A borrasca 'Herminia' provoca case 2.000 incidencias en Galicia á espera doutro temporal
Árbores caídas, tellados levantados, clases suspendidas e voos e trens cancelados polo paso dun fenómeno meteorolóxico con ondas de ata dez metros no litoral e refachos de vento de máis de 140 km/h. 'Ivo' chegará este mércores e xa obrigou a suspender as clases na Mariña.
Investigadores do franquismo acusan a PP e Rueda de "negar e banalizar" a represión na Illa de San Simón
"A verdade non se debate", lembran ao presidente da Xunta unha ducia de historiadores e escritores sobre os asasinatos na illa nun manifesto no que urxen á declaración do espazo como lugar de memoria democrática.
'Os Andares', a serie de viaxes sonoras polos Ancares, galardoada internacionalmente
O proxecto, que recibiu o Premio Sound Walk September, está conformado por seis capítulos centrados nos concellos de Cervantes, Baralla, Becerreá, As Nogais, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro. Iria Azevedo, José Díaz, María Lado, Avelina Pérez, Clara Gayo, Marcos PTT realizaron cada unha das pezas.
Turismo "sustentable" do Xeoparque Cabo Ortegal á Costa da Morte e de Ferrolterra ao Barbanza
A área de Turismo da Deputación da Coruña participou esta semana en Fitur en diferentes presentacións que marcan os puntos fortes da provincia cara a este ano, desde os campionatos de surf nas praias do norte a unha nova maneira de gozar do Xeoparque Cabo Ortegal
A Audiencia Nacional propón xulgar oito persoas por apropiación e branqueo na venda da planta de Alcoa da Coruña
A xuíza di que tras unha primeira venda en 2019 aos acusados por 1 euro, estes volveron vender as fábricas en 2020 a unha firma creada por un deles por 13 millóns que saíron "da tesourería das propias empresas que se ían vender"
O PSOE expulsa catro dos seus seis edís en Santiago
Ferraz bota do partido a Mercedes Rosón, Milagros Castro e Marta Álvarez pola súa negativa a nomear voceiro a Sindo Guinarte e a Gonzalo Muíños por permanecer no cargo de portavoz.
Xunta, sindicatos e entidades pola lingua debaten este sábado sobre a "emerxencia lingüística" do galego
CIG-Ensino, AS-PG e A Mesa organizan as xornadas dirixidas ao colectivo docente nas que participará Valentín García, secretario xeral da Lingua.
A provincia da Coruña sabe á conexión perfecta entre xente e produtos da terra e do mar
O vicepresidente e responsable de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, destaca en FITUR que o sector agroalimentario é "a mellor marca turística" da provincia
Nin suba das pensións, nin axudas ao transporte público: Junts e PP fan caer varias medidas sociais
Os independentistas cataláns únense aos populares e a Vox para tombar o decreto ómnibus que incluía tamén axudas pola dana ou a prórroga do SMI
Pontevedra abre a semana Feroz preparada para un aluvión de estrelas do audiovisual
Os equipos de 'Casa en flames' e 'Querer', producións con máis candidaturas, encabezan as presenzas confirmadas na gala que se celebra este 25 de xaneiro no Pazo da Cultura. Pedro Almodóvar, Najwa Nimri, Candela Peña ou Carmen Machi estarán en Pontevedra para unha entrega de premios que xuntará os equipos dos filmes e series máis destacados do último ano. La 2 de TVE retransmite o acto ao vivo
- Obituario
- Cultura
Bernardino Graña, poeta do mar e do amor
O escritor cangués falece aos 92 anos, pero a súa luz permanece. A RAG, da que era membro dende 2010, lembra a súa "sensibilidade", "alegría de vivir" e "inquebrantable lealdade á terra". Marcha un poeta e, subliñan, sobre todo déixanos "unha excelente persoa, leal, alegre e cariñosa"
O aumento do risco de gripe aviaria prohibe a cría de aves de curral ao aire libre en 7 concellos
Noutra trintena de municipios establécense outras medidas de control como a prohibición de mercados ou exhibicións