Investigan como posible caso de violencia de xénero a morte dunha muller en Baiona
De 36 anos, estaba incluída no sistema VioGen e a súa ex-parella contaba con orde de afastamento
A Coruña acada a súa temperatura máis alta en novembro desde que hai rexistros
Os 25,3ºC rexistrados a carón da Torre de Hércules superan lixeiramente os 25ºC rexistrados no mesmo día de 2003
Constituída a comisión para "celebrar a vida e a obra" de Castelao no seu 75 cabodano
Parlamento, Xunta, Consello da Cultura, universidades, deputacións, entidades culturais e tres concellos propóñense deseñar unha "celebración plural e diversa" en torno a "unha personalidade irrepetible, de alta transcendencia na historia contemporánea" do país
- 📺
- Política
O persoal da CRTVG en folga pide a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais
O comité dos medios públicos solicita a intervención do máximo órgano extraxudicial galego para dirimir conflitos no eido do traballo despois de que a dirección da corporación se "negase" a "abrir o diálogo" cos folguistas, que reciben novos apoios e lanzan un simbólico SOS dende a praia coruñesa de Riazor para tentar "rachar co cerco mediático que impide que a poboación galega reciba información sobre a existencia deste conflito"
Trump vence nos Estados Unidos e dá azos á internacional reaccionaria
Os recontos provisionais e proxeccións amosan un claro triunfo do candidato republicano, que volverá á Casa Branca con máis poder que no seu primeiro mandato
Cineuropa pon o foco na liberdade coa ollada posta no futuro da democracia
A edición número 38 do festival compostelán, presentado coincidindo coas eleccións nos Estados Unidos, inclúe no seu catálogo un gran número de títulos que convidan á reflexión sobre a democracia e as súas representacións na pantalla. Entre o 7 e o 24 de novembro poderán verse en Santiago algúns dos filmes máis celebrados nos festivais de Cannes, San Sebastián, Venecia, Berlín, Sitges ou Locarno
- Datos
- Economía
Galicia perdeu 2.400 cotizantes en outubro mentres a media estatal seguiu á alza
O paro rexistrado aumenta un 1,01%, tres décimas menos que a media estatal, e queda en 122.214 inscricións, un 8,35% menos que hai un ano
Bombeiros, submarinistas e persoal de emerxencias no continxente galego de axuda a València
Equipos da Axencia Galega de Emerxencias parten cara ás zonas afectadas polas riadas xunto a membros dos corpos de Bombeiros de varios concellos, que achegan vehículos e tamén materiais como bombas de achique de auga
Nova alerta vermella en València mentres a cifra oficial de falecidos mantense en 213 persoas
A Generalitat Valenciana volve enviar na tarde deste domingo un aviso aos teléfonos móbiles da poboación polo nivel vermello da alerta por choivas que anuncia a Axencia Estatal de Meteoroloxía para a zona do litoral sur da provincia de València
As riadas máis mortais de Europa neste século superan xa as 200 vítimas en València
O episodio comparable máis mortífero ata agora en Europa no que vai de século foran as riadas padecidas por Alemaña en 2021, con 197 falecementos. A emerxencia deixou paso á catástrofe infraestrutural e humanitaria, na que a recuperación de corpos sen vida debe combinarse coa asistencia de primeira necesidade ás persoas e labores como a retirada de coches amoreados nas estradas. De xeito paralelo ás actuacións oficiais transcorren múltiplas iniciativas voluntarias, tamén dende Galicia
As direccións dos principais sindicatos únense ante o "non" do director da CRTVG a negociar en plena folga
Os secretarios e secretaria xeral da CUT, CIG, UGT e CCOO asinan un contundente comunicado conxunto dirixido ao director xeral dos medios públicos tras a súa negativa a tratar con eles as reivindicacións do persoal en folga. Sánchez Izquierdo, din os sindicatos, respondeulles que a folga só pretende "crear un impacto negativo na rendibilidade da empresa, sen traducirse nunha mellora concreta para o persoal"
Galicia volve ofrecer a vacina "reforzada" da gripe a maiores de 65 anos tras comprobar os bos resultados
Federico Martinón detalla que as persoas que participaron na primeira fase do ensaio clínico GalFlu presentaron taxas de ataque de infección por gripe máis baixas en comparación coa poboación non vacinada