O Sergas é condenado por unha morte por infarto tras facer a triaxe unha administrativa que descartou urxencia
O TSXG di que "as oportunidades ou expectativas para o enfermo serían outras" se en lugar dunha administrativa fose un médico quen valorase a situación do paciente
- En actualización
- Acontece
Temporal catastrófico na Comunitat Valenciana cun cento de mortes
Chuvias de ata 500 litros por metro cadrado provocan múltiplos desbordamentos e unha situación caótica mentres as vítimas mortais superan as 60. Un elevado número de persoas pasaron horas refuxiadas en teitos de edificios ou vehículos á espera de seren rescatadas. A Xunta ofrece ás autoridades valencianas "toda a axuda que precisen" e comeza a concretala co envío dun helicóptero, un dos medios máis demandados na contorna ante a imposibilidade de desprazamentos terrestres
COAG e Xunta convidan o alumnado a ser 'inspector urbanístico' para "protexer o territorio"
A iniciativa "Eu son inspect@r urbanístic@. Coida do territorio. Coida do teu", con 30 actividades en centros de ensino, busca aproximar ao alumnado galego a súa realidade territorial, o valor da paisaxe e do patrimonio construído, o cambio climático, a pegada ecolóxica ou os instrumentos de ordenación do territorio e planeamento urbanístico.
Manuel Rivas gaña o Premio Nacional das Letras, que destaca o seu "compromiso coa lingua" e "recoñecemento mundial"
É a primeira vez nos 40 anos de historia do premio que un autor galego obtén o galardón, un recoñecemento do conxunto da obra literaria dun escritor. A súa obra "acompaña o seu activismo, cunha pluma que, sen adoutrinamento, axita conciencias, induce á reflexión e estimula o pensamento cara á defensa da pluralidade lingüística e cultural e cara á igualdade de xénero", destaca o xurado
O Museo do Videoxogo de Cangas incorpórase á rede museística da Xunta, que recoñece o seu valor cultural
O centro iniciou a súa andaina no ano 2019 e no 2022 ampliou as súas instalacións e actividades, xestionado pola Fundación Museo do Videoxogo de Galicia. A Consellaría de Cultura destaca o feito de "ser o primeiro relacionado co mundo do videoxogo de Galicia e dos poucos existentes en España" e o seu valor como "expresión artística e cultural"
CCOO e UGT ven un "éxito" a folga de buses, que se repetirá o luns 11 se non hai acordo
Os sindicatos convocantes critican "os elevados servizos mínimos", que non impediron problemas puntuais tamén no transporte escolar
- EPA
- Economía
O número de traballadores estranxeiros en Galicia duplicouse dende o 2016
Nos últimos dous anos medrou notablemente a poboación activa en Galicia (e tamén a ocupada), tanto pola incorporación de poboación nova que antes non buscaba traballo como polo aumento das persoas con nacionalidade estranxeira. No ano 2016 había uns 36 mil traballadores estranxeiros en Galicia e na actualidade son case 76 mil.
Os orzamentos da Xunta volven conxelar o número de docentes, por debaixo das cifras de 2009
CIG-Ensino denuncia que a Xunta mantén en 30.424 a cifra de persoal docente nos orzamentos para 2025, a mesma cantidade xa existente dende o 2022. O sindicato alerta de que o orzamento en Educación é un 7% inferior ao de 2009 en termos reais. Este sábado a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca en Santiago unha manifestación "contra os recortes e pola dotación do persoal necesario que demandan os centros educativos"
Servizos mínimos de entre o 32% e o 55% nos buses interurbanos para a folga do luns
A Xunta prioriza o transporte escolar de máis de 4 quilómetros e o laboral nas horas puntas
O xogo dos birlos ou bolos celtas, en camiño de ser declarado Ben de Interese Cultural
O Diario Oficial de Galicia publicou este xoves o inicio dos trámites para declarar o Xogo dos Birlos de Galicia como Ben de Interese Cultural na categoría de patrimonio inmaterial. Destácase que a súa práctica "ten unha clara compoñente identitaria" e configúrase como "unha manifestación inmaterial sobranceira"
Músicas Posíbeis, catro 'delicatessen' no Teatro Colón
Unha "paréntese" de escritores e escritores con música; Sumrrá con Niño de Elche, a tradición oral recollida por Dorothé Schubart revisitada ou o décimo aniversario de Chicharrón, protagonistas no novo ciclo da área de Cultura da Deputación coruñesa
'Tintin Reporter' xa se pode xogar en galego
O pasado ano publicouse o videoxogo Tintin Reporter: Os Xarutos do Faraón, realizado por Pendulo Studios, que agora conta coa súa versión galega grazas á tradución levada a cabo por Paula Regueiro e Lois Agrelo coa revisión de Ana Doval