A Mesa do Audiovisual Galego considera que a nova lei dos medios públicos supón "un evidente paso atrás" na súa "independencia"
Advirten que non se contou con "ningunha" das organizacións profesionais galegas representativas do sector audiovisual para a elaboración do anteproxecto de lei presentado pola Xunta o 29 de xullo e solicitan unha reunión "urxente" con Rueda
Tráfico inicia unha semana de controis de alcol: na do ano pasado deron positivo 538 galegos
Dos preto de 36.000 controis realizados en Galicia nesta mesma semana de hai un ano deron positivo en alcol o 1,5% das persoas, mentres que en 492 controis de drogas foron positivos 244 casos
Axuda humanitaria galega: unha política pública esencial nun mundo en crise
No Día Internacional da Axuda Humanitaria repasamos o traballo de varias ONGD galegas en Palestina, Ucraína ou Centroamérica, asistencia que garante vidas, protección e dereitos básicos
Ferrados de Vida, unha xornada para poñer en valor a importancia do sector primario para a alimentación e a saúde
Ulloa Viva dará visibilidade nos Pendellos de Agolada "á experiencia, sabedoría e o bo facer do sector primario e transformador fronte a proxectos coma o da macrocelulosa de Altri"
Identifican os restos do bispo Teodomiro, quen descubriu a tumba do apóstolo Santiago hai 1.200 anos
Os resultados dunha investigación interdisciplinaria presentan "probas que concordan coa identidade do bispo Teodomiro" tras analizar de novo os restos óseos baixo a lápida descuberta nos anos cincuenta que sinalaba que alí descansaba o descubridor do sepulcro do apóstolo Santiago hai máis de mil anos
Poesía, música e paxaros nunha nova edición do Festival dos Eidos no Courel
O evento arredor da obra de Novoneyra celébrase do 23 ao 25 de agosto na casa-museo do poeta en Parada do Courel
Amigas da Terra volve alertar sobre o impacto da gripe aviaria no descenso da poboación de gaivotas e pide á Xunta que investigue
A entidade responde ás declaracións realizadas a Praza.gal polo biólogo especialista na ecoloxía das aves mariñas Ignacio Munilla, que descartaba que a gripe aviaria fose a causa da elevada mortalidade desta especie. A asociación ecoloxista denuncia que ata agora non se realizou "un estudo epidemiolóxico completo" nin se aplicou o programa de vixilancia oficial da influenza aviaria.
O Noia Harp Fest volve encher as prazas da vila de músicas e músicos de todo o mundo unidos pola arpa
A 11º edición do Festival Internacional de Arpa Vila de Noia reunirá do 8 ao 10 de agosto a bandas e solistas chegadas de Alemaña, Escocia, Francia, Senegal e Ucraína, que amosarán a súa calidade artística en eidos como a música clásica, o folk ou mesmo o jazz
A Xunta cre que Altri "pode producir un impacto paisaxístico considerable" e dítalle seis medidas correctoras
Europa Press revela na súa web un informe crítico do Instituto de Estudos do Territorio achegado ao expediente de avaliación ambiental aínda en tramitación por parte do Goberno galego
Unha manifestación volve pedir a fin da feira taurina de Pontevedra, excepción nunha Galicia libre de touradas: "se queren, poden"
A marcha convocada por Touradas fóra de Pontevedra partirá ás 20 horas do sábado da Praza da Peregrina, coincidindo coa celebración da primeira xornada da Feira, reducida un ano máis a unha soa fin de semana. A plataforma esixe do Concello a supresión do convenio que mantén cos propietarios da praza e da Xunta a modificación da Lei de Protección Animal que permite as touradas.
O Concello de Ames acorda cunha entidade financeira a cesión de 68 vivendas baleiras para alugueiro social
Os inmobles entregaranse a persoas da localidade que as necesiten cun arrendamento mensual de entre 207 e 285 euros ao mes, cunha duración do contrato dun ano con prórroga obrigatoria ata un máximo de 7 anos
Detido un home de 76 anos polo asasinato da súa muller na Coruña
Os feitos tiveron lugar na madrugada do xoves ao venres no barrio de Labañou e o suposto agresor foi detido o venres pola tarde. A muller, de 74 anos, faleceu vítima de asfixia. Trátase do segundo asasinato machista en Galicia no que vai de ano. Este mércores terán lugar concentracións de repulsa en cidades e vilas galegas convocadas polo movemento feminista