Persoal investigador captado no estranxeiro pola USC, nunha "situación insostible" ante o remate dos seus contratos
Unha vintena de investigadores e investigadoras do programa María Zambrano "para a atracción de talento internacional”, 15 deles na Universidade de Santiago, reclama unha prórroga que permita manter en marcha os proxectos
O meirande Caudal Fest enche Lugo para a "última gran festa do verán"
Amaral, Viva Suecia, Arde Bogotá, Ginebras, Carlangas y Los Cubatas ou Lontreira, nun cartel que atrae esta fin de semana unhas 30.000 persoas á capital lucense
A Xunta recomenda pechar fiestras e evitar actividades ao aire libre pola chegada de fume dos incendios de Portugal
As partículas en suspensión que este xoves cobren o ceo na maior parte de Galicia, especialmente no sur, poden producir efectos adversos na saúde. A Consellería de Sanidade, a través da Dirección Xeral de Saúde Pública, fai unha serie de recomendacións á cidadanía, nomeadamente ás persoas con enfermidades cardiocirculatorias ou pulmonares, anciáns, crianzas e embarazadas
Chus Pato gaña o Premio Nacional de Poesía por 'Sonora'
Trátase da cuarta vez en seis anos que autoras galegas reciben o recoñecemento que entrega o Ministerio de Cultura, despois dos galardóns a Yolanda Castaño (2023), Olga Novo (2020) e Pilar Pallarés (2019). O xurado destaca que a obra publicada por Xerais é "unha expansiva e concentrada conversa entre o poema e a morte"
O espazo artístico Beatriz Seijo encadea unha semana de folga en demanda de mellores condicións para persoal e alumnado
O paro indefinido iniciado o pasado 11 de setembro acompáñase doutras accións reivindicativas, como concentracións e aulas abertas. CIG-Ensino presentou unha denuncia ante Inspección de Traballo contra a empresa, á que acusa de vulnerar o dereito de folga
Todas as actas do Reino
Un libro recompila as achegas do congreso sobre o Reino Medieval de Galicia impulsado pola Deputación da Coruña. O proxecto divulgativo continuará a vindeira primavera cunha "exposición como nunca se fixo sobre esta etapa da historia" en espazos públicos da Coruña e Santiago
Alberto Ramos gaña o Premio Narrativa Breve Repsol con 'Pirotecnia'
O premio, dotado con 12.000 euros, inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia. Ramos xa obtivo este galardón hai dous anos con Os corpos dos Romanov. “Pola calidade dos seus diálogos, a caracterización dos personaxes e a acaída recreación de atmosferas, esta novela constitúe un excelente retrato da complexa sociedade galega que nos tocou vivir”, destaca o Xurado
A Audiencia da Coruña condena a Wizink a devolver máis de 43.000 euros por un contrato "abusivo"
A Audiencia Provincial da Coruña condena a entidade bancaria Wizink a devolver 43.974,15 euros a un cliente que contratou unha tarxeta revolving no ano 2000 cun interese do 24,6% TAE ao considerar "abusiva" a cláusula de intereses do contrato
A coruñesa Bea Lema recibe o Premio Nacional de Cómic do Ministerio por 'O corpo de Cristo'
O xurado destacou a súa obra O corpo de Cristo (Astiberri) por ser "unha obra innovadora, arriscada no formal, con texturas e composicións que transcenden as técnicas máis utilizadas sen renunciar ao uso do humor e a unha mirada poética". Así mesmo, salientou que a obra "posúe unha gran profundidade e sensibilidade pola maneira de abordar un tema tan complexo como o da saúde mental desde a propia experiencia da autora, así como a reivindicación da importancia dos coidados".
Unha científica galega na Antártida para fortalecer os liderados femininos ante os retos globais
A bióloga barbanzá Alba Fernández-Sanlés embárcase o vindeiro xaneiro na expedición organizada pola entidade australiana Homeward Bound tras máis dun ano de formación. A viaxe procura "crear conciencia sobre o impacto do cambio climático" nun dos lugares máis sensibles do planeta, mais tamén crear rede entre as mulleres participantes. Fernández-Sanlés persegue tamén "representar Galicia de maneira explícita na ciencia internacional"
Búscanse mulleres con endometriose para coñecer como as atende o Sergas
A asociación QuerENDO ten en marcha unha pescuda co obxectivo de "loitar por melloras e dar visibilidade á situación real das doentes" e pide espallar un formulario en liña co que coñecer a experiencia das mulleres que padecen a enfermidade
Sete de cada dez fogares galegos con dereito ao bono social eléctrico non o reciben
Un informe de EsadeEcPol e Oxfam Intermón calcula que apenas o 28,2% de potenciais beneficiarios desta axuda no noso país están a recibilo. Na media estatal non chega ao 25%. O documento aposta por simplificar trámites e introducir variables de renda para as familias numerosas, as máis beneficiadas pola medida