrelevancia" da Radio Galega.
Oito concertos para "cantar a nación" e conmemorar o 116 aniversario da estrea do Himno Galego
O vindeiro mércores 20 de decembro Vía Galega e Galiza Cultura organizan oito recitais nas sete cidades galegas e mais en Arzúa nos que se celebrará a efeméride e se reivindicará o "texto fidedigno" do himno.
Pontón defende ante dúas comisarias da UE máis axilidade na xestión dos fondos europeos e maior participación dos concellos
A líder do BNG quere utilizar máis recursos comunitarios para a innovación e combater o despoboamento
Ronsel de Futuro: unha viaxe á rede de museos da provincia de Lugo
A webserie documental percorre os catro museos da Rede Provincial: Museo do Mar, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, Pazo de Tor e Museo Provincial de Lugo, a través dos artistas, colectivos e asociacións vencelladas á propia rede. Entre o 14 e o 27 de decembro haberá seis presentacións en Santaballa, Parada de Courel, Barreiros, Lugo, Meira e Monforte
- Datos Escola pública
- Acontece
Máis do 9% do profesorado do ensino público en Galicia é interino
Un estudo de CIG-Ensino a partir dos datos de Educación debulla a situación dos máis de 30.000 docentes. A central sindical tirará destas cifras para reclamar á Xunta unha oferta de emprego público coas prazas necesarias "para reducir a taxa de interinidade total por baixo do 5%".
Galicreques amplía a súa actividade cun proxecto europeo que afonda na diversidade a través das artes escénicas
O festival levará entre decembro e xaneiro aos concello de Teo e Santiago unha investigación teatral conducida por Nauta. Posteriormente, amosaráselle ao público as conclusións escénicas deste laboratorio artístico a través de diferentes sesións de exhibición
Nove entidades sociais viguesas reclaman a Xunta e Concello medidas para garantir o acceso á vivenda
As entidades demandan o incremento progresivo do parque mínimo de vivenda destinado a políticas sociais, incluído o alugueiro social, e un calendario para acadar a media europea do 15% de vivenda social do parque municipal de vivendas en Vigo. Reclaman tamén ao concello que solicite á Xunta a aplicación do control de prezos de alugueiros en zonas tensionadas
Centos de persoas mobilízanse por montañas sen "especulación" e sen eólicos
No Día Mundial das Montañas, que se celebrou este domingo, a A Coordinadora 'Eólica Así Non' convocou -baixo o lema “Defendemos as montañas contra os gobernos e especuladores”- seis mobilizacións en Amil (Moraña), A Fonsagrada, Lugo, Val do Dubra, Vilar do Barrio e Ortigueira, lugares nos que hai proxectos de instalación de parques eólicos.
As emisións de contaminantes atmosféricos aumentaron en 2021 en Galicia e afastan o obxectivo fixado pola Xunta para 2030
O Observatorio Galego da Acción Climática (OGACLI) presentou esta semana o informe As emisións de contaminantes atmosféricos en Galicia (1990-2021), que alerta dun aumento das emisións, especialmente das ligadas ao transporte
O Observatorio da Cultura Galega alerta dun posible cambio da tendencia positiva no sector
Os indicadores económicos e de emprego son positivos, pero tanto no número de afiliacións á Seguridade Social coma na demanda de produtos está a producirse unha moderación que podería indicar datos máis negativos nos vindeiros meses. A asistencia a cine, teatro e concertos segue a aumentar, pero mantense moi por debaixo dos niveis previos á COVID.