20,45 euros da Coruña a Vigo, 7 de Santiago a Lalín ou 1,75 de Vigo a Baiona: así quedan as peaxes en 2025
Tras agardar o ministerio ás últimas horas de 2024 para facer públicas as porcentaxes de suba, a súa aplicación concreta a cada treito, redondeada de cinco en cinco céntimos, deixa estas taxas, ás que se aplican novos descontos
Reabre o segundo viaduto da A-6 en Pedrafita dous anos e medio despois
O ministro de Transportes anuncia a apertura en xaneiro do treito Melide-Palas da A-54 Lugo-Santiago e o seu remate total ao longo de 2025 coa posta en servizo do derradeiro treito Arzúa-Melide
Un estudo do Camiño de Santiago en Portugal revela a primacía de economía e turismo sobre a veciñanza
"Descoidouse a educación e capacitación das comunidades, o que reflicte un enfoque predominantemente turístico-económico", conclúe a investigadora Maria João Moreira
Suba das pensións e do IMV, transporte de balde: as medidas sociais confirmadas por Pedro Sánchez para 2025
As pensións contributivas máis baixas ascenderán arredor dun 6%. As non contributivas subirán ata un 9% e o complemento da Xunta quedará conxelado. O Consello de Ministros ratifica a extensión por seis meses dos abonos gratuítos no transporte e mais unha extensión ao imposto extraordinario ás empresas enerxéticas que ten por diante un difícil percorrido parlamentario
Máis descontos na AP-9 para usuarios recorrentes e vehículos pesados desde o 1 de xaneiro
O Consello de Ministros aproba as novas rebaixas comprometidas co BNG e eleva a 81,6 millóns o orzamento público reservado para subvencionar peaxes na autoestrada galega en 2025
A Lotaría do Nadal deixa décimos dos principais premios por toda Galicia
O segundo premio reparte 2,5 millóns en Vigo e Barbadás e o terceiro máis de 3 millóns en nove concellos
12 meses de celebracións arredor de Castelao no seu 75 cabodano
Un acto cívico na súa tumba no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres o 7 de xaneiro dará inicio ás homenaxes que as entidades organizadoras presentan como "diversas e estendidas por todo o país"
O coro do Mestre Mateo, como nunca o viramos grazas á reconstrución dixital
O equipo científico de KosmoTech_1200 recrea dixitalmente o coro que a Catedral de Santiago tivo ata o século XVII e propón "unha reconstrución integral da estrutura arquitectónica do coro" mediante unha tecnoloxía que faría posible "a rematerialización deste monumento e doutros moitos que hoxe xa non existen na súa forma orixinal
Baltar será xulgado o 13 de xaneiro por delito contra a seguridade viaria
O xuízo no Tribunal Supremo incluirá un interrogatorio do ex-presidente ourensán e a comparecencia de dez axentes da Garda Civil
A Deputación da Coruña recoñece oito proxectos de Igualdade cos premios Luísa Villalta
Os galardóns apoian con 12.500 euross oito propostas van das artes escénicas ao cinema, a historiografía, a promoción da lectura ou a fotografía
A RAG responsabiliza a Xunta do “dramático” devalo no uso do galego e defende o Pacto pola lingua
A Real Academia Galega (RAG) vén de publicar un informe sobre a situación da lingua galega e unha declaración institucional na que sinala o Goberno galego como principal responsable da caída no uso da lingua galega, tal e como reflicten os últimos datos do Institito Galego de Estatística (IGE). A institución presidida por Víctor Freixanes, que onte celebrou un plenario, pon o foco na aplicación do chamado decreto de plurilingüismo de 2010 que diminuíu a presenza do galego no ensino e defende un Pacto pola Lingua Galega que implica o conxunto da sociedade.
A folga na CRTVG culmina volvendo frear a programación
Tras trinta e dúas xornadas de mobilización con paros en diferentes formatos, este 13 de decembro o persoal mobilizado na CRTVG culminou a súa folga. Fíxoo cun paro de vinte e catro horas que volveu lograr frear a programación da Televisión de Galicia e da Radio Galega. Tras o paro deste venres, a folga "entra en suspensión á espera de que transcendan os plans da dirección sobre a programación e a produción propia para a volta de xaneiro"