Día de Rosalía: lectura colectiva, caldo e mesmo unha manifestación
Dende o venres un amplo abano de actividades celebran o aniversario do nacemento da poeta, o 23 de febreiro. Destacan os actos organizados pola Fundación Rosalía de Castro e a AELG. Pero haberá moitos máis: dende a sétima edición do Festival Rosalía ata a coincidencia coa marcha que o domingo Queremos Galego convoca en Santiago pola situación da lingua
A 'script' Encarna Alonso, Premio de Honra nos Mestre Mateo: un recoñecemento a 40 anos de traballo no audiovisual galego
O vindeiro 15 de marzo recibirá o Premio de Honra Fernando Rey co que a Academia Galega do Audiovisual recoñece a traxectoria de profesionais cunha especial relevancia para o sector audiovisual. Participou en máis de vinte longametraxes, numerosas curtametraxes e preto de cincocentos episodios de televisión, dende Sempre Xonxa a Mareas Vivas.
O "acoso" a unha árbitra de 13 anos denunciado pola súa nai: "Tíñalles medo; crean monstros"
Unha muller denuncia a situación “terriblemente agresiva” vivida pola súa filla nun partido de prebenxamíns na Coruña.
- 📺
- Cultura
Un laboratorio para cociñar cantigas novas ao abeiro do Festival de Ortigueira
Ugia Pedreira e Óscar Górriz dirixen a oferta formativa nada no marco da celebración do 50º aniversario da Escola de Gaitas de Ortigueira, xermolo do festival. Cada dous sábados dende marzo e ata xullo o, o Lab vai "elaborar e reelaborar cántigas, melodías e historias musicadas" que tamén se van "nutrir da comunidade que nos acolle". O proxecto, subliñan, "ten moito que ver coas tan merecidas depositarias do Día das Letras" deste 2025
Dos 'Cantares gallegos' de Rosalía ás mulleres que os fixeron posibles: a Academia entrégase ás cantareiras
A RAG desenvolverá ao longo das Letras Galegas 2025 iniciativas concibidas para públicos de distintas idades que combinarán a divulgación na rede con actos públicos. Paula Carballeira e Nuria Díaz encárganse da obra orixinal para público infantil da Primavera das Letras, e Damián Varela e Alba López Álvarez presentan a serie documental Se canto é porque quero
O Festival Rosalía celebra "sen pombas nin flores" unha poeta "rebelde, moderna e con vontade de intervir socialmente"
Santiago acolle na fin de semana do 22 e 23 de febreiro a sétima edición do festival, que celebrará o venres 21 unha sesión inaugural na Casa da Matanza de Padrón. O programa, no que destaca o proxecto Somos Pandereteiras de Mercedes Peón, inclúe recitais, animación de rúa, concertos e teatro. O domingo 23 as actividades comezarán ás 13.30 horas para non solaparse coa manifestación de Queremos Galego
Pedras para lembrar os coruñeses internados nos campos nazis e alertar contra o regreso dos "totalitarismos"
A Coruña acolleu este luns a instalación de catro novas stolpersteine que lembran a veciños que foron levados aos campos de exterminio. A iniciativa da ARMH e do Concello busca "concienciar ás novas xeracións" e lembrar os coruñeses "que sufriron a lacra do nazismo"
O Museo de Lugo acolle a mostra "Castelao. O retorno a Galicia, 1984", con fotografías de Xan Carballa
O Museo Provincial de Lugo vén de inaugurar a mostra fotográfica "Castelao. O retorno a Galicia, 1984", que reúne 52 imaxes tomadas polo fotoxornalista Xan Carballa durante o regreso a Galiza dos restos de Castelao, o 28 de xuño de 1984.
Falece Xosé Vizoso, prolífico artista alén de Sargadelos
Xosé Vizoso faleceu apenas nove días despois de ser homenaxeado no Día da Ilustración, celebrado o 30 de xaneiro. Co galo deste recoñecemento moitas persoas puideron achegarse á prolífica traxectoria de Vizoso, que foi do deseño gráfico á ilustración, pasando pola escultura, a escenografía teatral, o cartelismo, a ilustración de libros, os murais ou as caricaturas
Ana Pontón chama á mobilización social para loitar pola igualdade do galego en todos os ámbitos
A portavoz nacional do BNG lamenta que goberno de Rueda continúa coa súa "folla de ruta para impoñer o monolingüismo en castelán", ignorando os datos oficiais que amosan a perda constante de falantes de galego.
"O xornalismo en galego tamén é esencial para a supervivencia da lingua"
A Asociación de Medios en Galego celebra a xornada cun concerto, unha web para recompilar medidas a prol do idioma e unha guía didáctica para o ensino secundario editada en colaboración coa Deputación da Coruña. O Colexio de Xornalistas advirte de que "para que os medios se parezan máis lingüisticamente á sociedade que queren reflectir son necesarias políticas valentes" tamén en axudas e publicidade "para potenciar que o xornalismo en galego sexa unha realidade e non só unha anécdota"
'Rapa', 'As Neves', '+Cuñados' e 'Honeymoon' encabezan as candidaturas duns Mestre Mateo que saen das cidades
Lalín acollerá o vindeiro 15 de marzo a entrega da 23º edición dos galardóns do audiovisual galego, nunha cerimonia que, por primeira vez, se celebrará nunha vila do rural. Rapa suma 18 finalistas, fronte ás 12 de As Neves, as 10 de Honeymoon e as 7 de + Cuñados. Teté Delgado será a encargada de presentar a gala no Lalín Arena.