Queixeamos? A 49ª Festa do Queixo de Arzúa reunirá máis de 60 expositores e música en directo na 'Terra do Queixo'
Guadi Galego, Grande Amore, Fillas de Cassandra, Tu Futura Exmujer, La Plazuela, Arde Bogotá e De Vacas actuarán na Festa do Queixo de Arzúa entre o 2 e o 3 de marzo, dous días de degustacións, presentación de produtos e música en directo nunha carpa con capacidade para máis de tres mil persoas
Sarabela estrea 'O dragón de ouro', unha trepidante obra coa inmigración ilegal e a prostitución de fondo
É a primeira vez que se leva á escena en galego unha obra do prestixioso dramaturgo alemán Roland Schimmelpfennig, o autor xermano vivo máis representado a nivel internacional, grazas á tradución de Catuxa Pato. A peza poderá verse en Ourense os días 23, 24 e 25 de febreiro e despois xirará polo resto de Galicia
Regar cultivos con auga de depuradora para paliar as secas, un programa internacional liderado dende Lugo
Encadrado no proxecto europeo I-Rewater, o estudo liderado dende o Campus Terra analiza o efecto da "auga rexenerada" na rega de oliveiras, viñedos, lúpulo, tomate ou leituga. "Pode aforrar un 10% dos recursos hídricos consumidos na actualidade" , explica o investigador Javier Cancela
‘Unha inimiga do pobo’, 'Hamelin' e ‘O Auto do Castromil’, candidatas ao premio ao mellor espectáculo nos María Casares
Unha inimiga do pobo, de Talía Teatro, é a obra con máis finalistas (9), por diante de Hamelin, de Redurum (6) e Shakespeare en Roma (CDG), Un hotel de primeira sobre o río e O Auto do Castromil (Producións Teatráis Excéntricas en coproducción co CDG), todas elas con 5. Os galardóns entregaranse o 21 de marzo na Coruña.
- Política Ao vivo
18F | O PP marcha en cabeza cunha cómoda absoluta no inicio do escrutinio malia á suba do BNG
O electorado galego está chamado este 18 de febreiro a elixir o novo Parlamento para unha lexislatura que, gañe quen gañe, suporá un punto de inflexión na historia da autonomía
- Vídeos
- Cultura
OU Ké!, Recuncho Gamer, O faiado Podcast, todomalva GZ: os Premios Youtubeiras 2023
O Teatro Principal de Compostela acolleu este sábado a gala de entrega da edición 2023 dos Premios Youtubeiras, iniciativa dos servizos de Normalización Lingüística de concellos, deputacións e universidades
Deporte e familia: a xornada de reflexión, deixándose ver
Candidatos e candidatas aproveitan a xornada previa aos comicios para seguir amosándose en público pero xa sen poder pedir o voto
O Festival Rosalía leva a Compostela o "atrevemento" da poeta con dous días de recitais, contacontos e concertos
O Festival Rosalía celebra a súa sexta edición os vindeiros días 23 e 24 de febreiro, nun evento organizado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Santiago. A programación tamén inclúe unha feira de artesanía, un pasarrúas, un concurso de preguntas e respostas e mesmo un espectáculo que une canto lírico, break-dance, Beatbox e Dj
BNG e PSdeG coinciden en destinar o 1% do Orzamento da Xunta a políticas de igualdade se gobernan tras o 18F
"Comigo entrarán pola porta da Xunta todas as mulleres", mantén a candidata do BNG, que apela ao voto feminino para lograr un cambio que está "ás portas" e promete accións como un servizo público de canguros ou máis prazas nas escolas infantís. O cabeza de cartel do PSdeG compromete un "gran pacto galego pola corresponsabilidade" ou crear o Instituto Galego da Muller entre as medidas de igualdade que, di, o PSdeG aplicará se retorna á Xunta
Chévere estrea 'Helen Keller, a muller marabilla?' nunha aposta por incluír a lingua de signos no teatro
O espectáculo, unha coprodución do Centro Dramático Nacional, o Teatre Lliure e a a propia compañía, achégase ao mito da persoa xordocega máis coñecida do século XX. Pódese ver en Santiago entre o 15 e o 25 de febreiro. Chévere traballa para garantir a accesibilidade por parte de persoas cegas e xordocegas.
Ana Pontón asegura que negociará para "garantir" o traballo en Alcoa e promete unha Mariña "conectada dunha vez por todas"
A candidata do BNG di en Burela que o seu goberno negociará co Estado a "intervención pública de Alcoa para garantir a actividade e os postos de traballo" e reactivará infraestruturas como a Vía de Altas Prestacións San Cibrao-Ferrol
- 🔊Podcast Carretando en Praza
- Política
Carretando | Besteiro: Manual de resistencia á galega
Da man dos xornalistas Cristina P. Marcote e Manuel Varela, este episodio repasa a traxectoria do candidato do PSdeG á presidencia cunha biografía que se resume no ascenso, a caída e a resurrección; con paralelismos ao Manual de resistencia do seu amigo Pedro Sánchez.