Centos de galegos poden estar afectados pola estafa dos préstamos rápidos concedidos co coche como aval
O despacho de avogados coruñés Caruncho & Tomé alerta de que esta práctica é unha "estafa" e que está "cada vez máis estendida". Os préstamos con aval de coche "consisten nun préstamo encuberto a través do cal o propietario do coche obtén un préstamo rápido e, sen decatarse, entrega ao prestamista a titularidade do seu coche"
Tres proxectos mineiros a ceo aberto en Ourense na procura de litio, estaño, volframio ou tantalio reciben un milleiro de alegacións
Omega Real Estate solicitou permisos de investigación en Novo Arboim (Oímbra), Novo Frixo (Laza, Sarreaus e Cualedro) e Novo Cima (Verín e Vilardevós). A SGHN ou a Plataforma comarcas Limia-Verín Non ás minas mobilízanse para fiscalizar os proxectos.
A CRMH denuncia ante o Defensor del Pueblo os "reiterados incumprimentos da legalidade" no Pazo de Meirás
A entidade critica que "non se desenvolveu ningún dos aspectos acordados" no Protocolo asinado polas distintas administracións en 2021. Alerta tamén de que non se cumpre o réxime de visitas previsto na lei e que non se levou a cabo a "necesaria resignificación democrática" do espazo.
Oposición "frontal" do Colexio de Xornalistas á reforma da TVG que impulsa a Xunta: "Afonda no control político"
"Lonxe de avanzar na independencia dos medios públicos, significa un retroceso moi preocupante", subliña o CPXG. A entidade profesional cre rechamante que a Xunta cite o novo Regulamento da UE para os medios "como un os motivos" para lanzar a nova lei, que "alerta explicitamente" contra as reformas que aumentan "o control gobernamental" nos medios públicos. "A sociedade terá que oporse con contundencia a unha norma que só pode redundar na deterioración da nosa calidade democrática", conclúen
Comeza o I Festival Internacional de Poesia do Porto con Galicia como "região parceira"
Chus Pato, Ismael Ramos, Marta Tojo, Esther F. Carrodeguas, Olga Novo, Rosalia Fernández Rial, Samuel L. Paris ou Xosé María Álvarez Cáccamo participan no evento, que comezou o pasado 26 de xullo e se desenvolverá ata o mes de outubro
Dende a India para Galicia: un Día Nacional a 8.000 quilómetros do país
O pasado 25 de xullo un acto público na Woxsen University, en Hyderabad, capital do estado de Telangana, celebrou o Día Nacional de Galicia. Foi o primeiro evento do Centro de Estudos Galegos
A Mostra de Teatro de Ribadavia bate o seu récord de público na despedida de Roberto Pascual como director
A edición número 40 da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia pechouse esta fin de semana cun máximo de asistencia que superou as anteriores marcas acadadas nos anos 2018 e 2019. Pascual abandona a Dirección despois de 15 edicións nas que fixo medrar cuantitativa e cualitativamente a MIT
Principia a folga indefinida do lixo na Coruña sen persoal secundándoa e sen recollida en múltiplos barrios
A empresa Valoriza, contratada polo Concello coruñés no marco da emerxencia sanitaria, leva recollidas case 200 toneladas de refugallos. Na Sagrada Familia, O Castrillón, Os Castros, Matogrande e Eirís ou Mesoiro, Feáns e Valaire o persoal da concesionaria non recolleu lixo ningún este sábado. Na Cidade Vella chegou ao 75% e noutros puntos do centro, ao 70%
Os monicreques históricos da República Checa, protagonistas do Titiriberia de Rianxo
Entre o 12 e o 18 de agosto Rianxo acolle unha nova edición deTitiriberia: Festival de títeres tradicionais, que nesta ocasión conta coa República Checa como gran protagonista internacional.
Moaña suma 140 semanas de mobilización pola recuperación do PAC e chama a "unha gran marea branca"
Este domingo está convocada unha manifestación, na que se pide á cidadanía que acuda vestida de branco. Reclámase o regreso do servizo de urxencias (en Cangas dende a pandemia), o reforzo das ambulancias no Morrazo e a cobertura das vacantes.
Unha mostra fotográfica abre o "legado de amor e compromiso co saber e progreso" de Antía Cal e Antón Beiras
Ata outubro poderá verse en Muras a exposición "A malla de Pascual. 1957", formada por 35 imaxes tiradas por Antón Beiras, que en 1957 retratou os traballos na aldea da que era orixinaria Antía Cal. É a primeira actividade da iniciativa Legado Activo Beiras Cal
O Congreso SOPA volve a Ourense para debater sobre o futuro do rural
Entre o 2 ao 8 de setembro Muíños, Os Blancos, Calvos de Randín e Baltar acollerán a celebración do Congreso Internacional sobre Socialización do Patrimonio no Medio Rural (SOPA). O evento busca "educar no común, contactar, facilitar o acceso e a transmisión do patrimonio no medio rural; traballar no sentimento colectivo, con xente que quere comprometerse coa comunidade"