Interior quere reducir de 0,5 a 0,2 a taxa de alcol en sangue ao volante 25 anos despois da anterior rebaixa
Ata 1999 estaba en 0,8 e agora o ministro, Fernando Grande-Marlaska, cre que "a sociedade está madura" para esta nova redución
Músicas no Minho: a Eurocidade Tui-Valença como referencia para a industria musical a ambas beiras do río
Alana, Amoebo, Os D’Abaixo, Quico Comesaña, Ruxe Ruxe e Su Garrido Pombo estarán no V Encontro Profesional de Música Galiza-Portugal que se celebra do 12 ao 15 de setembro
Concurso público para dirixir a CRTVG: en marcha a lei popular por uns medios públicos "ao servizo do pobo"
A histórica xornalista Tereixa Navaza pon voz ás entidades que promoven a ILP para, din, poñer fin á "censura" nuns medios públicos que só deben ter "un amo: a cidadanía deste país". BNG e PSdeG brindan o seu apoio á iniciativa, que precisará 10.000 sinaturas para ser abordada polo Parlamento e que dependerá, en última instancia, do voto da maioría absoluta do PP
Catro días de ilusión no Lugo Máxico
O Mago Antón dirixe o festival que desprega a maxia pola cidade da Muralla do 10 ao 15 de setembro: do hospital ás prazas pasando polo auditorio Gustavo Freire e un emblemático restaurante punto de encontro de magas e magos
"Nunca se viu algo tan grande nunha vila tan pequena": música e mar, da man no Revenidas 2024
Varias das principais bandas e artistas da escena musical galega e estatal volven a Vilaxoán do 12 ao 15 de setembro
A meteoroloxía axuda cos incendios de Crecente e Entrimo, que suman 500 hectáreas, case como no que ía de ano
Os investigadores consideran que o incendio de Crecente, que obrigou a desaloxar vivendas e a activar a Unidade Militar de Emerxencias, foi intencionado
Desmantelada unha organización de explotación sexual de mulleres nun piso do centro da Coruña
Tres mulleres "en situación de vulnerabilidade" eran forzadas a prostituírense "as vinte e catro horas do día e os sete días da semana". A Policía mantén aberta a operación, na que a considerada "responsable" do piso e catro "encargadas" foron detidas
Quen é esta moza? Búscase a protagonista dunha das imaxes tiradas por Antón Beiras na malla de Muras
Legado Activo Beiras Cal fai un chamamento a quen poida achegar algunha información sobre a única persoa que aínda non puido ser identificada na serie fotográfica coa que o oftalmólogo retratou os traballos da malla na aldea de Aguias (Muras) en 1957 e que se exhibe dende o mes de xullo. A moza, que hoxe tería 85 anos, protagoniza unha das imaxes máis impactantes, escollida para o cartel da exposición.
O Chanfainalab volve reunir en San Sadurniño 40 cineastas do país en tres días de creación e "experiencias compartidas"
A novena edición do encontro audiovisual terá lugar entre o venres 6 e o domingo 8, un tempo no que os e as realizadoras deberán idear e gravar unha curtametraxe na localidade. Haberá, ademais, obradoiros, proxeccións e outras actividades paralelas e en febreiro proxectaranse as curtas rematadas.
Galicia padeceu o terceiro agosto máis cálido dende que hai rexistros comparables
A temperatura en Galicia estivo 1,8 graos por riba da media e só choveu un 32% do normal aínda que as precipitacións "superaron valores normais" no norte da Coruña e na Mariña, avanza AEMET
Tamara Andrés e Oriana Méndez gañan o XXII Premio Plácido Castro pola tradución ao galego de 'As iluminacións', de Rimbaud
É a primeira vez que o premio recoñece unha tradución poética ao galego, tras premiar en anos previos outro tipo de creacións literarias
A viguesa Susana Rodríguez Gacio acada de novo o ouro paralímpico de triatlón
A atleta, co acompañamento de Sara Pérez, dominou con claridade a proba e revalida a medalla que xa conseguira hai tres anos en Toquio. É o segundo metal para a delegación galega.